Comeza en Compostela un obradoiro de localización de software ao galego

Arranca na Universidade de Santiago de Compostela o Fiadeiro de Localización, un obradoiro organizado pola Oficina de Software Libre da universidade, o seu Servizo de Normalización Lingüística e a Comisión de Normalización da ETSE co apoio de Mancomún.

O Centro de Referencia e Servizos de Software libre achegará a súa experiencia no eido da localización de software, así como fornecendo toda a documentación que, sobre esta materia, ten xerado no transcurso destes anos, tales como o Manual de Localización ou o glosario de termos.

O obradoiro pretende promover a participación da comunidade universitaria no proceso de normalización lingüística e de progresiva adopción do software libre na USC. A elevada demanda de prazas obrigou a que a organización ampliase até 50 persoas a asistencia ao curso, que aínda así quedou completo.

Serán tres xornadas, o 30 de abril e o 7 e 9 de maio. Nas dúas primeiras, introducirase os asistentes nos distintos aspectos de tradución do software libre ao galego e as metodoloxías e estándares empregados.

O día 9 terá lugar unha sesión práctica, na que se marcará como obxectivo a tradución íntegra da plataforma de desenvolvemento Netbeans co programa de CAT Omega-T.

Máis información sobre estas xornadas na web de Mancomún.

Un blogueiro recibe un toque de atención por usar unha "frase rexistrada"

O estadounidense Leo Babauta usou, sen sabelo, unha frase que resultou ser o título dun libro. Os representantes da escritora mandáronlle unha notificación.

Os dereitos de autor e as patentes están chegando a límites absurdos, até o punto de que os blogueiros que usan a lingua inglesa teñen que ter coidado co que escriben, non vaia ser que usen unha frase que estea rexistrada. Iso foi o que lle pasou a Leo Babauta.

A semana pasada, empregou inocentemente a expresión "feel the fear and do it anyway" (ten medo pero faino igual) no post titulado "A Guide to Beating the Fears That Hold You Back" (Guía para vencer os medos que te frean). Pero, ao pouco tempo, recibiu unha notificación por correo electrónico.

Os avogados da escritora Susan Jeffers comunicáronlle que estaba a infrinxir unha marca rexistrada pola súa representada. Esa frase é, ao parecer, o título dun dos seus libros, do que, evidentemente, Babauta non ouvira falar na súa vida. E, de feito, a expresión era algo que un amigo seu comentara en Twitter.

Os representantes pedíronlle que engadise o símbolo "®" detrás da frase e engadir "É unha marca rexistrada de Susan Jeffers, e úsase co seu permiso". Pero decidiu non facelo, porque pensa -como o senso común leva a crer- que non é posíbel que unha frase común se poida rexistrar, e pregúntase que acontecería se, por exemplo, a Bill Gates lle dera por rexistrar miles de frases para cobrarnos a todos polo seu uso, ou que houbese que incluír unha ligazón á web de Microsoft.

Obras



A primeira fotografía mostra as obras que se están realizando actualmente no edificio do OMIX. A entrada no mesmo pola porta habitual é imposible. Polo tanto o acceso a aula do telecentro tamén.

Durante as obras queda pechada a aula para o uso libre. Só poderán accedar a mesma aquelas persoas que vaian participar nun obradoiro ou actividade previamente organizada.

Para poder acceder a aula de informática poderán entrar polo museo. A porta a carón das obras.

O Refuxio de Bando fai un chamamento na Rede para impulsar a adopción de animais extraviados


O Refuxio de Animais de Bando (Compostela) segue adiante coa súa procura de fogares responsables para os seus internos e internas, e faino en boa medida a través da Internet, renovando cada pouco as súas fichas en liña dos cans e gatos pendentes de adopción. Segundo está a sinalar estes días El Correo Gallego, o compromiso da comunidade internauta é máis preciso ca nunca, tendo en conta a difícil situación pola que están a pasar un importante número de animais (doce deles en estado case crítico, e unha boa cantidade a piques de estalo). De feito, o número de residentes abandonados polas persoas supostamente responsables deles non para de medrar. Segundo datos achegados polo Refuxio e reflectidos polo dito xornal compostelán, nos primeiros meses de 2009 entraron no complexo de Bande até 300 animais sen dono, unha cifra elevada de máis como para atoparlles familia de acollida, por moito que se empreguen arreo as novas ferramentas de comunicación.

Desa cifra, engádese, 127 acadaron finalmente un fogar, resolvéndose a maiores os casos de outros 26 por estaren temporalmente extraviados. Con todo, apuntan os responsables do Refuxio, precísase a axuda de máis xente, principalmente para os casos máis críticos, aqueles que non son quen de afacerse ás novas condicións do complexo por serlles imposible esquecer a súa vida previa cos seus donos. As canles para facerse cun destes animais (un total de doce cans e cadelas a día de hoxe) son os de sempre: chamando aos teléfonos 981 575 957 e 646 492 835 ou escribíndolle un correo electrónico aos responsables do Refuxio a través da conta adopcions@refuxio.org. Como dixemos, a residencia compostelá conta tamén cunha completa páxina web dende a que se poden consultar as fichas e imaxes dos animais que precisan atopar acollida.

Cambred, a party tecnolóxica de Cambre

O Pavillón Municipal do concello coruñés de Cambre acollerá os días 8, 9 e 10 de maio o evento Cambred 09, que segundo se anuncia en http://www.cambred.gxic.org "son unhas xornadas tecnolóxicas nas que durante tres días poderás participar en diferentes actividades relacionadas coa informática, á parte de entreterte coas últimas novidades do lecer dixital. A organización desta concentración corre a cargo da Concellería de Xuventude do Concello de Cambre e das asociacións xuvenís GXiC e Axoi". As persoas que participen nas xornadas poderán probar distintos xogos informáticos.

O maior ideólogo do software libre en Santiago


O programador estadounidense e un dos impulsores do movemento polo software libre no mundo, Richard Matthew Stallman (Nova York, 1953) acudirá hoxe á Universidade de Santiago (USC) a impartir unha charla.

Cargando Richard Stallman Richard Stallman A conferencia, aberta a todo o público, terá lugar a partir das 10.30 horas no salón de actos da Facultade de Filosofía, en Santiago.

Stallman explicará en español e nunha linguaxe amena e accesible como o software libre é "imprescindible" para o respecto dos dereitos dos usuarios de programas informáticos, xa que lles permite utilizar, estudar, mellorar e compartir esas ferramentas.

O programador estadounidense relatará, ademais, como esa necesidade o levou a iniciar o movemento polo Software Libre e o desenvolvemento do sistema operativo GNU, que inclúe o editor de textos Emacs e o depurador GDB.

Stallman é, así mesmo, o inventor do concepto de Copyleft para licenciar software de maneira que o seu emprego e modificación permanezan sempre libres.

O experto ten programados outros dous relatorios mañá en Galicia, un en Ourense e outro en Vigo, como parte do Master de Software Libre de Caixanova.

As Pemes galegas suspenden en seguridade informática


Segundo un estudo publicado pola firma de seguridade informática Panda Security, os negocios galegos son dos que menos medidas de seguridade básicas teñen instaladas nos seus equipos informáticos para protexer a integridade do seu negocio.

A investigación feita por Panda Security conclúe que o 54 por cento das Pemes galegas admite ter sufrido algún tipo de infección informática a pesar de que o 93 por cento conta con algún tipo de protección, fronte ao 92 por cento da media estatal.

Destes negocios infectados por algún virus, o 25 por cento sufriu como consecuencia a perda de produtividade e un 15 por cento información valiosa, fronte ao 23 e o 47 por cento respectivamente da media estatal.

No que respecta ao sistema de protección instalada, o 34 por cento dos negocios galegos que contan cun sistema de seguridade, teñen instalado un sistema de software gratuíto (a media estatal é do 26 por cento). Paralelamente o 42 por cento das Pemes non usa o Firewall, o 58 por cento non ten antispyware e o 50 por cento non conta cunha solución antispam. Estas medidas están lonxe da media española onde o 81 por cento das empresas teñen Firewall e un 69 por cento antispam.

As razóns polas que as pequenas empresas non instalan este tipo de solucións de seguridade é, segundo o estudo, o custo elevado e non consideralas importantes.

Inversión

No que se refire á inversión, os datos galegos falan de que o 16 por cento das empresas rebaixaron a súa partida presupostaria para a seguridade fronte ao 10 por cento da media estatal. En termos brutos o 44 por cento das Pemes españolas e o 77 por cento das galegas gastan menos de 300 euros en seguridade informática.

Web especializada en arte


Inocuo vén de ver a luz na Rede co obxectivo firme de proxectar fóra de Galicia as tendencias artísticas e os novos talentos galegos, porén, cunha periodicidade mensual, recopila toda a información especializada “vía off-line e tamén on-line”, que trate sobre todas as artes habidas e por haber no noso país (danza, pintura, cine, ilustración, música, teatro…).

