Concurso de Fotografía Dixital “Galicia e literatura”

O concurso xa rematou e como non se presentou ninguén a convocatoria queda deserto o premio.

Identify axuda a localizar a persoas nas redes sociais

Un engadido para o Firefox facilita a localización de perfís en distintos servizos da web social, de xeito que os usuarios que teñan instalado Identify, cando estean a visitar información en páxinas web coma Twitter, con premer a combinación de teclas ALT + i poden ver en pantalla un recadro flotante que localiza ao usuario en distintas redes sociais grazas ás API de Google Social Graph e Yahoo Query Language, o que resulta de moita utilidade para identificar a persoas ou atopar máis información sobre a súa actividade na Rede.

España convértese en líder en sinatura electrónica, con máis de 12 millóns

Segundo a Dirección Xeral de Policía, xa existen 10 millóns de DNI electrónicos en España. Con esta cifra, convértese no estado líder mundial en número de cidadáns que dispoñen de sinatura electrónica: máis de 12 millóns, se lles sumamos os certificados dixitais emitidos pola FNMT.

Os certificados dixitais correspóndense a 1.681.169 persoas físicas e a 381.286 persoas xurídicas ou empresas. Pola súa banda, o DNI electrónico incorpora a opción de activar a utilidade da sinatura dixital, con todas as posibilidades que leva consigo.

O Ministerio do Interior despregou nas máis de 300 oficinas de expedición que ten repartidas por España o novo DNI, o que supuxo "un reto inédito en seguridade, tecnoloxía, loxística e xestión empresarial".

Isto sitúa España na vangarda europea da identidade electrónica, onde tamén se atopan Austria, Bélxica, Bulgaria, Estonia, Finlandia e Italia, segundo datos da Comisión Europea. Así, un total de sete países europeos dispoñen xa de carnet de identidade dixital. Outros 22 están a estudar a súa aplicación.

Santiago recibirá en xuño a visita de 137 expertos en tecnoloxías da información de toda Europa

A Universidade de Santiago (USC) vai acoller o mes vindeiro, entre o día 23 e o 26, un dos encontros de investigación en novas tecnoloxías do coñecemento máis importantes de toda Europa. Segundo conta a USC na súa web, será a primeira vez en todo o territorio estatal que se celebre esta xuntanza, de escaso seguimento por parte dos medios xerais de comunicación pero amplamente seguida pola comunidade académico-investigadora. As cifras non deixan dúbida sobre a lonxitude do seu alcance: até 137 universidades e institucións de investigación superior de 36 países europeos estarán representadas na Conferencia Internacional da European University Information Systems (EUNIS).

A xuntanza, que foi presentada estes días nos seus máis mínimos detalles, chega con esta edición compostelá á súa 13ª edición, logo de terse desenvolvido en centros de coñecemento europeos de primeiro nivel: Inglaterra (Manchester), Alemaña (Dusseldorf e Berlín), Francia (Grenoble), República Checa (Praga), Finlandia (Helsinki), Polonia (Poznan), Portugal (Porto), Holanda (Amsterdam), Eslovenia (Ljubljana), Tartu (Estonia), e Dinamarca (Aarhus).

Por certo que a organización decidiu optar por Santiago por dous grandes motivos: polo pulo á inclusión das novas tecnoloxías no eido académico que se está a lanzar dende a USC e, tamén, pola “súa presenza activa nos distintos foros galegos, españois e europeos”.

Polo que respecta ao programa de actividades, dicir que as intervencións agruparanse en diversos bloques temáticos sobre aprendizaxe a distancia nas súas diferentes modalidades, ferramentas de portais e webs institucionais, administración electrónica, globalización e mobilidade, infraestrutura e sistemas integrados, xestión das tecnoloxías da información, novas tecnoloxías aplicadas á educación e redes sociais.

EUNIS
A European University Information Systems (EUNIS) é unha asociación creada en 1993 cuxa actividade principal é a súa conferencia anual, a cita mais importante, no contorno europeo e mundial, de reflexión sobre os asuntos vinculados ao desenvolvemento e utilización das TIC nas universidades. Na actualidade conforman a asociación 135 institucións oficiais pertencentes a 29 países europeos e Estados Unidos e Israel.

A primeira revista electrónica da USC difundirá o estudo da lingua


A publicación pódese consultar libremente na web do ILG, aínda que tamén se imprimiron 300 exemplares para a súa conservación e intercambio bibliotecario.

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentou esta cuarta feira a súa primeira revista dixital, Estudos de Lingüística Galega. O paso de dispoñibilizar esta publicación na rede responde ao interese do ILG en facer chegar a investigación científica e filolóxica sobre a lingua instantaneamente a todo o mundo, mesmo a persoas que non coñecían a existencia do idioma galego.

Segundo explicou a directora do ILG e da revista, Rosario Álvarez, a revista está "aberta a ampliar a nómina de investigadores e investigadoras que estudan directa ou indirectamente o galego", e vén complementar as outras publicacións que existían sobre o mesmo tema, ao tempo que ocupa un espazo "complementario e integrador". O seu afán universalizador reflíctese en que dous terzos do seu comité de redacción están formados por persoas alleas ao ILG.

O director académico do Servizo de Publicacións e Intercambio científico da USC, Antonio Azaustre, afirmou que "a difusión do coñecemento está condenada a ser por vía electrónica", pero que a conservación dese material "pódese facer en papel". De feito, tiráronse 300 exemplares en formato físico, fundamentalmente para o intercambio bibliotecario entre as distintas universidades do mundo.

Segundo o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, o feito de sacar a revista en formato electrónico foi un "esforzo que lles vai facilitar o traballo ás que veñan detrás", e salientou a "valentía" de lanzar unha publicación coa "ambición de ser revista de referencia", porque "hoxe non paga a pena saír cunha revista que pretenda ser unha máis".

A parte dixital de ELG pódese consultar na web do ILG, por seccións e por artigos, cada un deles con cadanseu resumo en formato texto. Ademais, cada un dos traballos publicados pódese descargar en formato PDF, así como a revista completa, de 297 páxinas. Tamén é posíbel subscribirse aos volumes que vaian saíndo mediante unha semente RSS ou por medio de avisos por correo electrónico. A consulta é aberta e gratuíta, precisamente para cumprir co seu obxectivo de difusión universal.

Obradoiros de Novas Tecnoloxías para o mes de xuño en Betanzos

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Betanzos anuncia novos obradoiros de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de xuño no concello. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

“Mecanografía”: aprender a manexar con soltura o teclado é a finalidade deste obradoiro. De luns a venres, do 1 ao 5 de xuño, de 10 a 12 horas.

“Creación dunha conta correo electrónico”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de crear e xestionar a súa propia conta de correo electrónico. Desenvolverase os días 8, 9, 10 e 11 de xuño de 9:30 a 11:30 horas.

“Recursos de interese na Internet”: coñecer diferentes webs para descubrir a grande variedade temática da Rede. Días 8, 9, 10, 11, 15 e 16 de xuño de 11:45 a 12:45.

“Alfabetización dixital: Informática e Internet”: aprender a manexar de forma básica un computador, así como acceder a Internet son os obxectivos que se perseguen. Datas: 22, 23, 24, 25, 26, 29 e 30 de 10 a 12 horas.

“Exercitar a memoria con Internet”: o usuario/a ao finalizar este obradoiro saberá como exercitar a súa memoria empregando os recursos da Internet. Os días 23, 24, 25 e 26 de 12:15 a 13:15 horas.

Asemade, está prevista a realización da charla “Pedir cita médica a través de Internet”, que terá lugar o día 15 de xuño a partires das 10 da mañá.

O prazo de inscrición para estas actividades será do 25 de maio.