Segundo vén de afirmar a editora da publicación e directora de arte de Atelier, Cristina Ayala, “Inocuo persegue un dobre propósito: centralizar a información de interese para os artistas e difundir os avances tecnolóxicos, as últimas tendencias e os proxectos novidosos realizados en Galicia”.

Trátase, a fin de contas, dun soporte multimedia de comunicación que chama a atención pola súa orixinalidade e pola creatividade coa que foi creada, que ademais de ser atractiva preséntalle ao internauta unha dobre funcionalidade: por unha banda permítelle coñecer os actos culturais de calquera tipo que se vaian dando nas distintas localidades galegas, a modo de axenda, e por outra, permítelle ao visitante estar ao día no tocante ás últimas tendencias galegas que traspasan as fronteiras cara o resto do mundo.

A web inclúe tanto novas con imaxes fixas como informacións con animacións en flash, vídeos, composicións… realizadas coas últimas e máis modernas ferramentas tecnolóxicas.

Asemade, integra diversas seccións, que se centran principalmente nas tendencias, nos concursos e nas exposicións de interese de cada unha das citadas artes, así como as súas novidades.

Os interesados en recibir o newletter mensual, só teñen que suscribirse á publicación enchendo coa súa dirección de correo electrónico o recadro reservado para tal fin na sección Suscrición-Alta boletín, da web oficial.

A Navalla Suíza contribúe á comunidade con dous proxectos de software libre


A Navalla Suíza, empresa galega responsable do desenvolvemento de páxinas web coma QuinTV ou Flocos, baixo o lema de Investigamos + Desenvolvemos + Compartimos está a distribuír parte do código dos seus proxectos de xeito aberto, para que calquera poida descargalo e utilizalo para as súas propias aplicacións web, o que é unha interesante achega ao código aberto.

Os primeiros proxectos en publicarse dentro desta iniciativa son o framework de CSS coñecido coma cSans (que facilita a creación de follas de estilo para todos os navegadores web coñecidos, facendo doada a maquetación web en base a unha grella) e phpCan, framework escrito en PHP 5 que facilita a construción de páxinas web mediante unha estrutura ordenada baseada no sistema MVC (Modelo, Vista, Controlador) e que tamén contén un xestor de contidos autoxerado e pode dividir a web en escenas.

Estes proxectos aínda están nunha fase de maduración, e nos vindeiros meses veremos como non só evolucionan estes códigos, senón como tamén vaise enriquecendo a súa documentación e os seus titoriais, que incluso chegarán a xeito de screencasts (vídeos nos que se fan explicacións paso a paso para instruír sobre o manexo destas novas solucións).

Unha recomendación de cine

Ponyo no acantilado

Sosuke, un neno de cinco anos que vivo no alto dun acantilado que da o mar unha mañá mentres está na praia atopa un pez de cores e decide chamala Ponyo. Sosuke a rescata e a leva para a casa. Entre ambos seres prodúcese unha conexión profunda. Sosuke dille que siempre a cuidará, sempre a protexerá. Pero o pai de Ponyo, Fujimoto, que noutro tempo foi un ser humano e que agora vive nas profundides marinas convertido nun poderoso feiticeiro obriga a regresar a Ponyo. Pero ela escapa porque está decidida a regresar con Sosuke e converterse en humana.

Lingua de amor 09


Lingua de amor

Envía as túas cancións ou declaracións de amor en galego e poderás gañar estupendos premios!

O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, presenta a terceira edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.

Un dos principais obxectivos de Lingua de Amor é dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión, perfectamente válida para a música. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!

Para poder participar neste concurso debes seguir os pasos seguintes:

1 Rexístrate: debes cubrir o formulario de rexistro. Recorda que todos os campos son obrigatorios.

2 Ingreso: para poder acceder á túa conta, debes introducir o enderezo de correo e mais o contrasinal co que te rexistraches. No caso de xa estares rexistrado/a pero non recordas o correo electrónico co que te rexistraches ou o contrasinal de acceso, envíanos un correo a linguadeamor@cxg.org indicando o teu nome, apelidos e DNI e facilitarémosche os datos de acceso.

3 Unha vez que entraches na túa conta, na banda da esquerda preme sobre "engadir declaración" ou sobre “engadir audio”.

- O número máximo de caracteres para as declaracións é de 350 (con espazos incluídos) e cada participante poderá escribir un máximo de dúas declaracións.
- Para a modalidade de cancións non hai ningún máximo establecido.

4 Lista das miñas declaracións /lista de audio: nestes apartados poderás ler as declaracións ou escoitar as cancións coas que participas neste concurso.

5 Dende a túa conta persoal, no apartado "Datos usuario", poderás actualizar e modificar os teus datos sempre que o consideres oportuno, así como o teu correo electrónico e o contrasinal.

O concurso Lingua de Amor está divido en dúas categorías: declaracións e cancións.

Os premios divídense do xeito seguinte:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un ordenador portátil
2.º Unha videoconsola PlayStation3
3.º Un Ipod

Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Un ordenador portátil + unha cea para dúas persoas
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha cea para dúas persoas
3.º Un Ipod + unha cea para dúas persoas

Ademais, todas as persoas premiadas recibirán un lote de libros en galego.

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega

1.º Un ordenador portátil + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
2.º Unha videoconsola PlayStation3 + unha fin de semana nunha casa de turismo rural
3.º Un Ipod + unha fin de semana nunha casa de turismo rural

O prazo para participar permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009.

O prazo para as votacións será do 11 ao 17 de maio.

A Rede presenta o seu programa de maio en Vilasantar


A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Vilasantar, anuncia novos obradoiros de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de maio no Centro da Rede de Dinamización no concello de Vilasantar. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

*

“Iniciación a Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas coa rede Internet. Desenvolverase de luns a xoves, do 4 ao 12 de maio, de 18.00 a 19.30 horas.
*

“Solicitude de cita médica en Internet”: pretende capacitar aos usuarios/as para que sexan quen de solicitar ou anular citas médicas co SERGAS sen necesidade de desprazarse. Realizarase os días 13 e 14 de maio, de 18 a 19.30 horas.
*

“Creación dunha conta de correo electrónico”: este obradoiro pretende facer que os usuarios/as sexan capaces de e xestionar contas de correo electrónico. Vai ter lugar do 18 ao 26 de maio, de luns a xoves, de 18 a 19.30 horas.

Asemade, está prevista a realización da iniciativa “Recoméndame Galiza” co gallo do Día das Letras Galegas. Esta, que terá lugar do día 18 ao 26 de maio, de 16.30 a 18.00 horas, consistirá nun obradoiro que combina diversos aspectos e funcionalidades das Novas Tecnoloxías coma as comunicacións na rede, a recompilación de información ou os procesadores de texto e que se fará simultaneamente co Centro da Rede de Dinamización na Asociación de Empresarias da Coruña.

Asemade, está prevista a realización da charla “Memoria dos Oficios”. Esta, que terá lugar o día 28, ás 17.30 horas no Centro de Dinamización de Vilasantar, consistirá na presentación da iniciativa homónima que desenvolverase no concello nos vindeiros meses, e que consistirá na realización, por parte das/os participantes dunha videomontaxe acerca dos oficios tradicionais da zona.

O prazo de inscrición para estas actividades será do 23 de abril ao 7 de maio.

Para inscribirse ou para solicitar máis información poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Vilasantar, sito na Casa de Concello (Rúa Rú), chamar ao teléfono 981.778.169 ou mandar un correo electrónico ao enderezo diego.vilasantar@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

Galicia é a cuarta comunidade autónoma con máis concellos con Wi-Fi


O informe anual Wi-Fi elaborado polo Grupo Gowex amosa que Galicia é a cuarta comunidade española por número de concellos inscritos como operador de internet sen fíos na Comisión de Mercado das Telecomunicacións (CMT). Só a superan Andalucía, Aragón e Cataluña.
Wi-Fi

En total hai rexistrados 35 concellos rexistrados, aos que lles hai que sumar a iniciativa Ourense Wifi, promovida polo concello ourensán, e que estenderá internet a 10 espazos públicos do centro urbano e a 14 núcleos do rural. Este proxecto desenvolverase antes de que remate 2009, segundo Gowex.

O estudo reflicte que hai máis concellos con Wi-Fi rexitrados na CMT na provincia de Pontevedra, concretamente 15: Pontevedra, Ribadumia, Vilaboa, Nigrán, Cuntis, Tomiño, Salvaterra do Miño, Vilanova de Arousa, Cambados, A Cañiza, A Estrada, Soutomaior, O Rosal, Ponteareas e Mondariz Balneario.

Na provincia da Coruña hai seis: A Coruña, Corcubión, Santiago, Boimorto, San Sadurniño e Carral; en Ourense sete son as localidades que rexistradas como operador wifi na CMT (Ourense, Toén, Castro Caldelas, Manzaneda, Allariz, Arnoia e Castrelo de Miño). Na provincia de Lugo son 10 os concellos rexistrados: Meira, Ribeira de Piquín, Pol, A Pastoriza, Láncara, Rábade, Begonte, Samos, Cervantes e Foz.