Para máis información poden dirixirse ao Centro de Dinamización, sito na rúa Emilio Romay, s/n, enviar un correo electrónico ao enderezo rebeca.betanzos@dinamiza.sociedadedainformacion.eu ou chamar ao teléfono 981.771.300.

Finou María Amelia, a avoa blogueira

A autora máis veterana da blogosfera, nada en Muxía, recibira varios premios pola súa bitácora, que recibiu case 1,5 millóns de visitas en dous anos.

María Amelia, coñecida como "a avoa blogueira" finou este xoves aos 97 anos, segundo informou no seu blog o betanceiro Nacho de la Fuente. A considerada autora de bitácoras máis veterana do mundo, nada en Muxía, abriu o seu espazo na rede en decembro de 2006, como un agasallo de aniversario que lle deu o seu neto.

Despois de centos de entradas, miles de amigos, un millón e medio de visitas e varios premios, María Amelia deixa o blog. A súa saúde foi empeorando paulatinamente. A derradeira publicación fíxoa o 11 de marzo de 2009.

A Rede de Dinamización presenta a súa programación de xuño


Os Centros de Dinamización da Sociedade da Información xa están a preparar a súa programación para o mes de xuño. Ademais, coa chegada do novo mes, adoptarán o horario de verán, que os terá abertos de luns a venres de 8 a 15 horas, até o 30 de setembro. Deste xeito, as actividades desenvolveranse en horario de mañá, máis axeitado ao ritmo de vida da época estival.

Entre os centros que xa anunciaron a súa programación está, por exemplo, o de Riotorto. No mes de xuño desenvolverá un obradoiro de iniciación a internet, do 2 ao 11, de 12 a 13:30 horas. Outro curso, de procesador de textos, terá lugar do 15 ao 26, e un obradoiro de uso do rato e do teclado ofrecerase os días 29 e 30 de xuño de 10 a 12 horas.

Así mesmo, terá lugar unha charla sobre o bo uso de internet. Será o día 1 ás 9 da mañá, e estará dirixido aos máis cativos. A inscrición poderase efectuar até o día inmediatamente anterior ao comezo de cada actividade.

En Vilagarcía de Arousa, o mes de xuño iníciase cun obradoiro de iniciación a intenret, que terá lugar do 2 ao 5 de xuño. Os días 8 e 9 presentarase a actividade "Googlear, procura de informacion na internet". Do día 10 ao 12 presentarase como crear unha conta de correo electrónico con Gmail.

Do 22 ao 26, no Centro de Dinamización de Vilagarcía haberá un obradoiro de procesador de textos Writer, mentres que do 29 de xuño ao 5 de xullo amosarase como instalar, configurar e coñecer o sistema operativo Galinux e presentaranse outros semellantes, como Trisquel.

No concello de Porto do Son haberá unha charla e cinco obradoiros: Procesador de textos (do 1 ao 12 de xuño en Porto do Son e en Portosín), mecanografía (do 15 ao 26 de xuño en Portosín e do 19 ao 30 en Porto do Son), e manexo da cámara dixital (do 15 ao 18 de xuño en Porto do Son). A

Grande éxito de convocatoria da III Olimpíada Tecnolóxica de Castro Caldelas

O pasado venres, uns 140 alumnos e preto de 40 profesores de 5 centros educativos de Lugo e un de Castro Caldelas participaron na III Olimpíada Tecnoloxica celebrada na citada localidade ourensá.

Os estudantes puideron enfrontarse en 6 probas que pretenden tanto achegar aos mozos a materia de Tecnoloxía dun xeito lúdico como a promoción das relacións entre os alumnos de distintos centros.

Segundo informou o diario El Progreso, os equipos gañadores foron os integrados por Antía Fernández Vázquez, Daniel Pérez Beatriz, Elvira Huerta Carballo, Jéniffer Torrón Yañez e Marcos Vila López, de segundo curso de ESO; Alejandro Castro de Andrés, Andrea Alonso Castro, José Luis Fernández López, Laura Movilla González, Liria Pérez Vázquez e Óscar Díaz López, de terceiro, e Alejandro Paradela Barrera, Iván Pérez Souto, José Manuel Alija Arias, Noelia Rodríguez Pardo e Sarai Fernández Vázquez, de cuarto curso de ESO.

Concurso de Fotografía Dixital “Galicia e literatura”

Obxectivos e repercusión

1. Mobilizar cunha iniciativa atractiva e sinxela ao conxunto da poboación do Concello.
2. Fomentar o uso das cámaras dixitais como instrumento tecnolóxico cotiá cada vez máis común entre a poboación.
3. Fomentar o uso do correo electrónico como unha vía máis de comunicación rápida e efectiva.
4. Dar a coñecer a Rede de Dinamización.
5. Fomentar a creatividade

Descrición:

Con motivo da celebración do 17 de maio a Rede de Dinamización pon en marcha este concurso de fotografía para que todas aquelas persoas que o desexen participen nesta iniciativa lúdica e creativa.

Trátase de enviar unha fotografía dixital que exprese a súa opinión sobre a literatura galega. Deben envialo ao email da dinamizadora tendo como data límite o 28 de maio.

PARTICIPANTES

Poderán participar neste concurso todas as persoas que o desesen calquera que sexa a sua nacionalidade e residencia.

OBRAS FOTOGRAFICAS

Cada participante poderá presentar ate 2 fotografías en formato JPG e de dimensións mínimas, en píxeles de 600 x 800 , e non deberá superar os3 Mb. de carga.

Deberan ter título e ser orixinais e exclusivas do autor. Cada participante debe ser autor e propietario dos dereitos de autor da fotografía que presenta. Os participantes debenránresponder ante as reclamacións de autoría que poidan formular terceiras persoas con respecto a isto.

Todas as fotografías deben respectar o dereito á intimidade das persoas e á propia imaxe de acordo coa lei orgánica 1/1982, do 5 de marzo, de protección civil do dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar, e á propia imaxe.

Calquera fotografía que non reúna estas condicións non será admitida no concurso.

INSCRIPCIÓN E ENTREGA DAS FOTOGRAFIAS

A entrega das fotografías farase correo electrónico a rebeca.betanzos@dinamiza.sociedadedainformacion.eu incluindo os datos personais do participante ( nome, apelidos, direccion, teléfono de contacto e correo electrónico ) e o título da fotografía.

CALENDARIO

Envio das fotografías: Do 12 de Maio ata o 28 de Maio

Publicación das persoas gañadoras: a partir do 29 de Maio

O xurado do concurso pola dinamizadora S.I

PREMIOS

O premio consistirá en diverso material da Rede de Dinamización

ACEPTACION

A participación no concurso implica a aceptación das bases e da votación popular.

EXPOSICIÓN DAS OBRAS

As obras serán colgadas no blog

www.betanzosdinamiza.blogspot.com

Para mais información contacte co dinamizador/a: Rebeca Sánchez Andrade

DEZ ANOS GHASTANDO PISTA

O 18 de Maio Ghastas Pista? cumple 10 anos de existencia na rede e disponse a comezar unha nova etapa.

A intención final é crear unha pequena rede social (ou algo parecido) dentro deste portal, arredor da música galega. Con ideas tiradas de entornos como facebook, lastfm.. e outras que vaian xurdindo ou propoñades a medida que o proxecto vaia crecendo. Polo de agora podedes ir creando a vosa propia conta dentro da web.

Publican os gañadores dos Premios Webby

Un ano máis dáse a coñecer a listaxe de gañadores dos Premios Webby, que nesta 13ª edición contou con preto de 10.000 candidaturas de 60 países de todo o mundo para designar gañadores de preto de 70 categorías, entre as que predominan espazos totalmente descoñecidos para o público español. Poderiamos destacar ao británico The Guardian coma o mellor xornal, a BBC coma mellor web de novas, Club Penguin coma o mellor xogo, Flickr como a mellor comunidade e Digg coma mellor web social.

AraOS: galeguiza o teu Linux


O Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza, Mancomún, tamén celebrou ao seu xeito o Día das Letras e da Sociedade da Información, presentando unha nova versión do metapaquete AraOS. A utilidade automatiza a galeguización do sistema operativo Ubuntu, que queda, deste xeito, practicamente convertido nun Galinux. De feito, Galinux creouse a partir de AraOS.
AraOS

A versión de AraOS presentada coincide coa máis recente de Ubuntu, a 9.04, con nome clave Jaunty Jackalope. Ademais de galeguizar o sistema opreativo, modifica o seu aspecto gráfico. O metapaquete pódese instalar engadindo o repositorio de Mancomún ou descargando unha imaxe de CD para probalo sen ter que modificar o contido do disco duro.

Entre as aplicacións que traduce automaticamente o metapaquete están o Firefox, Thunderbird e OpenOffice.org, ademais de incluír como predeterminado o dicionario do corrector ortográfico en galego.

Como permite o software libre, este paquete pódese personalizar para modificar a imaxe gráfica do sistema operativo ou integrar aplicativos específicos para confeccionar unha distribución encamiñada a un sector concreto.

Máis información e instrucións para instalalo en Mancomún.

Libro-libre, portal para compartir libros en Compostela

O Concello de Compostela colabora na creación de Libro-Libre, un espello galego de bookcrosing.com, unha rede internacional de libros compartidos. O servizo permitirá 'liberar' e compartir publicacións en diversos espazos urbanos.

Esta semana naceu un punto de encontro na rede para os lectores de Santiago de Compostela, que practican o denominado bookcrossing. Toda a información está dispoñible no enderezo Libro-libre.org. A iniciativa está incluída no conxunto de actividades da Revolta das Letras, deseñada en Compostela polas concellarías de Cultura, Medio Ambiente e Cidade Histórica, e que se vai desenvolver ao longo do sábado 16 de maio en distintos espazos da cidade.

Recordou a concelleira de Cultura, Socorro García, que as propias concellarías van liberar medio cento de libros por toda a cidade durante esta fin de semana. "É unha iniciativa "reivindicativa que pretende a posta en valor do galego como unha lingua viva, amosando a rica produción cultural que dela se fornece", destacou a edil nacionalista. Internet será o punto de encontro para liberar e atopar estes volumes en diferentes lugares da capital de Galicia.

Concurso


Desde a Asociación Comunidad de Telecentros y Redes de Telecentros
acaban de pór en marcha o concurso *INTERNET Y TELECENTROS: UNA
OPORTUNIDAD PARA LA CRISIS ECONÓMICA.

*Para participar, en
http://www.comunidaddetelecentros.net/diainternet2009/ están todos os
detalles, sendo os máis destacados:

* *Proxecto ou idea*: hai dúas categorías de participación,
dependendo do desenvolta que estea a concepción da oportunidade
que oferta a Rede.
* *Máximo tres *proxectos ou ideas por participante.
* *Prazo do concurso *do 17 ao 13 de xuño.
* *Prazo votación* (on-line) do 14 ao 21 de xuño.
* *Gañador*: o 22 de xuño ás 17.00 h.

Remata "A web da semana"

Esta iniciativa pretendía:

Dar a coñecer Internet e as súas posibilidades

Descubrir novas páxinas web e contidos

Fomentar a curiosidade dos usuarios/as

Descrición

Durante tres meses cada semana darase un pequeno cartel informativo sobre unha web, nese cartel verase o enderezo, unha imaxe da web e unha descripción dos seus contidos. Todo isto complétase cun pequeno panel para poder vota (0-10) a páxina en cuestión, este panel sitúase na Aula de Informática, ainda que os que así o desexen poden votar deixando neste blogs un comentario sobre a páxina e a súa puntuación.

Finalizados os tres meses farase un reconto dos votos que cada web conseguíu para ver cales foron as preferidas dos usuarios e usuarias do Concello de Betanzos.

Rematados os tres meses varias foron as webs que participaron nesta iniciativa e que foron puntuadas polos usuarios/as. Aquí están as participantes de maior a menor puntuación.

* Un geek en Japón

* Fogonazos
* Blog de Cine
* Photos That Changed The World
* Por mis fogones
* Patrimonio Cultural Galego
* Enciclopedia Galega Universal
* Biblioteca Digital Mundial
* A nosa arte

Rei Zentolo, gañadora duns dos premios ás mellores webs galegas

A iniciativa, organizada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, escolleu a Jujel.es, o clon galego do buscador Google, como mellor web informativa. Nesta categoría, o portal de envío de novas Chuza! quedou segundo e a web do diario Xornal de Galicia terceiro.

Na categoría de mellor web empresarial o gañador foi Rei Zentolo, a empresa de venda de camisetas cos slogans galegos. Rei Zentolo venceu os outros candidatos, o Bar Aturuxo e Gadis, pola web da súa campaña de Vivamos como Galegos.

Blogaliza, o servizo de aloxamento e promoción de blogs en galegos, triunfou na categoría de páxinas culturais, diante de Flocos.tv e do portal do Festival de Cans, ambas as dúas adicadas ao audiovisual.

No eido das páxinas musicais gañou o Consello da Cultura, coa canle especializada MEGA. Detrás ficaron a web Galiza Electrónica e do sello discográfico A Regueifa Plataforma. O Consello da Cultura tamén gañou entre os portais institucionais.

'Vespadicto', unha bitácora sobre a recuperación destes vellos modelos de motocicletas, é a vencedora na categoría de blogs. No segundo lugar quedou 'Apocalipse do porco' e en terceiro 'Malmequer'. Por último, entre as páxinas das axencias de publicidade a gañadora foi Mabel Aguayo.

O Campus de Elviña acolle esta semana obradoiros de iniciación ao GNU/Linux


A Universidade da Coruña vai organizar esta semana unha serie de actividades de interese para todas aquelas persoas que anden estes días pola cidade e que, a maiores, teñan dúbidas básicas sobre a programación aberta e o que significa dentro da Sociedade da Coñecemento. O programa de accións a desenvolver, para ir achegando dende o real respostas do que representa este tipo de ferramentas informáticas no virtual, estará dispoñible ao cen por cen para o público xenérico. As actividades correrán a cargo da Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña e consistirán nun obradoiro gratuíto de instalación dun sistema operativo GNU/Linux.

O taller, segundo informa a UDC, comezará cunha charla introdutoria do que é a programación aberta, e que supón o seu uso e calses son as súas vantaxes fronte á privativa. De seguido, os organizadores do obradoiro procederán á instalación e configuración básica do dito sistema, para o que se recomenda que cada asistente traia o seu portátil e faga a súa propia instalación, proceso que (advirten os responsables da actividade) non constituirá a eliminación do sistema operativo anterior, ao permitirse un arranque dual.

Posteriormente, trazarase unha traxetoria polas opcións de configuración máis recentes, como que é a configuración, tanto por fíos como sen eles, da rede, elección da lingua, xestión das actualizacións, achega de novos programas, etc. “Todo isto de xeito gráfico, interactivo e moi sinxelo”, advirten os responsables da proposta. Para finalizar, enganden, levarase a cabo unha introdución ás ferramentas de emprego común: navegadores en liña, programas de ofimática, tratatamento de imaxes, xestor de arquivos ou reprodutores multimedia, entre outros.

O obradoiro impartirase dúas veces: mañá xoves e pasado venres, dende as 17.00 horas até as 20.00 horas no primeiro andar do edificio CITIC, situado no Campus de Elviña.

As marcas sedúcennos… tamén na Rede


Se ata o de agora os anuncios das grandes marcas nos aparecían ata na sopa, invandindo tódolos recunchos habidos e por haber do noso entorno (valos, autobuses, televisión, radio, packaging, folletos, carteis…) para darnos a coñecer os seus “marabillosos” produtos e servizos, que non farán agora que o fenómeno das redes sociais satura case todo o tempo libre dos nosos e das nosas adolescentes?