En canto ao número de puntos wifi, a comunidade galega sitúase na sexta posición a nivel estatal, cun total de 416 puntos, que se reparten maioritariamente en bares, restaurantes, hoteis e outros establecementos comerciais. Nesta lista, atópase por detrás de Madrid, Cataluña, Andalucía, Comunidade Valenciana e Euskadi.

A Sociedade Galega de Ornitoloxía fai dispoñible un noticiario en liña de localización de aves


A Sociedade Galega de Ornitoloxía acaba de poñer en marcha un novo servizo na súa web. Dende agora, conta co Noticiario Ornitoxeográfico Galego, que conta cunha ferramenta de xeolocalización para poder visualizar as áreas onde se detectaron as diferentes especies de aves. A ferramenta nace como un xeito de facilitar a observación das aves, con máis de 14 mil rexistros de localizació ata o momento.

O Noticiario presentouse oficialmente o pasado sábado, nun acto en que participou o novo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. O desenvolvemento da ferramenta correu a cargo de Sixtema. O seu representante, Alejandro Lamas, salientou que o servizo de xeolocalización tamén fará máis doado que os usuarios notifiquen os seus avistamentos de xeito automático. Eses avisos procesaranse e incorporaranse automaticamente ao Sistema de Información Xeográfica, con listaxes por espazos, familias e especies. Ademais, o noticiario está baseado no Catálogo GIS de Sixtema, que é software libre.

Segundo a Sociedade Galega de Ornitoloxía, esta información complétase con estatísticas, gráficas e informes sobre as aves que habitan ou visitan a nosa terra. A entidade informou, ademais, de que a súa web se pon á cabeza da disciplina no Estado Español e convértese nunha importante ferramenta de coñecemento do medio.

Red.es culmina o proceso de dixitalización dos rexistros civís


O Rexistro Civil de Galicia xa está dispoñible en formato dixital, segundo informou o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. O rexistro está composto por case 6.500 manuscritos e máis de 3,8 millóns de páxinas.

O proceso de dixitalización efectuouno a entidade pública Red.es grazas ao programa Rexistro Civil en Liña, en colaboración co Ministerio de Xustiza e cofinanciado con fondos FEDER.

Grazas a este programa, dixitalizárose os 45 rexistros civís do país, dos que 14 corresponden á provincia da Coruña, con 2.383 libros dixitalizados; 13 a Pontevedra (2.413 libros); nove a Lugo, con 922 libros, e outros nove a Ourense, con 764 libros de rexistro.

O Ministerio de Industria explicou que a dixitalización dos manuscritos dende 1950 é "un gran paso para a mellora na operativa dos rexistros e, por tanto, para o servizo prestado á cidadanía".

A Rede de Dinamización estrea páxina web


A nova interface, máis moderna e visual, pretende facilitar a navegación aos e ás internautas.

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información está de estrea, ao dispor desde o día de hoxe dunha nova interface na súa páxina web. Cun deseño máis moderno, os usuarios e usuarias seguen dispoñendo de toda a información que xa contiña a páxina a anterior, á vez que se facilita o proceso de navegación a través dela, facéndoa máis visual. Acorde coa imaxe corporativa da RDSI, o branco, o verde e o azul do logo da Rede son as cores predominantes.

Na páxina principal están dispoñíbeis as últimas novas relacionadas coa Rede, así como as actividades máis destacadas que se desenvolven día a día. Desde ela tamén se pode acceder de forma moi sinxela a unha listaxe dos Centros de Dinamización existentes. “Busca o teu centro máis cercano” permite a todos os e as internautas localizar rapidamente aquel que lles queda máis preto para utilizar as súas instalacións e acudir aos obradoiros, charlas ou iniciativas que se levan a cabo.

A estes datos tamén se ten acceso desde a pestana “Centros”, onde un mapa de Galicia nos amosa cómo se sitúan ao longo da xeografía galega e, clasificados por provincias, se pode ver cada un deles. No apartado de “Novas”, pola súa banda, o esquema seguido é o que xa tiña a páxina anterior: todas as noticias da Rede clasificadas cronoloxicamente, coas máis actuais ao principio. A principal innovación no eido das novas -tanto as da páxina principal como as de cada centro- é o tamaño das fotografías, moito maiores que as que se podían ver antes.

Outro dos puntos fundamentais da páxina anterior, que esta garda e incluso mellora, ao facelo máis accesíbel, é o contacto entre usuarios e usuarias e dinamizadores/as, podendo enviarlles a través da miniweb de cada centro, de forma rápida e sinxela, as dúbidas, preguntas ou comentarios que cada quen considere oportunos.

Obradoiros en Betanzos para maio


Seis novos obradoiros súmanse a oferta formativa da Rede en Betanzos para o vindeiro mes

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Betanzos, ten programado seguir coa difusión das Novas Tecnoloxías durante o mes de maio no municipio. Desenvolveranse seis obradoiros durante ese mes de diversa temática, todos eles relacionados coas TIC. Con estes obradoiros preténdese dar continuidade ao traballo de difusión da Rede no concello e achegar as Novas Tecnoloxías ao crecente número de persoas que demandan formación ao respecto. As actividades están dirixidas a todas as persoas que queiran participar.

O prazo de inscrición xa está aberto. O número de prazas é limitado e cubriranse por rigoroso orde de inscrición.

Así mesmo recordar que o concurso de fotografía e relato “A miña mascota”, realizado en colaboración co OMIX do concello de Betanzos, rematará o prazo de admisión de traballos o día 11 de maio.

Os obradoiros que se levarán a cabo son os seguintes:


Recursos de interese na Internet

Horario: os días 5, 6 e 7 de 17:00 a 18:30.

Destinatarios: persoas que xa manexen a navegación en Internet con certa soltura.

Duración: 4:30 horas.


Iniciación á Informática

Horarios: os días 6, 7, 8, 11 e 12 de 10:30 a 12:30 horas.

Destinatarios: todas aquelas persoas que van ter o seu primeiro contacto ordenador.

Duración: 12 horas.


Mecanografía

Horarios: os días 11, 12 e 14 de 16:30 a 18:30 horas.

Destinatarios: todas aquelas persoas que desexen aprender ou mellorar o uso do teclado.

Duración: 6 horas.


Iniciación ao procesador de textos Writer

Comezo: luns 18 de maio

Horario: 18, 19, 20 e 21 de 10:30.12:30

Destinatarios: todas aquelas persoas que xa usen o ordenador e queiran aprender a usar un procesador de textos.

Duración: 8 horas


Alfabetización dixital: Informática e Internet

Horario: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27, 28 de 16:30 a 18:30 horas.

Destinatarios: todas aquelas persoas queiran usar por primeira vez un ordenador e aprender a navegar por Internet.

Duración: 16 horas.


Debuxo

Horario: 18, 19 e 20 de maio de 18:45 a 19:45 horas.

Destinatarios: nenos/as de entre 5 e 7 anos acompañados dun adulto.

Duración: 3 horas.

Para máis información poden achegarse ao Centro de Dinamización, sito na rúa Emilio Romay, s/n, de Betanzos, chamar ao teléfono 981.771.300 ou enviar un corre electrónico ao enderezo rebeca.ordes@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

Melide celebra a súa I Semana do Software Libre


A vila de Melide celebra estes días a súa I Semana do Software Libre, comezando este luns cunha charla no Instituto de Ensino Secundario local para que os mozos de 4º da ESO e 2º de Bacharelato puidesen coñecer mellor o mundo do Software Libre e o sistema operativo Galinux (do que se lles regalou unha copia), continuando na xornada de mañá cunha presentación aos membros da Asociación de Empresarios Terra de Melide (Asetem) ás 20:30 horas, aos que se lles darán a coñecer aplicacións de Software Libre para a oficina e, especialmente, solucións de facturación e contabilidade, centrándose no ERP Abanq (antes coñecido coma Facturalux) grazas á colaboración de José Limeres (da arousá BoroTelecom) coa organización do evento, a nova Asociación de Usuarios de Software Libre de Melide (MeLISA) que terá na fin de semana a súa posta de longo, xa que contará cun expositor na V Foliada de Melide.

Durante esta celebración, a Asociación presentará a súa nova páxina web e tamén presentará Galinux, completando as súas actividades cunha zona de xogos infantís, a demostración do simulador Flightgear, talleres GNU/Linux… permitindo que os visitantes poidan achegarse a este mundo.

A SITE de Lugo inaugura mañá o seu Proxecto EmprendeTIC 2009


A Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial (SITE), dentro do seu Proxecto EmprendeTIC 2009, deseñou sete xornadas demostrativas de temática variada co firme obxectivo de achegar aos emprendedores/as e novos empresarios/as as tecnoloxías da información e comunicación dispoñibles neste momento no mercado.

Á hora de confeccionar o programa pretendeuse dar unha orientación eminentemente práctica ás xornadas, tanto no que se refire aos contidos elixidos, coma aos relatores designados para impartilos. Aos temas máis usuais de constante demanda polos empresarios como a mercadotecnia tecnolóxica, a xestión documental e o comercio electrónico, quixéronse engadir outros que se consideran de grande interese pola súa repercusión social, como a que versará sobre "NTIC e discapacidade", a que se centrará nas NTIC no medio rural e a que estudará as denominadas web 2.0.