Pois ben, como era de agardar, as grandes marcas (sobre todo as que teñen como público obxectivo as persoas novas, usuarias de Internet e das novas tecnoloxías e afeccionadas aos dispositivos electrónicos e aos videoxogos), non deixaron pasar este “boom” e apuraron a facerse ver onde máis tempo pasan estes adolescentes: na Rede.
Pero ata que punto é efectiva a publicidade en liña?, prestan atenciónos internautas ás mensaxes que insiren os anunciantes nas súas contas de usuario? iso foi o que se preguntou Microsoft cando lle encargou a Synovate a realización dunha enquisa global, da que a compañía vén de dar conta.

O devandito estudo revela que os mozos e mozas usuarios de Internet “están dispostos a interactuar e comprometerse coas marcas como parte das súas actividades cotiás en liña”. Cando se lles preguntou acerca do seu compromiso coas marcas en liña durante o último mes, case un tercio (28 por cento) tiña faladod unha marca nun foro ou rede social, preto dun cuarto (23 por cento) tiña engadido comentarios relacionados coa marca ao seu servizo de Messenger e do redor de un de cada cinco (19 por cento) engadira contidos dalgunha marca á súa páxina de inicio ou rede social.

A enquisa Young Adults Revealed, realizada a 12.603 mozos e mozas de entre 18 e 24 anos, e procedentes de 26 países de todo mundo, proporciónalle, non só a Microsoft (que foi a que encargou o estudo) senón a tódalas marcas e anunciantes, un coñecemento valioso das condutas en liña deste grupo demográfico, que pasa de media 2,5 horas do seu tempo libre conectado a Internet. Estas persoas afirman que non só fan “clic” regularmente en publicidade en liña (47 por cento), senón que, asemade, acceden a información sobre marcas ou produtos a través de portais (18 por cento) e interactúan coas marcas (case un cuarto deles, un 24 por cento, xa cargaron activamente anuncios publicitarios ou de marketing en redes sociais e portais de vídeos no pasado mes).

Hábitos en liña dos máis novos e novas

As redes sociais veñen de converterse nun espazo natural onde socializar máis alá do espazo físico e os mozos e mozas españois sóen pasar preto de 6 horas á semana neste tipo de “sitios on line”.

Isto supón para as marcas a oportunidade de conectar con este segmento da poboación de distintas maneiras, ben mentres realizan as súas actividades virtuais ao longo do día, tales como revisar a súa conta de correo (o 94 por cento fano regularmente), ler temas de actualidade (80 por cento), acceder á descarga de música, películas ou xogos (76 por cento) ou chatear a través da mensaxería instantánea (76 por cento).

Se aplicamos estes resultados aos mozos e mozas españois, temos que no último mes, case 3 de cada 4 rapaces e rapazas visitaron a web dalgunha marca ou algunha compañía e, ao igual que o resto dos enquisados, signifícanse a través do consumo e adquiren a súa identidade colectiva a través da Rede.

Internet converteuse nun lugar natural eles onde eles adquiren a súa identidade colectiva, un espazo de expresión comunitario que os identifica e conforma. As marcas non poden obviar esa realidade e deben aproveitar as ferramentas TIC e os portais en liña para facilitar esas vías de relación e darse a coñecer da maneira máis espontánea posible.

Por outra banda, tamén hai que ter en conta que o acceso a Internet a través do móbil é una práctica cada vez máis popular entre os e as adolescentes de hoxe en día e, neste senso, a enquisa revelou que máis dun tercio dos enquisados empregan o seu terminal para navegar mentres se desprazan (34 por cento). As actividades en liña máis habituais que realizan dende os seus teléfonos móbiles inclúen:

1.Escoitar a radio (15 por cento)
2.Acceder a xogos (13 por cento)
3.Visitar sitios de redes sociales (11 por cento)
4.Ver secuencias de videos (10 por cento)
5.Ler sobre deportes (9 por cento)

Young Adults Revealed realizouse entre xuño e xullo do pasado ano e para a súa elaboración entrevistáronse a persoas en Bulgaria, Francia, Alemaña, Grecia, Italia, Noruega, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, España, Suecia, Turquía, Reino Unido, Australia, Brasil, Canadá, China, Exipto, Xapón, México, Marrocos, Nova Zelanda, Arabia Saudí, Sudáfrica y os Estados Unidos.

Google incrementa as súas opcións de busca

Google presentou durante o vento Searchology unha serie de novas ferramentas para o seu servizo de busca web, entre as que destaca a posibilidade de despregar á esquerda dos resultados de busca unha serie de opcións que permiten limitar os resultados segundo o tipo de contido (imaxes, vídeos, comentarios en foros, análises de produtos…) ou a súa data de publicación, podendo tamén elixirse entre novos modos de presentación: buscas relacionadas (que suxire novas consultas), Timeline (que sitúa os resultados no tempo) e unha orixinal Wonder Wheel, que distribúe buscas relacionadas en nodos (presentados graficamente) polos que podemos navegar para chegar a distinta información publicada na web dun xeito bastante curioso.

Google tamén incorpora aos resultados de busca elementos que chama snippets e que permiten dar información de utilidade como amosar valoracións dos clientes de restaurantes ou o seu rango de prezos (algo que polo momento só está visible para uns poucos establecementos, coma o Drooing Dog Bar B Q, do que podemos ver que ten puntuacións positivas en Yelp.com sen ter que visitar tal web). Esta nova funcionalidade medrará segundo os responsables de certas páxinas web vaian adaptando certos estándares e microformatos que permitan a Google achegar a súa información para tela en conta nos resultados de busca (e que Google pretende aproveitar para mellorar as buscas de críticas, perfís persoais, negocios e produtos).

Google organiza un concurso fotográfico

A páxina personalizada de Google , iGoogle, leva tempo permitindo personalizar a súa aparencia mediante un bo catálogo de deseños cada vez máis condados, que vai ampliarse en boa medida grazas ás obra que se presenten ao Concurso de Fotografía de Google organizado en colaboración coa Galería Saatchi de Londres, e que permitirá que os estudantes de educación superior de todo o mundo poidan presentar ata o 31 de maio fotografías que poderán optar a un grande premio de 5.000 libras esterlinas e unha invitación para pasar un día co fotógrafo Martin Parr.

Amais, os 36 mellores proxectos serán seleccionados para unha votación pública (e incorporaranse coma temas seleccionables de iGoogle), de xeito que os 6 primeiros cualificados viaxarán a Londres para presentar a súa obra na noite inaugural da exposición que terá lugar na Galería Saatchi, e das que un panel de críticos e artistas decidirán ao gañador.

Industria prepara unha exposición interactiva para celebrar o Día de Internet


No marco da celebración da quinta edición do Día de Internet o vindeiro 17 de maio, data sinalada no noso calendario xa que tódolos galegos e galegas honraremos o recordo do que fora o primeiro presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Piñeiro, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio vai organizar unha gran exposición na Praza de Felipe II de Madrid, coa fin de achegarlle á cidadanía as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e mostrarlle de xeito práctico as vantaxes que aporta o seu uso na vida diaria.

Esta exposición, cuxo lema é Sube ao tren de Internet, poderá ser visitada dende o 14 ao 17 de maio, catro intensos días nos que se porán en marcha distintas actividades que buscan a participación cidadá no eido das TIC e Internet.

Estas actividades vanlle prestar especial atención a colectivos con menor facilidade de acceso ás TIC, como son os maiores de 55 anos, os e as inmigrantes e as persoas con discapacidade, que contarán con áreas e demostracións especialmente enfocadas a eles.