Dentro das accións puramente formativas, a Fundación CEL-Iniciativas por Lugo desenvolverá seis obradoiros titorizados, cos que de forma individualizada, ou en pequenos grupos homoxéneos, os usuarios poderán, en espazos curtos de tempo axeitados ás súas xornadas, solucionar dúbidas sobre o manexo do hardware e software, as oficinas en rede, as copias de seguridade e o manexo e aproveitamento do xestor de correo, así como asesorarse noutras materias relacionadas coas TIC que supoñan unha mellora de proceso nas súas empresas.

Todos os obradoiros levaranse a cabo ininterrompidamente do 15 de maio ao 15 de novembro de 2009 (con axenda concertada), deixando o mes de agosto de descanso.

Blogaliza, o cambio


Para máis información pincha aquí.

A UNESCO presenta a Biblioteca Dixital Mundial


A UNESCO puxo en marcha este martes a Biblioteca Dixital Mundial, unha iniciativa que pretende facilitar o acceso de balde, a través da internet, a fondos de grandes bibliotecas do mundo en diversos idiomas.
Biblioteca Dixital Mundial

A iniciativa arranca con algo máis de mil obxectos e prevé ir aumentando progresivamente os seus contidos. O interface da Biblioteca está en inglés, francés, portugués, castelán, ruso, chinés e árabe, aínda que pode conter documentos en, virtualmente, calquera lingua do mundo.

Caligrafía chinesa, árabe ou persa, imaxes de América Latina ou mapas antigos de Europa figuran entre os seus contidos, abertos ás conexións de internet de calquera persoa do planeta. O proxecto é multimedia. Así, non se limita a textos, senón que tamén dispón de imaxes, filmes ou sons procedentes de bibliotecas nacionais de varias ducias de estados. A intención da UNESCO é contar con achegas de 60 países a finais de 2009.

Os obxectivos da Biblioteca son promover a comprensión intercultural e internacional, expandir o volume e a variedade de contido cultural na internet, fornecer recursos para a educación, a investigación e o público en xeral e desenvolver capacidades en institucións asociadas para reducir a fenda dixital tanto entre países como dentro deles.

O malware medrou un 200 por cen o pasado ano

Segundo indica o último informe de Symantec sobre Ameazas á Seguridade en Internet, durante o 2008 produciuse un incremento considerable no número de vulnerabilidades en software e ameazas en Internet, “resultado de que os atacantes teñan un maior nivel de organización e de que cada vez empreguen sitios web máis fiables e con moito máis tráfico para atacar aos usuarios”.

De feito, este informe que se elabora a partir de datos reais procedentes da súa rede global de intelixencia, mostra que máis do 60 por cento de todo o código malicioso detectado por Symantec foi descuberto en 2008, con 1,6 millóns de ameazas localizadas frente ás 624.257 de 2007.

O estudo indica, asemade, que Estados Unidos e China foron os países que máis actividade maliciosa tiveron a nivel mundial en 2008 e que España ocupa o sexto posto no mundo e o terceiro no ranking de EMEA.

Os troianos e os vermes foron as principais ameazas detectadas e extenderonse pola Rede coa finalidade de localizar información confidencial para logo vendela por diñeiro ou para acadar novas ferramentas coas que desenvolver outros códigos maliciosos.

En canto aos mecanismos de infección, o informe revela que o 66 por cento da propagación realizouse mediante arquivos compartidos executables, un dato que se incrementou en 22 puntos respecto a 2007, cando se situaba nun 44 por cento.

Nembargantes, Symantec alerta que o spam e o phising seguen incrementándose, tanto como un 192 por cento no caso do primeiro e un 66 por cento no caso do phising.
Neste senso, o noso é o oitavo país europeo emisor de spam, dúas posicións máis abaixo que en 2007, cando ocupaba o sexto posto.

Case o 17% da poboación fixo compras por internet en 2008

Case unha de cada 10 persoas galegas fixo uso do comercio electrónico nos últimos tres meses, segundo a análise que publicou o Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI). Nos últimos tres anos, as compras por internet medraron no país un 125%, fronte ao aumento do 79,7% do conxunto do Estado.
Carriño

Estas cifras aumentan se se amplía o lapso temporal analizado. Así, unha de cada cinco persoas fixo compras en liña nalgunha ocasión, o que supuxo un aumento de máis de catro puntos porcentuais con respecto a 2007. No último ano, a porcentaxe de poboación que fixo uso deste sistema foi do 16,9%.

Os informes do OGSI correspondentes a 2008 confirman a evolución da sociedade galega cara á Sociedade da Información: cada vez máis persoas mercan a través de internet fronte ao comercio tradicional. Ademais, diminúe o descoñecemento sobre como comprar pola Rede.

Das persoas que nunca fixeron uso do comercio por internet, case o 80 por cento xustificaron a súa decisión por preferiren as canles de compra tradicionais ou a falta de necesidade de escoller esta nova vía.

Por outra banda, no último mes efectuáronse unha media de 3,3 compras a través da rede, fronte ás 2,3 de 2007. O gasto medio foi igual ou inferior a 100 euros no 47,4% nos casos, practicamente como no ano anterior. O perfil de persoa compradora por internet é home ocupado de entre 35 e 44 anos, con estudos secundarios, alto nivel de ingresos e nunha unidade familiar de ata catro persoas.

Na web do OGSI poden coñecer máis datos sobre este informe, así como información sobre a situación a nivel europeo.

Madrid convérsese, durante unha semana, na capital da World Wide Web


Xusto cando se cumpren dúas décadas do nacemento da web no CERN, Madrid vén de converterse na súa capital mundial, ao acoller a celebración do 18º Congreso Internacional World Wide Web, WWW 2009, un evento que se desenvolverá no Palacio Municipal de Congresos dende hoxe ata o vindeiro venres, 24 de abril.

Ao longo de cinco intensas xornadas, máis dun milleiro de expertos procedentes de todo o mundo achegaranse á capital para debater sobre o pasado, o presente e o futuro da Rede, e sobre todo do que se coñece como a World Wide Web, creada por Berners-Lee cando era aínda un mozo e traballaba para o Centro Europeo de Investigacións Nucleares (CERN) de Xenebra.

As universidades lanzan un portal unificado de acceso aos seus recursos de información


As tres universidades do país, unidas a través do Consorcio de Bibliotecas Universitarias (Bugalicia), co financiamento da Consellaría de Innovación e Industria, puxeron en marcha un servizo unificado de busca simultánea e recuperación de información. A través da plataforma Pórtico poderase acceder aos recursos de Bugalicia e de cada unha das tres universidades.

Ese metabuscador será a principal ferramenta do portal, mais non a única. A través do motor poderase acceder a revistas, libros, bases de datos, catálogos bibliográficos, teses, patentes, normas, enciclopedias e dicionarios electrónicos, ademais de prensa dixital ou boletíns oficiais. Bugalicia destaca, ademais, polos seus recursos de información científica, con arredor de 20.500 revistas electrónicas, 4 mil e-books, case 50 bases de datos con acceso a milleiros de publicacións íntegras e máis de 10.500 actas de congresos ou normas, de consulta indispensábel nas enxeñarías.

Outros servizos adicionais integrados na plataforma son o xestor de ligazóns SFX, que xera dinamicamente enlaces entre os compoñentes da biblioteca dixital. Esta ferramenta permite obter o texto completo -sempre que estea dispoñíbel- despois da busca e comprobar se a biblioteca dispón dunha copia impresa. Facilita, ademais, a solicitude do exemplar a través do servizo de empréstito interbibliotecario.

Pero a principal virtude de Pórtico é que permite acceder dentro dun mesmo menú a servizos que antes dispoñían de diferentes páxinas web. Aínda así, Pórtico nace para complementar e achegar valor engadido, non para substituír as diferentes plataformas especializadas.

Ao día

A implantación de Pórtico permite que todas as bibliotecas universitarias de Galiza se manteñan ao día na implantación das novas tecnoloxías da información para fornecer os servizos bibliotecarios que se prestan a toda a comunidade universitaria, para os cales o acceso electrónico á información nas mellores condicións é vital para as súas actividades científicas, docentes e de formación.

Comeza a semana da 'Desintoxicación Dixital'


Días para apagar todos os trebellos electrónicos que teñan pola casa, e para facer máis vida lonxe do sofá, reconectando co mundo natural e a xente do redor.

Este semana hai dúas citas coa defensa do medio e as relacións humanas que se complementan entre elas. O caso é cumprilas. A primeira é a Semana da Desintoxicación Dixital e a segunda a Semana sen Televisión.

A Semana da Desintoxicación Dixital está convocada polo colectivo norteamericano Adbusters, e, baseándose nos lemas da Semana sen TV, anima a apagar os aparellos electrónicos que levemos todo o día enriba: as PDA, os móbiles, os MP3, MP4, as consolas de peto e mesmo os computadores. Convencidos de que o uso cotián destes trebellos é prexudicial para a nosa saúde e a do medio, os membros de Adbusters queren que se siga o seu exemplo para non acender até o domingo a calquera pantalla, baixo o lema "durante sete días, reconecta co mundo natural e a xente que está ao teu carón".

Para axudar a dar un paso que a máis de un lle resulta ben complicado, este colectivo propón un plan de afastamento gradual das pantallas, para que poidamos centrar o tempo que adoitamos dedicar a andar nestes aparellos a pasear, ler ou conversar cos amigos. A campaña, lanzada dende os EUA e Canadá, está a ser seguida en todo o mundo, ademais de polos membros de Adbusters do Xapón, Australia e Europa, por organizacións como a francesa Casseurs de Pub, a italiana Esterni e a internacional White Dot.

A segunda cita coa defensa do medio: a semana sen televisión
A outra cita, entre o 20 ao 26 de abril, e que tamén se desenvolve, a nivel internacional, é a Semana sen Televisión. Dende o colectivo Ecoloxistas en Acción chaman a secundar esta convocatoria, sinalando que a TV "illa as persoas, deteriora o medio e incita, constantemente, a un consumo irracional", polo que ven "preciso" denunciar o "papel que cumpre na destrución do planeta".

Esta semana, ademais de denunciar os resultados perniciosos do uso da TV, servirá para repensar, de novo, o seu lugar, afastado do que hoxe ocupa de "destrutor das relacións sociais e promotor dun consumo insustentábel".

Blogger facilita a inserción de publicidade nos seus cadernos de Internet


Blogger, o servizo de blogs de Google, vén de incorporar ao seu panel de control unha pestana chamada Monetizar que facilita a xeración de ingresos vía publicidade de AdSense (facilitando a creación dunha conta de usuario ou usando unha conta xa existente) nos cadernos de Internet. Amais, Blogger fai uso da API de AdSense para poder amosar os beneficios publicitarios directamente dende o seu panel de control.

Aínda que conseguir beneficios a través de AdSense é algo complexo por precisar dun número de visitas moi elevado, moitos usuarios agradecerán estas facilidades por parte de Google coas que poderán conseguir uns ingresos adicionais sen ter que consumir esforzos en buscar anunciantes.

O programa da galega Doa a Doa, xa ten presenza na Rede

Doa a Doa, a serie producida por IBISAtv que emite a TVG para manter viva na pequena pantalla a nosa tradición oral, vén de presentar a súa páxina web no Círculo Internacional de Prensa de Santiago, un espazo que ten como principal obxectivo deixar constancia e presenza do legado dos nosos maiores tamén na Rede.

A web inclúe varias seccións nas que os internautas poden obter información xeral sobre a serie, ver imaxes tomadas durante a rodaxe, recoller datos sobre cada un dos capítulos dende a primeira á cuarta tempada e incluso ver a fotografía de cada un dos entrevistados ao longo das emisións. Porén o que máis destaca nesta nova aplicación virtual é a sección de descargas, na que os usuarios poden baixar o politon, a sintonía e ata a cabeceira do programa, de balde.

Doa a Doa é un programa que conta, na voz dos seus protagonistas, pequenas historias de vida que moitos de nós coñecemos polos nosos avós, unha riqueza histórica e documental que se está a perder e que é necesario conservar en tódolos formatos posibles.

“Mesturando a sabedoría dos vellos coa innovación dos que veñen”, IBISAtv decidiu crear un espazo propio na Internet ao tempo que pon en marcha a emisión da cuarta tempada en antena na TVG.

Esta nova xeira do Doa a Doa contará cun cento de novas entrevistas realizadas por toda Galicia con testemuñas e vivencias dos nosos na súa infancia e xuventude, que tamén ocuparán o seu espazo propio na Rede.

Agestic promoverá por todo o país o uso seguro da internet entre a xente nova

A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Informacion e da Comunicación (Agestic) puxo en marcha o proxecto 'Brújula". Durante os meses de abril e maio, un autobús percorrerá distintas localidades do país para promover o uso seguro da internet na infancia e na adolescencia.

O proxecto consiste en visitas guiadas duns 25 minutos de duración, para as que é preciso efectuar unha reserva na web de 'Brújula'. Están especialmente recomendadas para centros escolares, dado que é o colectivo ao que se dirixe especificamente a campaña.

A primeira cidade en recibir a caravana será Lugo. O resto das paradas do proxecto 'Brújula' pódense consultar na súa web.

Está cofinanciado polo Plan Avanza do Ministerio de Industria e co apoio de Confapa Galicia e da Obra Social Caixa Galicia.

Os Euro Blog Awards buscan levar o concepto do festival de Eurovisión aos blogs


O 24 de abril ás 13:30 horas entregaranse no marco da Nonick Conference que terá lugar en Bilbao os Euro Blog Awards, que aínda que están moi lonxe de ter a repercusión dos populares The BOBs, resultan curiosos, xa que o sistema de votación elixido fai uso de Facebook Connect, o que impediría os votos masivos (ou a repetición de voto por parte dun mesmo usuario).

As persoas que queiran participar poderán votar ata o día 23 a unha selección de bitácoras e videoblogs elixidos por un grupo de expertos de 12 países, o que servirá para elixir uns finalistas, tralo que entrará a valorar o xurado, que ponderará a relevancia, creatividade, interacción e historia dos blogs para elixir aos gañadores.
Este concurso de blogs ten así un funcionamento pouco transparente (especialmente na pre-selección de blogs) e amosa irregularidades coma considerar o éuscaro como unha lingua do mesmo nivel que o inglés ou o francés, pero esquecendo ao galego e ao catalán (simplemente porque o acto de entrega dos premios é en Bilbao). Tampouco conseguiu moita sona, polo que é de agardar que o seu resultado final sexa pouco significativo, aínda que non por iso desmerecerá o feito de que unha bitácora europea vexa recoñecida a súa valía cun galardón.

Red.es e o Concello de Abegondo presentan o desenvolvemento do proxecto Urbanismo en Rede para o municipio


Unha ferramenta permítelles aos usuarios obter información urbanística de forma inmediata e personalizada a través da páxina web municipal. O proxecto piloto supón unha aposta pola administración electrónica e a transparencia informativa. O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o Ministerio de Vivenda asinaron un convenio para estender a solución deseñada a outros concellos.

Juan José Rocha Carro, alcalde de Abegondo, e Francisco Javier García Vieira, director de planificación de programas de red.es, entidade dependente da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, presentan o desenvolvemento da iniciativa piloto do Concello de Abegondo dentro do proxecto Urbanismo en rede.

Urbanismo en Rede permítelles a todos os usuarios obter información urbanística de forma inmediata e personalizada a través da páxina web do Concello, o que supón un paso máis no impulso á administración electrónica, a aplicación das tecnoloxías da información na tramitación administrativa e a transparencia na información aos cidadáns.

A través deste novo desenvolvemento, os usuarios poderán acceder a toda a información urbanística que necesiten mediante dúas vías: facendo clic directamente sobre o mapa na zona que desexen ou introducindo datos concretos referidos ao planeamento do seu interese: distrito postal, referencia catastral, código urbanístico, coordenadas físicas ou o nome da zona que se vai consultar.

A web móstralle ao usuario todos os niveis de información dispoñibles sobre a parcela ou área do seu interese: Clasificación, categorías do planeamento e cualificación do solo, e permitiralle descargar a ficha urbanística completa. A información compleméntase con outros datos de grande utilidade como a información catastral. Ademais, o novo desenvolvemento permitirá ir incorporando novas funcionalidades para facilitar aínda máis o acceso dos cidadáns á información urbanística.

O proxecto piloto presentado hoxe é froito do programa Urbanismo en Rede promovido pola entidade pública empresarial red.es, dependente da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, xunto coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP); e está confinanciado con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Dada a complexidade inherente ao lanzamento dun programa destas características, red.es determinou a necesidade de organizar un Foro de Expertos en Urbanismo e TIC no ámbito local, que permitiu acometer unha etapa previa de análise, definición e normalización urbanística e unha etapa posterior de posta en valor e verificación das recomendacións, de sistematización e solución técnica, nunha serie de proxectos piloto.

Como continuación das experiencias piloto, o Ministerio de Vivenda e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio asinaron o pasado mes de febreiro un convenio co obxectivo de estender a solución deseñada a outros concellos e no cal poderán participar as comunidades autónomas que o desexen e outros organismos como a FEMP. O convenio que abarca o período 2009-2012 supón un investimento de 57.000.000 dos cales 40.000.000 son unha achega de red.es e o resto deberá ser cofinanciado polos participantes.

Datos técnicos do Proxecto Urbanismo en Rede en Abegondo

En cada un dos pilotos, red.es levou a cabo a dixitalización da información relativa ao planeamento urbanístico de cada Concello, así como o desenvolvemento informático que lle dá soporte ao proceso e á explotación dos datos, o que supuxo un investimento entre un 40% e un 60% do total do proxecto en función das zonas obxectivo de converxencia para a distribución dos fondos europeos. Cada Concello, pola súa parte, encargouse da adquisición e implantación do equipamento informático e o sistema de información xeográfica, o desenvolvemento do visor web e os labores de validación e supervisión dos resultados da dixitalización.