No evento tamén haberá un espazo orientado aos profesionais, especialmente autónomos, emprendedores e micropemes, moitos dos cales, segundo afirman os organizadores, “aínda non coñecen as oportunidades e posibilidades que supoñen as TIC para aumentar a competitividade dos seus negocios e precisan axuda para aproveitarse das infraestruturas tecnolóxicas existentes”.

A entrada e participación nas actividades será totalmente de balde e algunhas das áreas máis destacadas serán as das demostracións do funcionamento das TIC (TDT, entornos multimedia…) e de Internet (redes sociais, identidade dixital, procura de dominios…) así como as da administración dixital e os xogos seguros na Rede (con vistas aos máis cativos) onde os visitantes poderán interactuar coas ferramentas dispoñibles.

O nome da exposición, Sube ao tren de Internet, está directamente relacionado co xeito no que esta foi deseñada posto que se trata dunha gran estación ferroviaria dedicada ás TIC, que conta cunha carpa central dende a que parten os diversos espazos nos que se organizan as actividades.

O evento conta cun amplo equipamento audiovisual que inclúe ordenadores con conexión ADSL, grandes pantallas de plasma, equipos con TDT integrada e puntos de información móbil, entre outras cousas e pode ser visitado en horario ininterrumpido de 10:00 a 20:00 horas.

Este evento súmase ao conxunto de iniciativas que de xeito continuo desenvolve o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio dentro do Plan Avanza2 para contribuir ao fomento e desenvolvemento da Sociedade da Información no noso país.

Google Maps permite consultar cámaras web de todo o mundo


O servizo de mapas de Google leva tempo incorporando capas con información adicional que facilitan o acceso a fotografías, vídeos, entradas da Wikipedia e, agora tamén, cámaras web instaladas ao longo de todo o mundo. Esta nova opción inclúe unhas nove mil webcams sacadas do catálogo en liña webcams.travel, permitindo así achegar imaxes en tempo real de boa parte do mundo.

Esta posibilidade permite viaxar por todo o mundo sen moverse de diante do ordenador, cunha grande variedade de resolución e frecuencia de actualización das imaxes presentadas, que en boa medida serven para satisfacer a curiosidade dos usuarios, que podemos ver se o día está nubrado, unha praza ten moito público ou hai moito tráfico ao outro lado do mundo.

“LETRAS NA REDE”


* Un total de 18 grupos de alumnos de primaria e secundaria, entre outros, conectaranse por videoconferencia a través da Rede de Telecentros de Comunicación para homenaxear a grandes autores galegos, con lecturas, escolmas e teatro.

* A actividade está enmarcada dentro da campaña “Comunícate” co obxectivo de dinamizar a Rede de telecentros de Comunicación de Galicia.

CALENDARIO DE ACTIVIDADE “AS LETRAS NA REDE”

Luns 11 de Maio. De 11:30 a 12:30 h - videoconferencia entre o CEIP nº1 de Melide e o CIP Xulio Gurriarán de O Barco de Valdeorras.


Martes 12 de Maio- De 11:30 a 12:30h -videoconferencia entre o CIP de A Cañiza e o CEIP X.Gurriarán de O Barco de Valdeorras.


Martes 12 de Maio- De 18:00 a 19:30h - videoconferencia entre a Escola Municipal de Teatro de Lalín e o IES de Chapela (Redondela).


Mércores 13 de Maio- De 11:30 a 12:30h.- videoconferencia entre o IES Leiras Pulpeiro de Lugo e o Colexio Pérez Viondi de A Estrada.


Mércores 13 de Maio- De 11:30 a 12:30 h- videoconferencia entre o IES Fontem Albei de A Fonsagrada e o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz.


Xoves 14 de Maio- De 11:30 a 12:30h -videoconferencia entre o IES Vilar Ponte de Viveiro e a Compañía de Teatro “Vainodentista” de Santiago(Aula do Centro Multimedia de Galicia).


Xoves 14 de Maio- De 10:15 a 12:00 h- videoconferencia entre o CEIP San Marcos de Abegondo e o CEIP San Vicenzo de Vimianzo.


Venres 15 de Maio- De 12:30 a 13:30 h- videoconferencia entre o CEIP Martagona de Melide e o CEIP Sigüeiro de Sigüeiro (Oroso).


Venres 15 de Maio- De 18:00 a 19:30 h- videoconferencia entre os nenos de Primaria da Biblioteca Pública Municipal de Verin con componentes da AA.VV Mogor e a Residencia da Terceira Idade de Marín.

O proxecto e-Hospital recibe un premio da Comisión Europea

O proxecto e-Hospital, desenvolvido polo grupo de investigación en Tecnoloxía Educativa da USC coa colaboración do Cesga, acaba de recibir o European Lifelong Learning Award, un galardón que lle entregou este xoves a Comisión Europea.

O organismo comunitario seleccionou e-Hospital como un dos tres proxectos Grundtvig máis destacados de Europa, en recoñecemento pola súa contribución á innovación e á creatividade.

Coa colaboración do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) e do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, o principal obxectivo do proxecto é crear e avaliar a viabilidade da formación continua mediante e-learning a pacientes adultos hospitalizados de longa duración.

A entrega do premio tivo lugar en Praga, no decurso da Conferencia Europea sobre Innovación e Creatividade no Programa de Aprendizaxe Permanente. Recolleron o premio a profesora da USC Carmen Fernández Morante e o coordinador do Consorcio internacional que apoia o proxecto, Holger Bienzle.

e-Hospital foi un proxecto financiado durante os anos 2005-2008 pola Comisión Europea dentro do programa Socrates/Grundtvig, no que participaron institucións educativas de Austria, Francia, Alemaña, Polonia, Suíza e España. O grupo da USC, coa colaboración do Cesga, como institucións participantes españolas, deseñaron e desenvolveron un curso piloto de formación continua a través de blended-learning (modalidade de aprendizaxe que combina a formación presencial e a non presencial co uso das novas tecnoloxías e Internet) denominado 'e-Hospital: Curso básico de alfabetización dixital', dirixido a pacientes lesionados medulares do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Ao termo deste, a USC outorgou os correspondentes diplomas acreditativos de realización do curso a trece alumnas/os que realizaron con éxito a experiencia formativa.

A experiencia piloto xa fora recoñecida en 2007 co premio Computerworld que outorga unha relevante publicación do sector das Telecomunicacións, onde se destacou o labor do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña como a institución pública que máis impulsou ese ano o uso das TIC para o benestar dos cidadáns. Tamén o Observatorio de Buenas Prácticas Universitarias e Compromiso Social da Global University Network for Innovation (GUNI) promovido pola UNESCO, United Nations University (UNU) e a Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), seleccionaron o estudo piloto español como exemplo de "Buena Práctica". No ámbito internacional o proxecto foi galardoado hai uns meses co mais prestixioso premio á educación de adultos que concede o Ministerio de Educación, Ciencia e Cultura de Austria como a iniciativa con maior potencial innovador para a educación de adultos de entre 66 propostas presentadas ao galardón.

O Imserso e o Csic presentan un servidor cartográfico de Servizos Sociais


O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais puxo en marcha un servidor cartográfico en internet para as persoas maiores, as súas familias e as persoas empregadas en servizos sociais. O servizo é de libre acceso e permite localizar nun mapa as residencias, centros de día, teleasistencia e atención a domicilio.
SigMayores

A ferramenta está dispoñible no enderezo www.sigmayores.csic.es e ofrece datos como a distancia entre o fogar da persoa e o centro seleccionado. Facilita a busca entre máis de 22 mil recursos para maiores, por comunidades autónomas ou por cidades e forma parte do Portal Maiores.

Outro dos datos que ofrece o servidor cartográfico é o número de prazas que ofrece cada centro, os servizos que ofrece e os datos de contacto. A información interactiva de cada recurso pódese consultar, ademais, con Google Earth e Google Maps, ademais de imprimir ou enviar por correo os mapas.

O herbario da USC recibe unha distinción pola súa dixitalización

O Herbario da USC, SANT, que se pode visitar virtualmente a través da web, foi recoñecido como 'protagonista do mes' do Nodo GBIF do Estado Español. Deste xeito, valórase a súa informatización, os avances na posta a disposición da información contida nel e os seus esforzos na divulgación botánica.

GBIF é o portal de internet máis visitado da Península Ibérica relativo á biodiversidade, con catro millóns de rexistros de herbarios e de museos de Historia Natural, entre os que se atopa o Herbario SANT.

A colección, dependente da Vicerreitoría de Investigación e Innovación da USC, agrupa espécimes vexetais desecados e conservados, etiquetados como un material para o estudo da flora e da vexetación. Practicamente todo o catálogo da colección de plantas vasculares e de algas do SANT pódese visitar dende gbif.es e gbif.org. Ao longo de 2009 espérase incluír tamén os ficheiros de liques e de musgos. As catro coleccións conteñen preto de 95 mil exemplares.

O herbario estreouse na rede en novembro de 2008, coincidindo coa Semana da Ciencia.

OpenOffice.org 3.1 xa en galego

A poucos días para o 17 de maio, Mancomún infórmanos dunha nova versión de software na nosa lingua. O paquete ofimático libre OpenOffice.org 3.1.0 xa está traducido ao galego. O software pódese descargar dende a web de OpenOffice.org en galego.

O programa está disponible en versións para Windows, Linux e Mac Intel. Segundo informa o Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Mancomún, a interface da suite está traducida ao 100%, aínda que a axuda só o está ao 71 por cento. Para a seguinte versión do software, a 3.2, cóntase con acadar a totalidade de localización da axuda.

Algunhas das novidades desta versión son melloras no aspecto en pantalla, arrastre máis doado de gráficos, mellora no trabado dos ficheiros compartidos, superliñado, realzado de texto máis visible, comentarios ou a mellor integración da verificación ortográfica.

A Rede de Dinamización tamén se prepara para o 17 de maio


A Rede de Dinamización da Sociedade da Información ten previstas diversas actividades para conmemorar o Día das Letras, da Internet, das Telecomunicacións e da Sociedade da Información o vindeiro 17 de maio. Algúns dos centros xa avanzaron cal será a súa programación.

Así, en Boborás poñerase en marcha As Letr@s Galeg@s na Rede, unha iniciativa que aspira a fomentar o uso da nosa lingua no ámbito das Novas Tecnoloxías, coñecerr algo máis sobre a vida e obra de Ramón Piñeiro e fomentar a participación da poboación. O programa desenvólvese do 4 ao 29 de maio.

No centro de Castrelo de Miño abriuse un blog que, ademais de fomentar o uso da lingua na rede e de fomentar a participación cidadá, pretende recompilar palabras e ditos xa esquecidos. A bitácora abriuse o 8 de maio e seguirá a recoller contidos até o 31 de maio, cando se elixirá a palabra ou dito máis orixinal.

En Caldelas ideouse a iniciativa Adiviña Cal-del@s!!, un concurso coa participación de cinco asociacións da comarca por grupos de seis a sete persoas. Nunha primeira parte, cada grupo coñecerá o funcionamento dos buscadores de internet e da mensaxería instantáne, para despois conectárense, no segundo día, co Centro Comarcal Terra de Caldelas e adiviñar determinados aspectos de Galicia mediante preguntas que só se poidan responder cun si ou cun non. O grupo que acerte en menos tempo gañará un lote de artigos da Rede de Dinamización. Será do 12 ao 29 de maio.

A proposta do Centro de Dinamización de Poio chámase Enréd@-t muller. Trátase dun obradoiro dirixido a mulleres en risco de desvantaxe social por careceren de coñecementos informáticos. Ás asistentes entregaráselles a guía Que pode facer internet por min e como. Cada día do obradoiro traballarase un tema diferente das fichas que se inclúen na guía. O obxectivo é acadar a igualdade de xénero na Sociedade da Información.

En Sada púxose en marcha 2.0 en internet, unha iniciativa que pretende crear, compartir e xerar contido na rede. Cada persoa usuaria do centro de dinamización colaborará cunha achega persoal relacionada coas Letras Galegas. As colaboracións subiranse ao blog da aula de Sada. Tamén se desenvolverán obradoiros para fomentar a participación.

"A miña mascota" Iniciativa


RELATO E FOTOGRAFIA DUN DOS PARTICIPANTES NA INICIATIVA A MIÑA MASCOTA. RECORDAR QUE O DÍA 14 DE MAIO COÑECERASE O GAÑADOR DESTA INICIATIVA. MOITA SORTE.

Na nosa casa despois de cear, disfrutamos da sobremesa e dun pouco de música de guitarra coas nosas mascotas voadoras. Son paxaros mitolóxicos: Zeus, Helios e Selene; azul, amarelo e branco. O noso pequeniño é o rei do Olimpo, pero aínda non sabe voar, e está recibindo leccións das súas irmás. Cando está nas nosas mans, véñeno protexer, non saben que lle facer…

De mañán , ao erguerme xa son ben recibido: pían e pían ata que lles poño o seu almorzó: o seu anaco de laranxa e as súas galletas; fáltalles o leite para almorzaren coma min. Pero aínda non acabaron de me rifar, quérense bañar e ata que os meto debaixo do grifo seguen esbardallando; queren tamén dar un paseo pola cociña para estiraren as súas ás. Pero sonche destructivos: roe que te roe a parede branca, sempre hai que espantalos porque deixan pegadas por todos os currunchos, incluidas as plumiñas e excrementos que aparecen por todas partes. Menos mal que os lava miña nai…Así é un día dos nosos, si que fan boa compaña!

Día das Letras Galegas

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, levará a cabo diversas accións no concello de Betanzos para achegar as Novas Tecnoloxías ao conxunto da poboación do concello e promover o seu uso e disfrute. Trátase de 3 relatorios gratuítos que tratan temas relacionados coas Novas Tecnoloxías.

“Saúde na Rede: aprende a solicitar a cita médica a través de Internet”: pretende dar a coñecer os recursos de saúde que ofrece a Internet e aprender a solicitar unha cita médica. Levarase a cabo o luns, 25 de maio a partires das 11 horas.

“Organiza a túa viaxe grazas a Internet” opta por mostrar cómo se pode organizar unha viaxe empregando os recursos da Rede. Será o martes, 26 de maio a partires das 11 horas.

“A prensa en Internet”, para manterse informado usando a Rede. Terá lugar o mércores, 27 de maio a partires das 11 horas.

Tamén están programadas dúas charlas en colaboración co concello de Betanzos sobre a seguridade en Internet. Unha está dirixida a nenos de entre 8 e 12 anos e pais e nais, que se levará a cabo o luns 25 de maio a partires das 19:00 e tamén o martes, 26 de maio no mesmo horario. A seguinte charla está dirixida a pais e nais e trata sobre a protección dos menores fronte aos perigos da Rede. Esta charla levarase a cabo en dúas partes, unha o mércores 27 de maio a partires das 19:00 e outra o día seguinte á mesma hora.

Asemade, está prevista a realización dun concurso de fotografía dixital para todas aquelas persoas que desexen participar. A temática da fotografía debe expresar a opinión sobre Galicia e a literatura. As bases están recollidas na web da Rede de Dinamización (www.rededinamizacion.eu)

Arranca +internet+galego+futuro 2009


A Consellería de Economía e Industria organiza, un ano máis, a campaña +internet+galego+futuro, co gallo do Día Mundial de Internet, das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que coincide ademais co Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

A web da campaña, que xa está activa, ofrece información sobre o autor ao que se lle rende homenaxe este ano, Ramón Piñeiro, e mais sobre as actividades que se van desenvolver para a difusión da lingua e da Sociedade da Información.

Na páxina inclúense, ademais, noticias en relación co idioma e coas novas tecnoloxías. Unha das principais novidades desta edición é un concurso. Entre todas as persoas que se inscriban na web, sortearanse, cada día, sete memorias USB.

Xornada sobre a innovación en Vilagarcía de Arousa


No ámbito da 1ª Semana Europea das PEME a Fundación CEER (ente formado polas universidades públicas de Galicia e o norte de Portugal) organiza as xornadas de traballo As 5 W’s da innovación, evento dirixido a empresarios, profesores e alumnos do ensino superior, persoal das Cámaras de Comercio, empresas e asociacións empresariais, axentes de desenvolvemento local e outras persoas interesadas, que contarán coa participación de representantes das oficinas de innovación das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo, UTAD, Minho e Porto, para informar do papel das universidades como xeradoras de coñecemento e innovación.

Tuenti ultima o seu novo deseño


A plataforma de redes sociais española Tuenti, moi popular entre mozos de entre 15 e 25 anos, está a preparar un redeseño, que actualmente está en probas, e do que xa publicaron un par de capturas de pantalla para dar unha impresión das súas novidades, entre as que estaría a posibilidade de cambiar o estado do usuario (coma se fai en Facebook), un novo xeito de carga de contidos e un novo reprodutor de vídeo.

A Disney publicará as súas series de televisión en Hulu


Disney chegou a un acordo para publicar programas de televisión na plataforma Hulu (actualmente o 3º portal de vídeo nos EE.UU., a piques de chegar á 2ª posición), de xeito que tras a fiestra de exclusividade dos contidos na NBC e na Fox, pasarán a poder verse a través da Internet, nunha plataforma que está a trunfar alí onde YouTube fracasa: os contidos profesionais.

Aínda que YouTube supere esaxeradamente a calquera outro portal de vídeo (cun volume de reproducións nos EE.UU. que multiplicaría por 15 o de Hulu), economicamente é unha ruína, pois non consegue capitalizar os seus contidos como para poder pagar os seus gastos de largo de banda (estimados nun millón de dólares/día), mentres que Hulu é capaz de conseguir maiores ingresos por ter un enfoque moito máis tradicional e próximo á televisión, converténdose na plataforma de facto para as series de televisión na web.

A guerra polo vídeo na Internet está lonxe de rematar, pero Hulu demostrou que a posición líder de YouTube non é inamovible, e dende Google deberían tomar nota e reaccionar para evitar que os seus competidores distribúan os contidos profesionais e de calidade, mentres que YouTube queda cos contidos xerados polo usuario, cun atractivo moi inferior.

O falso mail de ‘promocións McDonald’s’

Facua-Consumidores en Acción denunciou ante o Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil un novo caso de ‘phishing’ que utiliza á cadea de comida rápida McDonald’s para obter datos bancarios de usuarios de Internet.

A páxina web da cadea en España xa anuncia ós seus usuarios nun comunicado a fraude da que está sendo obxecto.

Segundo explicou Facua, o intento de fraude consiste nunha
mensaxe de correo electrónico que simula ser enviado desde McDonald’s España a través da dirección ‘promociones@mcdonalds.es’, e que invita a encher unha
‘falsa enquisa’ de satisfacción co ingreso de 50 euros como reclamo. Tras encher a enquisa nunha páxina web que utiliza o logotipo da cadea de hamburgueserías, solicítase ó usuario todos os datos do seu cartón de crédito ou débito, incluído o PIN, e indícaselle que tras este procedemento se lle fará unha transferencia co seu agasallo.

Blogaliza está de re-estrea


A plataforma de publicación de blogs en galego muda o seu formato e achega novidades.

Abre o maio con importantes novidades no blogomillo, cuxo máis coñecido punto de encontro, a comunidade de blogs en galego Blogaliza sacou á luz a anunciada nova versión.

Polo momento inclúe novas culturais con actualización diaria, recollendo diversas sementes, entre elas a de Vieiros. Ao tempo, prevén novas seccións irán aparecendo progresivamente, e de momento temos xa á vista a de Letras. Do mesmo xeito, podemos seguir consultando o último do publicado na extensa familia de blogues na nosa lingua.

Blogaliza mantén o compromiso de que os blogs sigan a ser de balde e sen publicidade, agás nas portadas temáticas, que contarán con anuncios para contribuír á viabilidade da plataforma.

Un novo buscador revolucionará a rede

A sociedade do inmediato promete selo aínda máis grazas ao "Wolfram Alpha", un poderoso motor de procura de coñecemento cuxa investigación se mantivo en segredo durante anos e que verá a luz da rede a finais de maio. A gran innovación deste programa constitúea a capacidade de resolver preguntas concretas no momento. Así, pode calcular o PIB de calquera país ou a altura dun cumio, resolver ecuacións matemáticas complexas, ou achegar respostas precisas a cuestións científicas, se llo pedimos. As consecuencias son aínda impredecíbeis pero moitos as agoiran tan revolucionarias como as do propio Google.

O proxecto funciona través da linguaxe natural, o que significa que recoñece as interrogacións directas. Implica que o que teremos que facer para saber, por exemplo, canto choverá en Lugo, é preguntarllo directamente. Non porque dispoña dunha gran listaxe de respostas, senón porque é capaz de calculalas a partir dunha serie de bases de datos e de algoritmos.

O seu creador, Stephen Wolfram presentouno no seu blog o 5 de marzo, e tan só dous días máis tarde aparecía unha nota en Twine firmada por Spivack, explicando o proxecto. "A comparación fala por si mesma -escribe-; Google recupera simplemente os documentos baseados en buscas de palabras clave. Google non entende a pregunta ou a resposta, e non computa as respostas baseadas nos modelos de varios campos do coñecemento humano. "Wolfram Alpha" crea para pór ao alcance do usuario coñecemento experto de gran complexidade".



O medo á intelixencia artificial

A sensación de que a intelixencia dos supercomputadores acabará por dominar o planeta ocupa metros de celuloide e toneladas de páxinas de libros na aínda curta historia da informática -a famosa Xogos de Guerra, ambientada nos últimos anos da Guerra fría, co heroe hacker e o profesor salvador, é a responsábel de que moitos hoxe se dediquen á profesión-. "O medo está aí", escribe Spivack, pero "non hai risco de que o "Wolfram Alpha" chegue a asumir o control o mundo".

Porque "Tan intelixente como parece", o "Wolfram Alpha", "non ten un sentido do eu ou as opinións ou as sensacións". Non é intelixencia artificial tal como adoi-tamos entendela; é dicir, non é unha simulación dunha mente humana, senón que se trata dunha calculadora de gran alcance que traballa sobre infinidade de preguntas que teñen respostas (computábeis) inequívocas.

No blog do visionario Spivack aparece o post dun usuario: "Poderá dicirnos cal é o sentido da vida?". Non hai resposta, pero alguén lembra A guía do viaxeiro intergaláctico, aquela comedia de ciencia ficción escrita por Douglas Adams a final dos setenta, en plena avidez de futurismo informático, que incluía a curiosa personaxe de Pensamento Profundo, unha supercomputadora que se definía a si mesma como a segunda mellor do universo. Cando se lle preguntaba cal era a "resposta definitiva", isto é, o sentido do universo e todo o demais, a supercomputadora calculaba que tardaría sete millóns e medio de anos en dar con ela. E finalmente atopábaa: "42". Mais era incomprensíbel para a mente humana.

Symantec prepara a súa cita anual sobre seguridade informática


O vindeiro mércores, día 6 de maio, a firma de protección da información e solucións a ataques de virus en liña Symantec, vai levar a súa tecnoloxía, en vivo e en directo, ata o Círculo de Belas Artes de Madrid, onde terá lugar a súa cita anual con clientes e partners, Symantec Technology Day 2009.

Este evento abordará, nunha soa mañá, un total de seis casos prácticos de problemas reais aos que calquera empresa ou particular podería enfrontarse algún día en el expoñerase a maneira de resolvelos mediante a axuda das solucións de Symantec.
A apertura do evento terá lugar ás 9:30 horas da man do relator Gabriel Martín, Country Manager de Symantec para España e Portugal, para logo, a partir das 10:15 horas, dar comezo o primeiro dos casos prácticos, a Xestión e Optimización do almacenamento de datos.

Outros casos como o Data Loss Prevention, o Correo Electrónico, o Virtualización e o Securización e Xestión do Endpoint, terán lugar ao longo da mañá do mércores, que concluirá co caso práctico 6: Detección e eliminación de malware, no que os asistentes poderán ver en directo, cómo os expertos de seguridade de Symantec realizan unha detección e eliminación de malware apoiándose na infraestructura e o coñecemento de Symantec e a súa Rede de Intelixencia Global (GIN).

A campaña “O galego medra contigo” habilitará un espazo expositivo dedicado ás novas tecnoloxías, no que o protagonista será o Galinux


Mancomún promoverá o uso do galego nas novas tecnoloxías no marco da campaña “O galego medra contigo”, que arranca este sábado día 2 no Concello da Coruña. Esta actividade, organizada pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística en colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña, busca promocionar o uso da lingua galega nos distintos ámbitos socioculturais cunha carpa móbil que percorrerá diferentes barrios da cidade herculina durante o mes de maio e comezos de xuño, con motivo das celebracións do Día das Letras Galegas.

A iniciativa despregará un amplo programa de actividades, onde se mesturarán xogos, música e monicreques para os máis pequenos, con espazos expositivos de materiais en galego procedentes dos campos máis diversos, entre eles, o das novas tecnoloxías.

Esta sección tecnolóxica correrá a cargo de Mancomún, quen achegará todo o seu material promocional do sistema operativo libre e en galego, Galinux, así como uns 1.000 exemplares deste para a súa distribución gratuíta entre os asistentes. Aínda que o Galinux foi escollido neste ocasión como o produto máis adecuado para exemplificar o uso do galego nas novas tecnoloxías, son moitos outros os proxectos que Mancomún está a desenvolver no campo da localización e, concretamente, na promoción do uso galego nun eido como é o da innovación tecnolóxica: Manual de Localización, glosario de termos, coordinación da tradución de diversos aplicativos libres (OpenOffice.org, aplicativos Mozilla...)

Nesta liña, a concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística e principal promotora das actividades, Ermitas Valencia, explicou que a idea é “conmemorar que temos unha lingua viva, culta e con futuro”, obxectivo para o que a Concellaría configurou un programa dirixido a toda a familia, pero especialmente para os máis pequenos xa que, en palabras da concelleira, “neles tamén está o futuro do noso idioma”.

A primeira das citas da campaña
“O galego medra contigo” será o sábado 2 de maio no Campo da Leña do barrio de Monte Alto, onde a xornada arrincará ás 11.00 horas coa animación a cargo de Manicómicos e continuará con xogos para os máis pequenos para rematar a mañá cunha actuación musical "Cancións para Antía". Xa pola tarde ás 17.00 horas continuará a festa coa actuación da compañía de teatro de títeres Falcatrúa coa representación de 'Albízaras'. Ás 18.15 horas nova actuación musical a cargo do grupo Mamá Cabra. Ademais haberá animación á lectura, expositores de material, sorteos...

Todas as actividades serán de balde e non precisan de inscrición previa, polo que os organizadores convidan a calquera persoa a achegarse para participar desta celebración. Por outra banda, entre todos os participantes sortearanse libros e discos en galego.

As diferentes actividades e localizacións da carpa en vindeiras semanas poden consultarse nesta ligazón.

Os problemas técnicos levaron á suspensión do IV Maratón PodcastBlog


A pasada fin de semana pretendía levarse a cabo a cuarta edición dunha maratón de podcasting que tamén se podería seguir en directo a través da Internet durante 50 horas, pero as primeiras retransmisións atopáronse cun número de incidencias tan elevado que facían que as intervencións dos oradores fosen imposibles de seguir (multitude de cortes, faltos da comunicación entre os participantes…) polo que a organización decidiu suspender o evento, pero continuando a subir da súa web os podcasts que seguiron adiante, para que puideran seguirse en diferido.

Segundo parece, os problemas foron consecuencia da falta de recursos, non só humanos, senón tamén técnicos, pois agardaban poder utilizar unha canle de streaming profesional cedida para o evento, pero ao non manterse este compromiso por parte de terceiros, as solucións provisorias que se tomaron non foron capaces de manter no aire os espazos programados durante a fin de semana. Agora abriron unha reflexión sobre se o maratón terá unha nova entrega o ano que vén, aínda que parece que o que farán será reformular o formato para facelo viable, pois está claro que hai moita xente interesada en participar neste tipo de iniciativa, na que as moitas illas que conforman a podcastfera tenden pontes de comunicación.

Stallman defendeu en Vigo o valor do software libre como coñecemento á medida do home

Richard Stallman visitou por segunda vez o Auditorio do Centro Social Caixanova para facer unha vez máis de mediador entre nós os usuarios e o xeito de entender a informática que ao seu xuízo máis nos convén: o xeito aberto. A visita do relator a Vigo, que foi en boa medida unha incursión en terreo amigo (tendo en conta que a súa intervención inseriuse dentro das actividades do Máster do Software Libre de Caixanova, e que practicamente a totalidade do auditorio era afín ao código aberto), tivo pouco de técnica e moito de contido ético e social, sendo en boa parte un encontro para iniciar aos non introducidos no software libre nas moitas vantaxes que este ofrece, malia que unha gran porcentaxe dos convocados xa estaban previamente introducida.

Con todo, e tal e como relatan nas súas crónicas os diversos internautas que por alí pasaron (Bandaancha, Agnix, etc) a reunión tivo moito de reforzamento dos obxectivos previamente asumidos polo propio auditorio: levar o software libre tan lonxe como se poida, botando abaixo posibles ideas preconcibidas e erróneas e contribuíndo a que as vantaxes que achega fiquen sempre claras: menor gasto en licenzas, máis opcións para desenvolver unha industria propia, maior marxe de adaptabilidade, etc.

Para Stallman, quen falou perante unha máis que completa audiencia ( Roberto Brenlla, que vén de pendurar un vídeo das despedidas, a cousa andou a rentes do aforo completo, de 500 persoas), cando falamos de software libre non só falamos dunha tendencia da informática, senón que o facemos de algo que nos trata con respecto, a nós e a un dos nosos bens máis prezados, a liberdade. O relator, que a fin de contas tivo tempo de sobra para saber do que fala (na defensa da programación aberta deu 25 anos da súa vida), entende polo tanto que a cuestión do código aberto é tan importante hoxe coma calquera outra cuestión social, ética, política, filosófica ou económica da que se fale nos medios, se cabe aínda máis, por abranguer todos estes eidos e, tamén, a posibilidade de que a balanza da cultura caia do favor de todos os que até o de agora non puideron percibila. A intervención en Vigo do pasado xoves tamén lle serviu a Stallman (quen se expresou en perfecto castelán) para defender o GNU e o libre intercambio de arquivos na Rede (que non é piratería nin roubo nin nada que se pareza, posto que contribúe ao enriquecemento cultural da comunidade).

Asemade, botou dardos contra as patentes de software ou todo aquilo que se interpón entre o usuario das novas tecnoloxías e o acceso libre ao coñecemento que ten ao seu alcance (canon dixital, DRM, etc).