Relatorio de Richard M. Stallman en Vigo o vindeiro día 30

O vindeiro 30 de abril ás 16:00 horas terá lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo un relatorio impartido por Richard M. Stallman, quen falará sobre o movemento do Software Libre (do que é un dos seus principais promotores) e do perigo das patentes.

Este evento organizado polo Máster de Software Libre Caixanova é de entrada libre, aínda que os interesados en asistir deberán inscribirse a través dun formulario web. A conferencia de Stallman tamén está a promoverse a través de Facebook.

Corea do Sur aprobou unha lei que obriga a facilitar a identidade real ao participar en webs con máis de 100 mil visitantes diarios.

O goberno de Corea do Sur, un dos estados con mellores conexións á internet do mundo, acaba de aprobar unha batería de normas que limitarán a liberdade dos internautas. As restricións son tales que Google decidiu desactivar temporalmente a posibilidade de subir vídeos a YouTube dende o estado asiático.

A nova Lei de Ciberdifamación entrou en vigor o día 1 de abril. Por unha banda, o decreto facilítalle ao goberno o trámite de pechar webs "problemáticas"; por outra, obriga a que cada persoa que deixe un comentario ou achegue algún tipo de contido a unha web que teña máis de 100 mil visitantes únicos diarios deba dar o seu nome real.

Este requisito obrigaríalle a YouTube a ofrecer un sistema de rexistro de usuarios específico para Corea do Sur. Actualmente, as principais webs surcoreanas piden o número da seguridade social á hora de rexistrar unha nova conta.

Como adoita acontecer nestes casos, a lei xurdiu como resposta a un feito anecdótico. No ano 2005, unha universitaria foi pillada despois de non limpar os excrementos do seu can na vía pública. Un peón decatouse e publicou fotos dela na rede, o que provocou que a historia se difundise e amplificase, até o punto de que se chegou a descubrir a identidade da muller, que acabou abandonando a facultade e mudando de cidade.

Un estudo confirma que Facebook é a principal plataforma de redes sociais en Europa


Un estudo de comScore constata que Facebook consolidou a súa posición de liderado como plataforma para redes sociais en Europa, cun crecemento interanual do 175%, destacando o caso español (o segundo en crecemento, por detrás de Italia), no que sosteñen que finalmente Facebook superou a Tuenti e sumou uns 5,7 millóns de visitantes.

Facebook sería a plataforma social máis utilizada en 11 dos 17 países europeos analizados, con 275 millóns de visitantes en febreiro a nivel mundial (o que supón un incremento do 175% con respecto ao mesmo período do ano anterior) , mentres que en Europa sumarían uns 100 millóns de visitantes (cun incremento do 314%) e atraerían o 4,1% do tempo consumido na web no Vello Continente.

Xornadas en Santiago


O programa de actividades informativas da Cámara de Comercio de Santiago conta cunhas xornadas sobre as vantaxes de facer mercado no dixital promovidas en colaboración con Camepyme. As xuntanzas, presentadas baixo o lema Plantexamento da empresa tradicional en Internet (aquí) contarán coa presenza dun bo número de especialistas no eido dixital e máis concretamente en experiencias concretas de éxito na Sociedade da Información para empresas de toda índole e tamaño. Ese será precisamente o cometido do grupo de expertos reunidos en Santiago o mércores 22 de abril: dar conta polo miúdo perante as firmas da cidade das vantaxes múltiples de estar na Rede.

A xuntanza, que se desenvolverá a partir das 9.30 horas na sede da Cámara, incluirá un amplo abano de temas tecnolóxicos e informáticos a tratar. Así, a mañá dará acubillo a pormenorizados debates sobre os beneficios de ter unha páxina web propia e de levar a cabo unha actividade de promoción en liña. Asemade, está previsto tocar a fondo temas como a tramitación ou sinatura electrónica, o posicionamento en buscadores ou as vantaxes de pór en marcha unha iniciativa comercial en Google.

IX Xornadas Sobre Software Libre

O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux organiza, por novena ocasión, as Xornadas sobre Software Libre, na Facultade de Informática de Coruña.

Seguindo a tradición en GPUL, estas xornadas son unha oportunidade para compartir experiencias e coñecementos adquiridos polos poñentes, sobre temas variados que van dende a administración de sistemas á edición de partituras, coa comunidade universitaria, aficionados e profesionais.

Este ano terán lugar un total de 13 ponencias nestas xornadas organizadas pola nosa asociación.

E coma sempre, o acceso é libre, soamente limitado polo aforo e darase un certificado de asistencia as persoas que o soliciten.

A USC organiza un obradoiro de tradución de software ao galego

A Oficina de Software Libre da USC, a Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría e o Servizo de Normalización Lingüística da USC organizan o primeiro obradoiro de tradución de software libre "ETSE Open de SL", para promocionar a lingua galega no eido da informática.

Outro dos obxectivos é impulsar a utilización do software libre na USC, co que cumpre con varias das premisas tanto do Plan de Normalización Lingüística como do Plan Estratéxico das TIC (PETIC) da USC.

O obradoiro está aberto á participación de toda a comunidade universitaria para promover a súa participación na normalización lingüística e na adopción progresiva do software libre na USC.

O programa completo das actividades das que constará este obradoiro pódese consultar na sección de Axenda.

Ourense inaugura telecentro e avanza na creación dunha rede sen fíos municipal


O alcalde de Ourense, o socialista Francisco Rodríguez, inaugurou hoxe o Telecentro de Formación e Videoconferencias da súa cidade e pertencente á Rede de Telecentros de Comunicación, que ofrece nas súas novas instalacións de 200 m2 un total de 20 ordenadores, así como posibilidades para a videoconferencia, sala de formación e punto de acceso Wi-Fi á Internet. O telecentro poderá ser utilizado por alumnos que reciban formación a distancia, profesores e colectivos sociais e profesionais que o desexen, amais de servir de espazo para o desenvolvemento de xornadas, seminarios e conferencias.

Durante o acto de inauguración, Rodríguez estableceu unha videoconferencia con Honorato López Isla, vicepresidente primeiro e conselleiro delegado de Unión Fenosa, aó que anunciou que se lle renderá un homenaxe á súa traxectoria profesional nas II Xornadas de Emprendedores Eduardo Barreiros que terán lugar o vindeiro 8 de maio.

Francisco Rodríguez tamén anunciou que o Concello de Ourense constituirase en operador radioeléctrico para dar cobertura legal ao proxecto Ourense Wi-Fi, que permitirá que nuns 2 anos a cidade poida ser un referente en acceso Wi-Fi no seu contorno rural e urbano, grazas a unha experiencia que están a por en marcha de xeito experimental nas zonas de Seixalbo e A Cuña, e que en breve se espallará a máis de 20 puntos e espazos públicos a través dunha rede troncal de acceso á Internet entre Seixalbo e Pamés que contará cun investimento aproximado de 1 millóns de euros.

O Observatorio Galego da Sociedade da Información cumpre 2 anos de actividade

O Observatorio que comezou a súa actividade en abril de 2007, vén de facer públicos os informes de resultados da 3ª Enquisa sobre equipamento e uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos fogares e sobre a situación do Software Libre nas entidades do país. Máis información aquí.

Case 250 novos usuarios e usuarias da Rede no que vai de mes


En abril lévanse contabilizados xa case 4.000 usos das instalacións da RDSI, que impartiu 170 obradoiros

Na primeira semana do mes en curso, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información viu cómo facían o seu carné de usuarios e usuarias 238 persoas. Asemade, os usos diarios -é dicir, a utilización libre das instalacións da Rede en horas de aula aberta- sitúanse xa en 3.833, cifra máis que positiva á que se chegou nos cinco días laborais transcorridos no presente mes. Os obradoiros impartidos, pola súa banda, son xa 170.

O perfil de usuarios/as

Sobre as novas persoas usuarias da Rede cabe destacar que un 61% delas son mulleres. Se as clasificamos por franxas de idade, é significativo que un 22% sexan menores de 16 anos, un 17% teñan entre 35 e 44 e outro 17% estean entre os 45 e os 54. Como se pode ver, o elenco de idades é moi amplo, cumplíndose así unha das principais premisas da Rede: chegar a toda a poboación.

170 obradoiros

A actividade formativa da RDSI concéntrase principalmente nos obradoiros, se ben se realizan periodicamente charlas, cursos ou iniciativas encamiñadas a seguir afianzando os coñecementos tecnolóxicos entre os galegos e galegas. Nesta primeira semana de abril foron xa 170 os obradoiros que se impartiron -ou se están a desenvolver-. Ao longo das 1.247 horas de formación que suman, as persoas formadas ascenderon a 362.

Novamente, na súa maioría estas son mulleres -un 59%-. As idades, unha vez máis, son diversas: o 27% ten entre 55 e 64 anos, o 26% sitúase entre os 45 e os 54 e o 19% pertence á franxa comprendida entre os 35 e os 44.

FEUGA organiza un obradoiro de xestión da I+D+i a través do coñecemento da Web 2.0


Fundación Empresa Universidade Galega, FEUGA, vén de anunciar a organización dun obradoiro de sistemas de xestión da I+D+i das empresas galegas (documento PDF) a través do coñecemento da Web 2.0 e do modelo de innovación 2.0.

Este curso, que ten como principal obxectivo promover a renovación dos sistemas de xestión da innovación das nosas empresas, vaille permitir aos asistentes, participar dunha reflexión “verdadeira, profunda e de utilidade práctica” sobre asuntos clave relacionados cos novos modelos de xestión da I+D+i nos tempos de Internet, aportándolles as ferramentas precisas “para innovar máis e mellor nas súas respectivas organizacións”.

Porén promover a renovación dos sistemas de xestión da I+D+i das empresas galegas a través do coñecemento da Web 2.0 e do modelo de innovación 2.0 non é o único obxectivo deste obradoiro que promove FEUGA, senón tamén fomentar a intelixencia colectiva para innovar mediante a análise de exemplos e ferramentas que promovan a “innovación participativa”.

Asemade, o curso pretende, entre outras cousas, estudar as premisas da innovación “aberta” e do traballo en liña, así como analizar e aplicar modelos de desenvolvemento de produtos e servizos innovadores “que cumplan as condicións de liberdade para o usuario”.

A actividade terá lugar a partir do vindeiro 21 de abril e vai dirixida a empresarios, directivos, persoal técnico e xerentes de empresas interesados na área de I+D+i así como a persoal docente e investigador que traballen neste eido.
O prezo do curso, que ten como data límite de inscrición o vindeiro 14 de abril, é de 275 euros, cun desconto do 10 por cento para os socios de FEUGA e as empresas do CEDE FEUGA.

O prezo inclúe a documentación, os cafés e un certificado.

O Concello de Ferrol aposta forte pola informatización dos seus servizos


O Rexistro Civil de Ferrol vai vento en popa e a toda vela; se hai uns días nos sorprendía coa iniciativa de colgar na web municipal un calendario coas datas dispoñibles para a organización de vodas civís, de xeito que as parellas poderían saber os días e as horas das que dispoñían para casar, agora vén de anunciar que os seus veciños e veciñas xa non precisarán acudir ao Rexistro Civil da cidade para solicitar un certificado de nacemento, falecemento, matrimonio ou calquera outro dos que se expide na devandita oficina pública, pois ao estar xa informatizada, poderán facelo a través da web do Ministerio de Xustiza, ao igual que o resto de Rexistros galegos que xa dispoñían deste servizo en liña.

Asemade, a devandita oficina facilita os trámites de solicitudes dos veciños e veciñas da zona permitíndolles aos mesmos enviar as súas peticións a través do correo electrónico habilitado para tal función: registrocivil.ferrol@justicia.es.
Unha vez recibidos os documentos solicitados, os operarios encargados de facelo envíanllos por correo postal e en papel a cadanseu solicitante, sen custe algún para el ou ela.

Este paso supón un novo chanzo no proceso de informatización e modernización da oficina rexistral, a máis empregada a diario polos cidadáns nos xulgados, e prevese que sexa tamén imprantado nos demais rexistros civís da comarca, dependentes dos xulgados de paz en cada municipio.

Xa hai cousa de un ano que o Rexistro Civil de Ferrol realiza todas as súas inscricións en base informática e ten dixitalizados ducias de libros rexistrais (de 1950 en diante), porén os funcionarios poden extraer tamén con medios informáticos calquera certificación que lles soliciten os veciños de maneira rápida e cómoda, evitando as obsoletas fotocopias.

Pese aos seus avances no proceso de dixitalización de documentos, este Rexistro Civil (ao igual que moitos outros en Galicia e España) aínda ten moitos libros rexistrais en papel polo que entre as súas prioridades atópase agora o de “acadar a súa plena dixitalización e informatización en Rede”.

Máis dunha ducia de concellos compartirán sistema de administración electrónica

Os concellos da área metropolitana de Vigo, máis Ferrol, Sanxenxo e Marín implantaron o sistema Cividas, desenvolvido pola empresa Imatia, nacida da Universidade de Vigo. Tamén fan uso deste sistema a Deputación de Pontevedra e a Junta de Castela e León.
Administración electrónica

A lei obriga a que en 2010 desapareza o papel dos concellos e a implantar definitivamente a administración electrónica local. Imatia encargouse de que 15 concellos galegos estean preparados, mediante o sistema Cividas.

Segundo informa o Faro de Vigo, o servizo permitirá, ademais de que a cidadanía consulte os expedientes e achegue documentación dende o seu fogar a calquera hora, que se axilice a xestión interna e se aforren custos económicos e ambientais, por reducir o uso de papel.

O software fará posíbel que o funcionariado comprobe en tempo real a fase en que se encontra cada proceso e transmitirllo ao veciño ou veciña. Ademais, segundo declarou o director xeral de Imatia e profesor da Universidade de Vigo Fernando Vázquez "hai estudos que demostran que canto máis se informativa a Administración, máis se reduce a corrupción".

O sistema tivo como xermolo un proxecto implantado en 2005 no concello vigués. Segundo explicou Vázquez, "as facturas pasáronse de cobrar en seis meses ou nun ano a 60 días". A Comisión Europea e a Lei de Acceso Electrónico de 2007 espertaron o interese dos concellos, o que propiciou a saída ao mercado de Cividas.

A pesar de que o seu manexo é sinxelo, será preciso poñer en marcha cursos de formación do funcionariado, aínda que a resposta está a ser positiva. Pero o verdadeiro reto será que os concellos lle transmitan as novidades e as vantaxes do sistema á cidadanía.

Facebook supera os 200 millóns de usuarios

A plataforma para redes sociais Facebook leva uns meses nun crecemento imparable, cun forte crecemento en España e en moitos outros mercados que os levaron a chegar xa aos 200 millóns de usuarios segundo o propio fundador da compañía, Mark Zuckerberg, que ten claro que a localización da súa web foi chave neste éxito.

Para celebrar este novo momento histórico nace a iniciativa Facebook for Good, que servirá para compartir experiencias narradas polos propios usuarios deste servizo web que está a revolucionar o xeito de relacionarse a xente a través da Rede, e paralelamente pretenden achegar fondos a 16 organizacións sen ánimo de lucro (doando parte dos ingresos da tenda de agasallos de Facebook).

Entra en vigor a directiva europea de retención de datos de internet

Os operadores europeos de internet están obrigados dende este luns a reter os datos de correo electrónico, visitas a webs e chamadas telefónicas dos seus usuarios, segundo unha directiva da Unión Europea. A norma aprobouse no ano 2005, despois dos atentados que sufriran ese ano Londres e, en 2004, Madrid.

Empresas de telecomunicacións e grupos de usuarios xa amosaron a súa oposición á medida, contestada nalgúns estados europeos. A directiva require que os operadores garden os rexistros de internet durante un ano. Outra relativa a manter as gravacións telefónicas durante 12 meses xa estaba vixente. A información gardada non inclúe o contido de correos, webs nin o audio das chamadas, pero si información necesaria para determinar o contacto entre individuos. As autoridades poderán acceder a estes rexistros cunha orde.

A directiva estase a traspoñer á lexislación de cada un dos estados membros da UE. Entre os favorábeis están o Reino Unido ou o Estado Español, que inclúe esas obrigas na Lei Xeral de Telecomunicacións.

Porén, os fornecedores de servizos de internet da Unión Europea queixáronse do custo que lles vai supoñer conservar os rexistros. No caso británico, o goberno comprometeuse a compensar este gasto.

Suecia xa anunciou que ignorará a directiva, mentres que os tribunais alemáns están a estudar un recurso.

Brasil aforrou 167,8 millóns de dólares en 2008 grazas ao software libre

O software libre é por natureza social: non lle chega coa máis mínima compaña, busca sempre a meirande porcentaxe de usuarios/as. Esta é unha das moitas razóns do bo intre de forma que vive arestora: quen usa e desenvolve programas abertos vai facer todo o posible para informar a quen non os emprega das súas vantaxes. Esta é a liña do Goberno de Brasil, un dos países que máis firmemente ten apostado pola implantación do software libre no administrativo e no cidadá e, en consecuencia, maiores esforzos ten realizado a prol de que se saiba. Segundo vén de informar o Servizo Federal de Procesos de Datos (Serpro), a Administración do país irmán acadou un aforro de 370 millóns de reais (uns 167,8 millóns de dólares) en 2008 grazas á súa aposta intensiva polo código aberto a todos os niveis dos emprazamentos oficiais: sistemas operativos, navegadores de Internet, programas de correo electrónico e outras ferramentas.

Por certo que este aforro, engade o Serpro para contribuír a facérmonos unha idea sobre a magnitude do acadado grazas ao código aberto, representa o dobre có investimento dirixido a dar apoio ao sistema de declaración do imposto da renda por Internet. Amais, equivale a un cuarto do orzamento destinado á operatividade do propio Serpro.

No que se refire a usos concretos desta cantidade de cartos retida (non gastada en virtude dun menor índice de pago de royalties por licenzas de propiedade de software), sinalar que entre outras cousas posibilitou a posta en marcha de 5.000 puntos de conexión á Rede en todos aqueles recantos de país onde as novas tecnoloxías aínda non se afianzaran. Segundo engade devandito servizo estatal, o vindeiro 15 de abril haberá novidades no proceso imparable de deseño, presentación e liberalización de novos programas abertos xurdidos ao abeiro da aposta institucional: a devandita data ficará accesible a plataforma para a desenvolvemento de ferramentas informáticas Demoiselle (chamada así na honra do piloto brasileiro Santos Dumont, quen en 1907 deixou aberta para toda a sociedade a patente do avión ao que deu corpo en Francia. Na imaxe, telecentro en São Paulo.

Grande éxito de Xuventude Galiza Net 2009

A décima edición de Xuventude Galiza Net, que se celebrou por primeira vez no Multiusos Fontes do Sar en Santiago, pechou o domingo coa participación de 1.800 persoas e novidades como as conferencias, talleres e competicións de robótica.
XGN X

Segundo a organización do evento, superáronse as expectativas e respondéronse aos obxectivos de formación, socialización, emprego e coñecemento. Así, houbo presenza internacional con asistentes de Francia, Holanda, Inglaterra, Portugal e Italia.

A nivel de conferencias, estiveron presentes representantes de empresas como Microsoft, BluSens ou as compañías de videoxogos Pyro Studios e FX Interactive. Ademais, existía a posibilidade de ser escollido por algunha destas empresas para formar parte do seu equipo.

Robótica

En relación ao entretemento, en Xuventude Galiza Net os asistentes puideron programar os seus propios robots para participar, por exemplo, en loitas sde sumo ou escapar dun labirinto. Nas competicións de robótica tamén se incluíu unha carreira coincidindo co premio de Malaisia de Fórmula 1.

Entre as persoas gañadoras das diferentes competicións e concursos repartíronse discos duros multimedia, reprodutores de DivX, MP3, MP4 e ordenadores portátiles e de escritorio, achegados polas marcas patrocinadoras.

Novo espazo

Outra das novidades máis destacadas foi a visita do Embaixador de Lego, que presentou os últimos artigos da marca, aínda non dispoñíbeis no mercado español. Ademais, a lingua, a cultura e o patrimonio galegos tiveron un espazo relevante.

Un xeito alternativo de participar estivo dispoñíbel na entrada do Multiusos. Nesa Extranet situáronse os postos da Dirección Xeral de Xuventude, organizadora do evento, das distintas empresas patrocinadoras, ou a representación da Dirección Xeral da Promoción Industrial e da Sociedade da Información, a través de Mancomún. Tamén se dispuxo de espazos para xogar ás videoconsolas máis novidosas, zonas de obradoiros e outras actividades lúdicas relacionadas coa informática.

O 21 de abril inaugúrase a Biblioteca Dixital Mundial


A UNESCO e 21 institucións asociadas estrearán publicamente o vindeiro 21 de abril a Biblioteca Dixital Mundial, unha iniciativa que pretende ofrecer virtualmente manuscritos, mapas, libros, partituras, gravacións, películas, gravados e fotografías procedentes de bibliotecas e arquivos repartidos por todo o mundo e no que se traballa dende hai preto de 4 anos.

A Biblioteca do Congreso dos EE.UU. foi a promotora e desenvolvedora deste proxecto, aínda que logo foi incorporando achegas doutras entidades, de xeito que a exipcia Biblioteca de Alexandría proporcionou asistencia técnica, a Biblioteca Nacional de China subministrou información sobre osos e estrelas, a Biblioteca Nacional de Brasil fixo o propio con fotografías de América Latina… e non só as achegas veñen de todo o mundo, senón que o novo espazo dixital cultural tamén estará aberto globalmente, funcionando dende o principio en inglés, francés, español, chinés, árabe, portugués e ruso, e incorporando tamén ferramentas de tradución para facilitar a difusión dos seus contidos.

Tuenti evitará o acceso á súa web a menores de 14 anos

A Axencia de Protección de Datos (AEPD) esixiu a Tuenti que cumprise coa lexislación vixente, que prohibe a captación de datos persoais de menores de 14 anos sen consentimento paterno, ante o que dende Tuenti responderon anunciando que en 3 meses presentarán un plan para evitar que os cativos poidan acceder ao seu servizo con só mentir na súa idade.

Tamén comprometéronse a que eliminarán os datos e fotografías dos usuarios que se dean de baixa.

Javier Losada estrea blog


O alcalde da Coruña, Javier Losada, estreou un blog para comunicarse dun xeito máis directo cos seus veciños, para que os cidadáns poidan aproveitar os recursos que ofrece a Internet para aproximarse ao seu alcalde.

Este novo espazo complementaría a web oficial do alcalde, e estaría dispoñible tanto dende a web municipal como a través do nome de dominio javierlosada.es.

Polo momento, aparte de presentar o propio caderno dixital do alcalde, Losada comenta no seu blog a súa visita ás obras do Porto Exterior, dando a entender que este novo medio servirá para facer un seguimento da actividade diaria do rexedor coruñés.

O uso de internet contribúe a aumentar a produtividade laboral

O uso de redes sociais da internet como Twitter ou Facebook melloran a produtividade laboral, segundo un estudo australiano que asegura que o uso da rede en horario de oficina é proveitoso para as persoas traballadoras. Concretamente, as persoas que usan internet por motivos persoais no traballo son un 9% máis produtivas, segundo a publicación.

O autor do estudo, Brent Coker, da Universidade de Melbourne, explicou que "a navegación ociosa por internet no lugar de traballo" axuda a axustar a concentración dos traballadores, porque a xente precisa "distraerse un momento" para volver á súa concentración, declarou na web universitaria.

Eses "descansos breves e non intrusivos", como unha rápida navegación pola rede, permiten descansar a mente e levala a unha concentración neta máis alta para un día de traballo, o que contribúe a un aumento da produtividade, segundo Coker.

O estudo foi realizado entre 300 persoas empregadas, aínda que as súas conclusións coinciden coas doutros traballos que aseguran que navegar por internet mellora o rendemento do cerebro.

"As empresas gastan moitos cartos en software para impedirlles aos seus empregados ver vídeos, usar redes sociais ou mercar na rede, co argumento de que baixa a produtividade", asegurou Coker, "pero non é sempre ese o caso".

De calquera xeito, o estudo refírese a persoas que navegan con moderación, menos do 20% do tempo de traballo. Con máis exposición, "compórtanse con tendencias de adicción á internet", o que redunda nunha produtividade inferior.

O parque natural do Xurés estrea guía para o móbil


O parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés puxo en marcha unha nova páxina web na que achegan ferramentas, ligazóns e posibilidade de acceso a información que vai dende a descrición das rutas a descargas multimedia sobre actividades do parque, resultando especialmente rechamante a posibilidade de descargar unha guía do parque natural en Java para o teléfono móbil (instalable dende un navegador wap visitando parquenaturaldoxures.com/wap).

Os cativos tamén poden acceder á páxina web Imaxínate O Xurés, para poder informarse dun xeito divertido e instrutivo sobre o parque natural e a súa historia e contorno. Este espazo infantil inclúe numerosos xogos (un trivial sobre o parque natural, quebracabezas, xogo de parellas e simulador de separación do lixo) que poden amenizar a súa visita.

Comeza Xuventude Galiza Net, con presenza de Mancomún


Este venres arranca no Multiusos do Sar, en Santiago de Compostela, a décima edición do encontro informático Xuventude Galiza Net. A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información estará presente nel a través de Mancomún.
XGN

O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza disporá dun espazo propio na zona de acceso libre do Xuventude Galiza Net para dar a coñecer o seu traballo e as vantaxes do software libre a todas as persoas que se acheguen ao maratón informático.

Repetindo a mesma estrutura que tan bos resultados deu na pasada edición do XGN e na Conferencia Internacional de Software Libre (CISL) en Málaga, Mancomún compartirá a súa caseta de exposición con todos os axentes da comunidade galega de software libre. O espazo destinado a estes presentarase baixo o mesmo lema co que xa o fixera anteriormente: "Co Software Libre xogamos todos en Galiza". Esta estrutura e esta campaña, permitiulle a Mancomún sorprender na CISL, expoñendo unha estrutura colaborativa pouco común no resto de comunidades e coa cal conseguiu atraer a un gran número de interesados.

Tanto o posto da Dirección Xeral como o dos axentes -primordialmente, Grupos Galegos de Usuarios de Software Libre (GGUL)- terán como obxectivo fornecer un espazo que facilite a loxística interna; que permita a difusión de todas as actividades/materiais que se están a facer no eido do software libre; pero, e o que é máis importante, que visibilice o apoio institucional ao software libre a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza.