Vacacións

Ata o vindeiro 4 de setembro a Dinamizadora da Sociedade da Información do Centro Comarcal de Ordes estará de vacacións.

O gañador


Hoxe no salón de plenos do concello de Ordes, Pedro Regueira recibíu o premio por ser o gañador do I Concurso de Blogues.

Pedro recibíu o seu premio de máns de Ana Mª Álvarez Pérez, concelleira de Servicios Sociais e Terceira Idade e de Roberto González Santos, concelleiro de Urbanismo e Obras.

Felicidades Pedro!!!

Obradoiros para o mes de setembro


Os obradoiros que se levarán a cabo durante o mes de setembro son os seguintes. O prazo de inscrición ábrese hoxe día 31 de xullo e ata cubrir prazas.

Iniciación á Informática
Duración:12 horas
Data inicio: 08/09/2008 - Data fin: 17/09/2008
Horario: 10:00-11:30

Debuxo por Ordenador
Duración:3:30 horas
Data inicio: 18/09/2008 - Data fin: 19/09/2008
Horario: 10:00-11:45

Prensa en Internet
Duración:3 horas
Data inicio: 08/09/2008 - Data fin: 09/09/2008
Horario: 12:00-13:30

Exercitar a Memoria en Internet
Duración:6 horas
Data inicio: 15/09/2008 - Data fin: 18/09/2008
Horario: 12:00-13:30

Mecanografía
Duración:10 horas
Data inicio: 22/09/2008 - Data fin: 26/09/2008
Horario: 10:00-12:30

Para apuntarse poñerse en contacto co Centro Comarcal de Ordes.
Enderezo: Estrada Nacional-550 Km. 37 (As Casillas)
Código Postal: 15680
Poboación: Ordes
Provincia: A Coruña
Teléfono: 981 688 386

Mojave, ou como Microsoft asegura que o Vista non é tan malo como cremos

Microsoft puxo en marcha unha especie de experimento entre 120 persoas para demostrar que Windows Vista non é tan defectuoso como a xente cre. Segundo a experiencia, eses individuos, reunidos en San Francisco, xa tiveran contacto con outros sistemas operativos e versións anteriores de Windows.

Os resultados do experimento, con nome clave Mojave, foron sorprendentes. As persoas que se someteron á proba partían cunha idea non moi positiva do Vista: déronlle unha nota media de 4,4 sobre 10.

Despois, eran convidados a probar o Vista, pero sen sabelo. Dicíaselles que ían usar unha nova versión de Windows denominada Mojave. Ao remate do experimento, valoraron ese sistema operativo descoñecido cun 8,5.

Microsoft ofrece os vídeos cos comentarios dos participantes na proba nunha web, aínda que a empresa presidida por Steve Ballmer nega que se trate dunha campaña publicitaria.

Nace unha rede social segura para a infancia


Actualmente, diversos estudos confirman que preto do 50 por cento dos nenos e nenas do noso país comunícase por Internet a través de redes sociais e chats e o 20 por cento dos mesmos fano a diario sen a supervisión dalgún adulto e as máis das veces con descoñecidos. A este respecto, as cifras indican que tan só o 9 por cento dos fogares conta con algún programa de control parental no ordenadores domésticos, polo que Internet pode considerarse como unha ferramenta perigosa e de risco para os cativos se non se ten conta de que naveguen por sitios seguros e de confianza para eles.

É por isto que a empresa K-ID Internet for Kids S.L (experta en solucións de seguridade infantil en internet) vén de lanzar a súa primeira iniciativa, a web MyFamilypedia, coa que pretende “previr a violencia e educar á infancia para a seguridade na Rede”.

Trátase dunha nova rede social baseada na nova xeración de Internet web 2.0, onde as familias poden compartir información entre os seus membros e con amigos e amigas do mesmo espazo de xeito seguro.

A idea básica é “compartir e recomendar webs” dedicadas a nenos e nenas de xeito que entre tódolos membros logren atopar sitios seguros e atractivos para os máis cativos.

Para ser usuario de MyFamilypedia hai dúas opcións: o rexistro de identificación tra-lo pago dunha cota anual de 30 euros coa tarxeta bancaria, para que o usuario estea identificado de xeito seguro para o resto de usuarios do portal ou totalmente de balde mediante o rexistro previo.

A primeira das modalidades permite que os seus usuarios naveguen con total seguridade en todo o sitio xa que está avalado pola súa total identificación; coñécese como Estado verde.

A segunda modalidade ten o espazo limitado a 500 Mb para compartir información e os usuarios non poderán participar na rede social de nenos e nenas ó non estar avalados por ningunha identificación; é o que se coñece como estado vermello.

O site para a infancia, Chicos Cool, é unha rede social na que os cativos da casa poden estar en contacto cos seus amigos e facer outros novos, sempre baixo a supervisión dos seus proxenitores e de xeito totalmente seguro.

A cidadanía acha importante a formación TIC para o futuro profesional

O Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI) fai unha análise do Diagnóstico á poboación sobre a sociedade da información. Segundo os seus datos, o 7% da poboación asistiu no último ano a actividades formativas sobre TIC, o que sitúa Galiza a 3 puntos da media estatal.

Case a metade das galegas e galegos cre que o seu grao de familiarización coas TIC é baixo ou moi baixo, unha cuarta parte que é "suficiente" e un de cada cinco que é "alto" ou "moi alto". As persoas enquisadas de máis idade son as que se amosan menos convencidas da súa destreza coas novas tecnoloxías: só un 1,9% das persoas de 65 a 74 anos amosa un nivel "alto" ou "moi alto", fronte ao 39,7% da xente máis nova.

A cidadanía tamén percibe a influencia do manexo das TIC no desenvolvemento persoal e profesional. Perto do 40% do conxunto do país cre que vai influír "moito" ou "bastante". A medida que diminúe a idade e aumenta o nivel educativo dos individuos, increméntase a súa percepción do grao de influencia.

Na enquisa do OGSI tamén se analiza o uso que se fai do computador. O 8% da poboación afirma usar os equipos informáticos para tarefas escolares ou estudo. Un 57% desa cidadanía emprega o ordenador cando menos semanalmente.

O Windows Messenger ábrese camiño entre as persoas maiores


Microsoft, coa axuda da Universidade de Pittsburgh, vén de presentar unha serie de datos sobre o emprego que se lle dá á súa ferramenta Windows Live Messenger no eido dos países europeos e en función da idade do usuario. Segundo se apunta no informe e, en contra do que se podería agardar (temos se cadra interiorizadas certas ligazóns de conceptos, como “Rede+mocidade”), en países como España non para de medrar a aceptación do dito servizo de mensaxeiría entre persoas de idade. De feito, o país (onde hai 13 millóns de internautas que o teñen habilitado no computador) vense de situar á cabeza de Europa no que se refire ao afianzamento da ferramenta nos colectivos de usuarios de máis de 45 anos, situándose no 30% a porcentaxe de persoas que a empregan durante máis de tres horas, varios puntos por riba dos índices de Alemaña, Italia ou Francia.

O estudo de Microsoft, realizado sobre unha base de nove países europeos e de 10.000 usuarios, salienta tamén unha serie de datos positivos (para os usuarios de Live Messenger e, tamén, a fin de contas, para a propia multinacional) sobre a influenza do servizo de mensaxeiría instantánea á hora de paliar un dos moitos desfases dixitais aos que se enfronta a Sociedade da Información: o que sitúa aos mozos en posicións de privilexio con respecto aos maiores. “Unha das moitas conclusións do informe”, sinálase, “é que o Windows Live Messenger ten contribuído a construír pontes e paliar as distancias entre xeracións, distancias creadas moitas veces polo propio uso que os mozos fan da tecnoloxía fronte aos adultos”. Sobre esta contribución ao entendemento interxeracional arredor da Rede e máis polo miúdo ao entendemento no propio ambiente familiar, Microsoft ten un dato concreto: o 88% dos enquisados afirma que Windows Live Messenger axuda a manter conectadas ás familias. Asemade, proséguese, case un terzo dos pais e dous terzos dos avós empregan a mensaxeiría instantánea para parolar sobre novas, lercheos e as súas vidas amorosas.

O Valedor do Pobo renova a súa web


O Valedor do Pobo estrea páxina web coincidindo co primeiro aniversario da súa toma de posesión do seu actual titular, Benigno López. A renovada páxina web presenta tanto información institucional coma contidos multimedia, pois inclúe unha fonoteca e unha videoteca cun resumo das principais comparecencias do Valedor no Parlamento ou ante os medios de comunicación.

Tamén é posible presentar queixas a través da propia páxina web, así como descargar un boletín mensual informativo (en formato PDF) ou consultar os informes e as publicacións realizadas por iniciativa do Valedor do Pobo.

Os usuarios rexistrados poden acceder a unha zona privada na que os reclamantes poden avaliar a calidade da atención recibida por parte da institución e agardan que no futuro (grazas ao DNI electrónico) se permite o seguimento da tramitación de expedientes.

A nova web fai uso da nova imaxe corporativa do Valedor, e cumpre cos estándares internacionais ao incluír contidos web accesibles (nivel AA) para persoas con discapacidade. Os contidos tamén están accesibles en español e galego.

O novo buscador Cuil enfróntase á súa propia orixinalidade


Unha das grandes novidades dos últimos días na internet é o lanzamento dun novo buscador. Cuil (pronunciado en inglés como 'cool'), aspira a desafiar o case monopolio de Google, empresa da que proceden os seus tres creadores. E está a dar moito que falar.

Cuil ofrece unha interface de atractivo deseño e presenta servizos innovadores, como imaxes que acompañan cada un dos resultados da busca. Porén, despois dos primeiros días de proba, xa están a xurdir moitas críticas cara ao buscador. As súas respostas son, moitas veces, case inexplicábeis e non teñen que ver co que se pensaba atopar, ou, cando menos, non coinciden cos resultados dos buscadores tradicionais.

Ademais, as imaxes adoitan ter escasa ou nula relación co contido que acompañan. De feito, xa houbo quen protestou polo feito de que o seu nome aparecese acompañado de imaxes pornográficas nos resultados das buscas.

En calquera caso, Cuil terá que ir solucionando estes problemas, aínda que explicitamente non estea en fase beta. Os seus creadores aseguran que o servizo buscan entre tres veces máis páxinas ca Google e dez veces máis ca Microsoft, e que clasifica as webs polo seu contido e relevancia, sen recoller datos dos usuarios. Ademais, Cuil é unha palabra irlandesa que significa "coñecemento".

Sei cal é o teu sexo (e que webs visitaches)


Unha web adiviña, con só premer un botón, cal é o noso xénero. O que nun principio podería parecer un experimento ou un truco agocha algo moito máis grave: o fácil que é acceder dende unha páxina da internet ao historial do noso navegador con só usar unhas liñas de javascript.

Segundo informa The Register, O blog Mike on Ads inclúe unha ferramenta que fai esa predición cunha peza de código que captura os enderezos do historial do navegador e valora, cunha serie de puntuacións para cada web, se o usuario é home ou muller.

Aínda que existen extensións para desactivar o javascript, en xeral, os desenvolvedores de navegadores, tanto o Explorer como o Firefox, ou calquera outro, rexeitan solucionar este problema de privacidade, pois permítelles aos usuarios acceder con máis facilidade ás webs que xa visitaron.

O autor do programa explica que é posíbel que moitas webs xa fagan uso de ferramentas semellantes á hora de adiviñar datos sobre os seus visitantes e ofrecerlles publicidade. E iso se non comezan a cruzar datos como o seu enderezo IP, a súa posición xeográfica, o navegador que empregan...

Detido un empresario vigués que remexía nun computador da competencia a través dun virus

A investigación comezara cando un empresario denunciou que se accedera de forma fraudulenta a distintas contas de correo electrónico e contas bancarias das que era titular. As contas estaban relacionadas con varias das súas empresas, dedicadas a reparacións urxentes do fogar.

Analizados os equipos informáticos da empresa denunciante constatouse que estaban infectados por un programa de tipo troiano, instalado de forma automática cando o denunciante abriu un correo electrónico cunha suposta factura dun dos seus provedores.

Dende ese momento, o becho comezou a monitorizar as operacións realizadas no ordenador espiado, enviando informes periódicos das actividades ao detido, que obtivo contrasinais de acceso a contas de correo, contas bancarias e outros servizos de internet. Grazas a isto, o denunciado conseguiu cuantiosa información privilexiada sobre clientes, provedores e outras relacións comerciais das empresas espiadas.

A investigación iniciada por axentes do Grupo de Seguridade Lóxica da Brigada de Investigación Tecnolóxica da Comisaría Xeral de Policía Xudicial, en colaboración da Brigada Local de Policía Xudicial de Vigo, deu finalmente co responsábel doutra empresa do mesmo sector, adicada a reparacións urxentes do fogar, e quen se lle acusa agora dun delito de descubrimento e revelación de segredos.

China conta con máis de 250 millóns de internautas

A finais de xuño China alcanzou os 253 millóns de internautas, cifra coa que se converte no país con maior número de usuarios de Internet, superando aos Estados Unidos.

O número de internautas en China aumenta rapidamente e con forza: no ano 2006 eran 123 millóns, no 2007 xa pasaron a 210 millóns e no 2008 chegaron aos 253 millóns, segundo datos dun recente informe do Centro de Información por Rede de Internautas de China (CIRI).

O informe, o número 22 desta clase, sobre estadísticas do desenvolvemento de Internet en China, revelou que o país tamén ten o maior número de subscritores de banda larga, con 214 millóns, máis do 80% da población total nacional de Internet.

Ademais, segundo datos de mediados de xullo, China alcanzou a suma de 12,18 millóns de rexistros de dominios .cn, co que Alemaña queda relegada a un segundo posto cos seus dominios .de. O informe tamén indica que 206 millóns de internautas revisan noticias en liña e arredor de 63 millóns de usuarios fan as súas compras en Internet

I Concurso de Blogues

O gañador do I Concurso de Blogues organizado pola Rede de Dinamización en colaboración co Centro Comarcal e o Concello de Ordes é: Pedro Regueira Pulleiro.

Blog: http://apalleira.es

Felicidades!

Culturavai.info refórzase como referente das actividades culturais galegas


Cultura Vai, a axenda de espectáculos escénicos e musicais de Galicia vén de converterse no voceiro web das programacións de actividades da Consellaría de Cultura e nun referente para os internautas galegos interesados polo coñecemento achegando dende cada recuncho do noso país.

A web conta coa cooperación dos concellos, das asociacións culturais e das salas privadas de teatro e música de Galicia polo que semella que apenas hai acto cultural ou actividade de calquera outra índole que se lle escape a esta ferramenta que promove a dita Consellaría.

Esta ferramenta permite, entre outras cousas, que os seus usuarios realicen consultas por localidade, data e tipo de espectáculo de xeito doado e rápido, así como acceder á extensa e diversa programación cultural que se desenvolve ao longo de todo o ano en Galicia, para que a cultura “chegue ao seu obxectivo primordial: os espectadores”.

Asemade, os usuarios desta web poden atopar tódalas actividades que conforman a axenda das redes e circuítos que promove Cultura, tales como:

- A Rede Galega de Música ao Vivo, unha asociación de salas galegas de música en directo que aposta pola difusión dos grupos musicais e solistas galegos de tódolos estilos.

- A Rede Galega de Teatros e Auditorios e Rede Galega de Salas; ámbalas dúas promovidas pola AGADIC en colaboración con medio cento de concellos e entidades de toda Galiza. Comparten como obxectivo prioritario proporcionarlles aos cidadáns unha oferta cultural ampla, plural e aberta, aproveitando os recursos e a riqueza de propostas do sector escénico e musical galego.

- Cultura Vai Verán; un programa cultural pensado para apoiar a programación cultural en espazos públicos dos concellos galegos entre os meses de xullo e setembro. Componse, entre outras cousas, de música, maxia, teatro, monicreques, humor, circo, danza e animación de rúa.

- Cultura Vai Nove; unha aposta por alongar a programación cultural estable ao longo de todo o ano. Foi creado para os concellos que non forman parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios e desenvólvese entre setembro e xuño co cal achega a cultura aos concellos máis pequenos durante as estacións de menos actividade.

- Cinemas Dixitais; é un proxecto de creación dunha rede alternativa de exhibición en soporte dixital ao longo da xeografía galega a través da súa exhibición dixital e á maneira do cinema tradicional. Busca axudar na promoción e difusión das producións galegas e non comerciais a través da súa oferta de exhibición a concellos e outras entidades públicas e privadas.

- Espazos Sonoros; é unha idea de conexión entre a música e as arquitecturas que engloba cinco ámbitos temáticos dedicados respectivamente á música de órgano, música vocal, música antiga, música de cámara e un quinto ciclo titulado outros sons, dedicado a repasar algunhas propostas relacionadas coa música dende outros puntos de vista abertos á investigación e a reflexión sonora.

- Circuíto Musical 4 x 4; Música galega e de calidade, posta en marcha pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural por segundo ano consecutivo que chegará a trece concellos de Galiza coa participación de 16 grupos divididos por estilos: Jazz, Canción de Autor, Música tradicional folk e Fusión.

Cultura Vai vén de converterse pois “na marca que vai identificar os programas de actividades organizadas polo departamento”, ben sexa en solitario ou en colaboración con concellos, asociacións veciñais e culturais ou con salas privadas de espectáculos.

Correos implantará a partir do outono o 'Apartado Postal Electrónico'

Correos vai desenvolver un proxecto de Apartado Postal Electrónico, co que o operador postal fornecerá distintas administracións públicas e empresas dunha plataforma tecnolóxica estábel e segura para o envío de comunicacións e mensaxes. A multinacional Sun Microsystems foi a adxudicataria do concurso, cun investimento de 600.000 euros.

O Apartado será xestionado pola Oficina Postal Virtual de Correos e implicará, nunha primeira fase, a creación de enderezos electrónicos por parte dos destinatarios aos que os emisores farán chegar comunicacións comerciais e administrativas de xeito cifrado, o que implicará un importante aforro de custos fronte ao correo convencional.

Ademais, a nova plataforma vai implicar a "correcta recepción da correspondencia electrónica por parte do destinatario e proporcionaralle información detallada ao emisor sobre o estado dos envíos", informou Sun.

Correos espera que a primeira fase estea operativa xa este outono e que acade o millón de usuarios dentro de dous anos. Ademais, prevé que o modelo de correspondencia online teña boa acollida entre as empresas de comercio electrónico que desexen efectuar as súas operacións con máis fiabilidade.

As institucións culturais españolas xa se poden localizar no mapa


O Ministerio de Cultura está de estrea, pois incluíu na súa páxina web unha mashup baseada en Google Maps, GeoCultura, que permite localizar na xeografía española a máis de 7.000 institucións culturais, entre as que están 453 arquivos (estatais, autonómicos, históricos provinciais, municipais, militares e diocesanos), 5.000 bibliotecas (tanto da Administración central coma das comunidades autónomas, concellos e deputacións), 1.420 museos e 40 bens españois declarados Patrimonio Mundial pola UNESCO (como a Cidade Vella compostelá ou a Muralla de Lugo).

GeoCultura tamén recolle datos dos centros artísticos do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música, as salas de exposicións incluídas na Guía de Recursos da Fotografía Artística de España, as sedes do Ministerio de Cultura, as súas oficinas de rexistro e centros de documentación e a sede central do Instituto Cervantes.

A Campus Party estreará área dedicada aos blogs

A Campus Party na súa edición de 2007O vindeiro luns comezará a Campus Party en Valencia, que nesta ocasión acollerá a primeira CampusBlog, englobando no encontro distintas conferencias, obradoiros e actividades centradas no mundo das bitácoras de Internet coma poderían ser o apadriñamento de blogs (no que un blogueiro veterano axudará a algún asistente a crear a un blog, elixíndose finalmente ao mellor entre estas creacións), obradoiro de creación de blogs, un maratón de Podcast (24 horas de gravacións sonoras para a súa distribución pola Rede) e obradoiros sobre a creación de blogs ou de engadidos para WordPress, entre outras cousas.

Os asistentes poderán coñecer en primeira persoa a algunhas figuras relevantes da blogosfera internacional que compartirán os seus coñecementos como Mary Hodder (fundadora de Dabble.com e que logrou chegar ao número 49 da listaxe de blogs máis populares segundo Technorati) e Régine Debatty (unha das mellores blogueiras europeas, autora de We Make Money Not Art); aínda que tamén resultarán de especial interese un par de mesas redondas como a protagonizada polas Tecnomozas Drita, Carolina Denia, Osiris e Kara (moi populares na blogosfera) ou a que tratará sobre a profesionalización da blogosfera, que contará coa participación de Eduardo Arcos, Antonio Ortiz Medina e Javier Wicho Pedreira.

A metade de alumnos da ESO usa internet sen control todos os días


O 49% dedica polo menos unha hora diaria a navegar por internet sen control dos pais

O 45 por cento dos alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ten televisión no seu cuarto e o 49 por cento dedica polo menos unha hora diaria a navegar por internet, segundo o avance do Estudo de Convivencia Escolar do Observatorio Estatal de Convivencia Escolar -formado por representantes de todas as comunidades autónomas e o Ministerio de Educación Política Social e Deporte-.

Este estudo, no que colaboran expertos da Unidade de Psicoloxía Preventiva da Universidade Complutense de Madrid e que contou coa participación de 6.175 profesores e 23.100 alumnos de 301 centros escolares de toda España -salvo Cataluña-, revela, ademais, que o 40 por cento destes estudantes ve con "bastante frecuencia" só a televisión e a maioría (51,8 por cento) conta con pouco ou nulo control dos seus pais á hora de utilizar internet.

O informe tamén trata sobre os obstáculos para a convivencia nas aulas. Así, para o 85 por cento de profesores e departamentos de orientación dos centros escolares, o "principal" inconveniente atópase falta de disciplina nas familias (85 por cento), a súa falta de implicación (72,2%) e a falta de apoio por parte da Administración (69,4%).

Así mesmo, para o 69 por cento dos docentes consultados, a lexislación educativa tamén é un impedimento porque non lles permite actuar de xeito "adecuado"; e para o 67 por cento, existe unha sanción "inadecuada" para corrixir as transgresións nas aulas.

Partindo da definición de acoso -alguén ao que un ou varios dos seus compañeiros insultan ou ridiculizan, ignoran intencionadamente, excluíndoo do grupo, ameazan, empuxan ou pegan- este estudo revela que o 15 por cento dos estudantes españois da ESO foi acosado nos últimos dous meses. Deles, o 11,8 sufriu acoso "ás veces"; o 2,1, "a miúdo"; e o 1,7 por cento "moitas veces".

Dentro do acoso, o estudo pon o acento no ciberbullying, como exemplo do fenómeno emerxente derivado da incorrecta exposición ás novas tecnoloxías. Así, entre o 1,1 e o 2,1 por cento do alumnado di ser "a miúdo" ou "moitas veces" vítima de gravacións, fotografías, mensaxes ou outras formas de acoso con novas tecnoloxías.

Á presentación do avance deste traballo, que tivo lugar o mércores pasado, acudiu a ministra de Educación, Política Social e Deporte, Mercedes Cabrera, quen subliñou -segundo informou o seu departamento nun comunicado- a "importancia" da prevención, tanto no ámbito escolar como no seo da familia, de todo tipo de condutas violentas.

"Temos que desterrar este tipo de condutas do noso sistema educativo e a sociedade ao completo debe ter tolerancia cero cos mozos acosadores, porque é o momento no que aínda se poden corrixir futuras condutas antisociais", solicitou a titular de Educación.

A Wikipedia busca solucións ás súas eivas

Colaboradores dos proxectos da Fundación Wikimedia reuníronse a pasada fin de semana na Biblioteca de Alexandría.

O simbólico escenario da Biblioteca de Alexandría serviu para acoller durante a semana pasada a conferencia anual Wikimania, que organiza a Fundación Wikimedia, que está detrás da Wikipedia, a enciclopedia libre máis difundida. No encontro poden participar todas as persoas que contribúen a algún dos proxectos da Fundación, que son, ademais da Wikipedia, ou a Galipedia, na súa versión en galego, o Galizionario, Galilibros, Galifontes, Galicitas, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity e Wikimedia Commons.

Durante tres días días debateuse sobre os principais desafíos cos que se atopan os diferentes proxectos da organización, como o xeito de compatibilizar o feito de que a Wikipedia sexa unha enciclopedia editábel por calquera e garantir, asemade, que non se falsifiquen datos nin se practique o vandalismo nos seus artigos. Así, os bibliotecarios buscaron criterios comúns para decidir se protexer ou eliminar determinadas entradas.

O creador da Wikipedia, Jimmy Wales, afirmou que o seu principal obxectivo é expandir a enciclopedia a todas as linguas e nacións do mundo, especialmente ás que contan con menos entradas. A India e África son as áreas nas que fixou a súa vista Wales como "gran reto a longo prazo para achegar o coñecemento".

E, onde xa está implantada a enciclopedia libre, Wales púxose como meta mellorar os artigos que xa existen. A próxima cita, no ano 2009, será en Bos Aires, para simbolizar a importancia que está a cobrar a comunidade hispana na Wikipedia.

Industria presenta o Plan Avanza 55 Plus dirixido á integración dos maiores nas TIC


O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio vén de anunciar que ao longo desta lexislatura porá en marcha o Plan Avanza 55 Plus (complementario do antigo Plan Avanza), co obxectivo de incorporar ás persoas maiores á Sociedade da Información. Trátase, segundo vén de informar David Cierco, o responsable da Dirección Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, de “favorecer a súa formación e capacitación para que teñan un maior acceso a Internet e ás novas tecnoloxías”.
Cierco, que adiantou esta información no curso de verán Cibercidadanía e Dereitos Dixitais, que se está a celebrar na Universidade Complutense de Madrid, explicou que a formación das persoas “debe realizarse en función do uso real que van a dar a Internet” e que “hai que superar a alfabetización xeralista e buscar solucións específicas”.

No caso das persoas maiores, estas poden ser, por exemplo, coñecer as aplicacións precisas para comunicarse coa familia (como o correo electrónico), os programas para ver fotografías ou entender o funcionamento da banca en liña.

Aínda que está previsto que este plan se desenvolva plenamente o vindeiro ano, o director xeral lembrou que xa están en marcha algunhas medidas encamiñadas a este fin que favorezan a inclusión dixital e a vida independente das persoas maiores ou con discapacidade, fomentando o emprego das novas tecnoloxías como medio idóneo para mellorar a súa calidade de vida.

Os técnicos do Ministerio de Industria están, asemade, a analizar aqueles equipamentos máis idóneos para as persoas de máis idade e que lles poidan axudar a superar as barreiras físicas como os sistemas de interacción por voz ou as pantallas táctiles.

O Plan Avanza 55 Plus forma parte do Plan Avanza, a ferramenta de xestión estratéxica coa que se dotou o Goberno para “lograr a cohesión territorial e a cohesión social”

Industria asina convenios con dez concellos para a implantación de wimax nos polígonos industriais

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou os convenios de colaboración cos gobernos locais de dez concellos do país para o despregamento de redes de telecomunicacións sen fíos de acceso á internet de banda larga en polígonos industriais ou parques empresariais, no marco do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).

Estes convenios permitirán instalar redes wimax nos polígonos de Ordes, Porto Meloxo (O Grove), O Camballón (Vila de Cruces), Sete Pías (Cambados), Cuíña (Cervo), Vilar do Colo (Fene e Cabanas), Melide, Monforte de Lemos, Santa Marta (Vilar de Santos), Xinzo de Limia e Porto Meloxo (O Grove). Tamén se sumarán en breve os polígonos do Campiño (Pontevedra) e A Pastoriza.

O departamento de Fernando Blanco desenvolve esta primeira fase de despregamento de wimax en polígonos industriais cun investimento de 1,6 millóns de euros. A Consellaría executará todos os traballos necesarios para a realización do despregue da rede, mentres que cada concello se compromete a pór a disposición de Innovación e Industria dun espazo adecuado para a instalación do equipamento necesario (estación base, antenas, armario rack, etc.). Este espazo ten que ter como mínimo 5x5 metros e contar con subministración de enerxía eléctrica ou posibilidade desta.

Os convenios asinados constitúen unha primeira fase de execución do proxecto de desenvolvemento de redes de telecomunicacións sen fíos nos polígonos industriais e parques empresariais de Galiza que non contan aínda con acceso a internet de banda larga e naqueles nos que a calidade deste servizo non chega a todo o polígono ou non é adecuada. O proxecto continuará a desenvolverse ata que a través de distintas tecnoloxías a dotación de banda larga de calidade cubra o 100% dos polígonos do país.

Comezan as presentacións por todo o país do Plan Peme Galega


A delegada da Consellaría de Innovación e Industria en Pontevedra, María Montserrat Prado Cores, acompañada do xerente da Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, Xosé Luís Vilasante, presentaron en Vigo o Plan Peme Galega, co que se iniciaron as xornadas de presentación do plan que terán lugar en todo o país e coas que se pretende lograr un maior achegamento ás pequenas e medianas empresas galegas co fin de darlles a coñecer as oportunidades de mellora da competitividade e excelencia empresarial que ofrece esta iniciativa da Consellería.

O plan, posto en marcha pola Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, ten como obxectivo mellorar a posición competitiva das empresas galegas mediante diferentes programas de formación e consultoría especializada para directivos, persoal técnico e responsables de calquera das áreas de xestión das pemes galegas.

Trátase dun conxunto de actuacións coordinadas que a Consellaría pon en marcha para que as empresas fagan unha diagnose da súa situación competitiva para poder obter melloras da súa posición no mercado. A partir da mesma ofrécese un abano de posibilidades de formación para mellorar a xestión e profundar na innovación incidindo en todos os apartados da empresa: tanto a nivel directivo, de recursos humanos, comercial, de produción ou loxística.

O Plan Peme engloba 3 programas concretos de formación e consultoría por parte de expertos que achegarán solucións adaptadas ás necesidades que cada empresa ten de mellorar a súa xestión e competitividade.

En resumo, o conxunto do Plan Peme Galega vai permitir realizar actuacións formativas e de consultoría en 262 empresas galegas a través dos 3 programas que o compoñen: Programa para o Desenvolvemento da Empresa Galega, Programa Directivos e Programa Xestión PEME, por parte de expertos que achegarán solucións adaptadas ás necesidades que cada empresa ten de mellorar a súa xestión e competitividade.

Datas
As xornadas de presentación que se están a levar a cabo comezaron o xoves 17 en Vigo e continuarán durante esta semana en Cambados, o martes 22 ás 12:30 horas, no Centro Comarcal do Salnés, e na Coruña o mércores 23 ás 12:00 horas, no salón de actos da Delegación Provincial da Consellería na Coruña. O mércores día 30 ás 12:00 horas, terá lugar a de Ourense no Parque Tecnolóxico de Galicia. Tamén se desenvolverán xornadas de presentación en Lugo e Ferrol.

Toda a información relativa ao plan así como a posibilidade de inscribirse no mesmo poderase atopar na páxina web: planpemegalega.org

Unha recomendación de cine XIV

Hancock

Hancock (Will Smith) é un superheroe insatisfeito, atormentado, sarcástico e incomprendido e alcohólico. As súas boas accións sempren provocan grandes destrozos.A poboación xa non o atura nin o respeta, e ainda que están agradecidos (as veces) en xeral pregúntanse porque teñen que soportalo. Hancock soe pasar da xente e non lle importa o que opinan del ata que un día salva a vida de Ray, un alto executivo dunha empresa de relacións públicas e descobre que ten un lado vulnerable.





Un millón de dominios .es


O ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, celebrou antonte o "fito" do millón de dominios .es rexistrados até a data e asegurou que esta cifra se duplicará "nos vindeiros anos". Ademais, anunciou que o crecemento semanal dos dominios .es xa duplica aos .com, informa Europa Press.

Nun acto organizado por Red.es, Sebastián marcou os dous millóns de dominios .es como novo obxectivo do Goberno durante esta lexislatura. A día de hoxe, estes dominios multiplicáronse por doce nos últimos catro anos.

Así, no ano 2004 os dominios .es rexistrados na Rede alcanzaban os 85.000 portais, mentres que esta cantidade achegábase ao medio millón a finais de 2006. Segundo Sebastián, o crecemento semanal de .es duplica xa "de maneira constante" aos dominios .com.

O ministro de Industria atribuíu este logro ao Plan Nacional de Nomes de Dominio aprobado en 2005, así como á posibilidade de incluír nos dominios nomees con tache, con ñ e con ç. Así mesmo, resaltou que unha das accións máis importantes foi o programa 'Jóvenes en Red', que ofrece a todos os mozos de até 30 anos o rexistro do seu dominio .es. A día de hoxe hai rexistrados 35.000 dominios baixo esta modalidade.

Cuntis estrea unha páxina web de turismo para potenciar e dinamizar o sector


A concellaría de Turismo de Cuntis presentará mañá a nova páxina web de turismo do municipio. O acto, de carácter aberto, terá lugar ás 21.30 horas na Casa dá Cultura Roberto Blanco Torres. Este xoves o sitio estará dispoñible na Red ao teclear www.turismodecuntis.com.

A concelleira Belén Pazos afirmou onte que Cuntis constitúe un referente no sector termal, pero esta circusntancia non se corresponde co grao de desenvolvemento do sector turístico. «Ademais dá posta en marcha deste novo servizo, ou Concello desenvolverá un programa que avalíe ou impacto socioeconómico que supón este novo vehículo de información», explicou a edila.

A web ofrecerá información para que os visitantes gocen ao máximo a súa estancia na vila. Tamén inclúe datos das festas municipais, unha ampla guía dos recursos hostaleiros, rutas de sendeirismo e convocatorias culturais e deportivas.

Todo listo para a PartyFoz 2008



Os días 15, 16 e 17 de agosto a vila luguesa de Foz acollerá este evento no que, alén do tempo para aprender e intercambiar saberes, programas e descargas, haberá tamén un momento para a diversión.

Os días 15, 16 e 17 de agosto desenvolverase na vila luguesa de Foz a cuarta edición da PartyFoz, un evento que, organizado polo Concello e o Grupo Asociado de Libre Información e Tecnoloxía (Galite) ofrecerá a preto dun cento de asistentes a oportunidade de intercambiar experiencias sobre o emprego do software libre. Ademais, haberá varias palestras sobre o significado dos dereitos de autor e a diferenza entre os copyright e os copyleft.

Nesta edición de 2008, alén do tempo que se vai dedicar a aprender ou a intercambiar saberes, haberá tamén un chisco para a diversión, xa que se han realizar varios campionatos de consolas e PC, con xogos coñecidos por todos, como os xa míticos Need for Speed Most Wanted, Counter-Strike, Pro Evolution Soccer ou Dragon Ball.

Os interesados en participar poden facer xa a súa inscrición a través das webs de Galite ou a propia da PartyFoz 2008.

Sae a segunda beta de OpenOffice.org 3.0, traducida ao galego por Mancomún


Xa se pode probar a beta 2 da versión 3.0 da suite ofimática OpenOffice.org. O paquete informático, dispoñíbel para Windows, Mac, Linux e Solaris, traerá moitas melloras e novidades na súa próxima versión, que estará rematada no outono. Porén, xa se pode probar e mesmo contribuír a localizar posíbeis erros.

A suite ofimática xa foi traducida por completo ao galego durante o encontro Xuventude Galiza Net 2008, grazas á coordinación do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Mancomún.

Xa se poden descargar, de balde, os instaladores da versón de proba na nosa lingua dende a réplica oficial de OpenOffice.org no Estado Español, aloxada na Universidade da Coruña. As versións en galego son as que inclúen no nome o código "gl".

Hai que insistir, porén, que aínda que a tradución da interface está rematada, pode haber aínda algúns aspectos do programa que estean sen pulir, e que se irán resolvendo grazas á colaboración dos usuarios de aquí ao outono e ao traballo do equipo de desenvolvedores.

Innovación destinará 27 millóns de euros á convocatoria de recursos humanos de I+D+i

O Consello da Xunta de Galicia vén de anunciar que autorizará mañá o acordo sobre os compromisos de gasto de carácter plurianual por unha cantidade de 27 millóns de euros para a orde de 2008 do Programa de Recursos Humanos do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 (INCITE), que anualmente convoca a Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de I+D+i. Este Programa é a ferramenta do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 para a contratación de investigadores, tecnólogos e axentes de innovación no sistema público galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

Dentro do Programa de Recursos Humanos existen contratos e prórrogas cunha duración superior a un ano, de aí a necesidade de que a Consellaría de Innovación e Industria comprometa o gasto dos próximos anos, seguindo o disposto pola Lei de Réxime Financeiro e Orzamentario de Galicia. A convocatoria de 2008, que se publicará no Diario Oficial de Galicia nas próximas semanas, suporá un investimento total de 27.176.860 de euros para o período 2008-2011. O reparto deste orzamento de 2008 por anos é o seguinte: 3.414.056 euros en 2008, 12.879.784 euros en 2009, 8.648.020 euros en 2010 e 2.235.000 euros en 2011.

Tenda erótica en liña dende Vigo para o mundo


Paisdelasmaravillas.es vende xoguetes eróticos e todo tipo de accesorios para que as relacións sexuais sexan o máis pracenteiras e divertidas posible.

Esta tenda virtual ofrece todo o que nos poidamos imaxinar para mellorar os nosos xogos sexuais, dende os típicos vibradores (de tódalas formas, cores, texturas e tamaños) ata lencería suxestiva, pasando por cosmética erótica, perfumes afrodisíacos, prendas comestibles, tintas de chocolate ou preservativos de cores e sabores variados.

Convocada pola Rede unha mobilización antitaurina en Pontevedra (o 9 de agosto)


Na internet galega, un dos espazos máis activos é a Plataforma Pontevedra Antitaurina, que, precisamente, vén de convocar en liña unha mobilización para o sábado 9 de agosto ás 19 horas na praza da Peregrina.

O obxectivo: erradicar da cidade as touradas previstas este verán durante as cales até 24 touros van ser “torturados e mutilados coa complicidade das institucións públicas”.

No blog que ten habilitado este colectivo ofrécese información completa sobre o alicerce da súa actividade (seis puntos básicos a reivindicar) e un enderezo electrónico, pontevedraantitaurina@gmail.com, a través do que se pode solicitar información sobre presentes e vindeiras accións de mobilización. Asemade, inclúese en formato pdf unha sección de documentos sobre as principais razóns para esixir a fin de calquera actividade ligada aos touros en Pontevedra ou en calquera outra localidade de Galiza e España.

Creación do "Diario de Carballo"


Un modesto diario dixital creado polos/as asistentes a unha das iniciativas da Rede de Dinamización da Sociedade da Información que hoxe comeza no Concello de Carballo

O "Diario de Carballo" é unha iniciativa na que toda a cidadanía de Carballo e dos seus arredores poderá achegar a súa parte mais xornalística e compoñer os seus propios artigos da actualidade da zona.

Xestionarán este espazo con diferentes temas a tratar, desde a saúde até o ocio e o turismo, desde o seu persoal punto de vista. A actividade levarase a cabo ao longo desta semana en horario de 09.30 a 11.00 horas, e todos/as aqueles/as que polo horario non poidan participar na actividade poderán achegarse no horario de Aula Aberta ao Telecentro do Concello de Carballo, sito no 1º andar do Pazo da Cultura na Rúa do Pan, a facer as súas aportacións.

Seminario sobre TIC e dinamización lingüística en Carballo


Dende este martes 15 até o xoves 17 terá lugar en Carballo o curso de verán 'Traballando en lingua', sobre novas tecnoloxías e dinamización lingüística, que organiza o SNL da Universidade da Coruña co apoio do Concello de Carballo, a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua e a Deputación da Coruña.

Nas xornadas trataranse temas como a alfabetización tecnolóxica, a implantación das TIC en Galiza, o software libre, os recursos sobre o galego na rede ou as tecnoloxías lingüísticas. Participarán como relatores máis de 20 expertos de Cataluña, Estremadura e Galiza, para un alumnado formado por 60 persoas.

Os encargados de inaugurar o curso serán o delegado provincial de Industria, Xosé Luís Barcia, e mais Antonio Pérez Casas, que falarán da alfabetización tecnolóxica e do alcance das TIC en Galiza, o martes 15 ás 11 da mañá, no Pazo da Cultura carballés.

Na derradeira xornada da actividade participará parte do equipo do filme Pradolongo, que se proxectará ás 22:30 na Praza do Concello de Carballo.

Os operadores de banda larga deberán ofrecer, cando menos, o 80% da velocidade

O Ministerio de Industria ten previsto remitirlle este martes ao Consello Asesor Técnico da Sociedade da Información o borrador do Real Decreto de Cartas de Dereitos e Obrigas dos servizos de Telecomunicacións e da Sociedade de Información. Entre as medidas que inclúe están o feito de prohibir ofertas de banda larga que non garantan o 80% da velocidade prometida.

Na presentación do borrador, que coincidiu coa celebración do millón de dominios .es, Miguel Sebastián anunciou que o goberno español pretende rematar coa "proliferación de ofertas de alta velocidade que non se cumpren". Os proveedores de servizo de banda larga terán que revisar cada liña para informar os usuarios das velocidades reais que poden acadar.

Tamén se presentou o informe da Comisión do Mercado das Telecomunicacións sobre a situación dos servizos e infraestruturas de telecomunicacións por provincias e por Comunidades Autónomas en 2007. Segundo o estudo, Galiza era a segunda comunidade con menor penetración da banda larga, aínda que cun crecemento do 25% con respecto ao ano 2006. Tamén destaca entre as comunidades con maior cota de mercado dos operadores de cable nos accesos á rede, no cuarto lugar, só por detrás de Asturias, Euskadi e Cantabria.

Morre a blogueira máis vella do mundo

Olive Riley, a blogueira máis vella do mundo aos seus 109 anos, faleceu a pasada fin de semana, de xeito que a australiana que levaba máis dun ano contando as súas vivencias a través dunha bitácora de Internet coa axuda dun amigo, Mike, que facía de intermediario entre a muller nacida no século XIX e a rede global que define ao século XXI.

Cámara Abierta 2.0 celebra o seu programa nº 100 instando aos blogueiros a incrementar a súa cota de pantalla

O equipo do programa de La 2O programa de televisión máis comprometido coa web colaborativa ou 2.0 é sen dúbida Cámara Abierta 2.0, que esta noite chega á súa edición número 100, e pretende celebralo instando a blogueiros e amigos a unirse a eles neste momento especial marcando como meta o incremento da cota de pantalla do programa, que normalmente está no 3% (cun preto de 300.000 espectadores), para intentar chegar o 8%, reto difícil de superar pero que estiman que pode ser posible grazas ao efecto de bola de neve que pode crear a blogosfera española.

Nos últimos días moitos blogs están a convidar aos seus visitantes a sintonizar La 2 de TVE ás doce e media desta noite, aínda que habería que precisar que ao estar no verán as audiencias non son tan fortes coma noutras épocas polo que, aínda que o incremento do share poida ser posible, a meta que comentaban algúns de 900.000 espectadores é demasiado ambiciosa para esta época do ano e horario de emisión (posiblemente habería que superar o 12% de cota de pantalla para acadar tal número de espectadores).

Once concellos máis contarán con telecentros de comunicación


O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, asinou este venres un protocolo de colaboración cos alcaldes de once municipios galegos para a posta en marcha de cadanseu telecentro de comunicación, para achegarlle á cidadanía as novas canles e soportes audiovisuais. Os concellos beneficiados serán Arzúa, Betanzos, Carballo, Muros, Becerreá, Guitiriz, Catoira, Marín, Tui, Vilagarcía de Arousa e Melide.

Na súa intervención, o secretario xeral salientou que "o paso dado hoxe supón un paso na boa dirección, posto que as comunicacións a través das novas tecnoloxías teñen tanta importancia como as estradas convencionais no desenvolvemento do país". "Estamos mergullados na economía do coñecemento e a transmisión da información supón un paso moi importante no que Galicia non se pode quedar atrás". "Son esas comunicacións as que van decidir a prosperidade dos países e os que non o asuman quedarán atrás", subliñou.

Tal e como destacou, os telecentros de comunicación "non son puntos illados senón que son unha malla que contribúe a cohesionar o país e a facer comunidade, nunha Galicia poboacionalmente dispersa e cunha complicada orografía". Así, "os concellos deben aproveitar os telecentros como unha ferramenta inmediata de comunicación, así como para incorporarse á Sociedade do Coñecemento", incidiu.

A Secretaría Xeral de Comunicación colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico. Ademais, incorpora o concello á Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) para que se beneficien do traballo colaborativo en rede e da comunidade virtual da RTC.

Os concellos asinantes do protocolo poñen a disposición do proxecto un local onde desenvolver as actividades propias do telecentro, cunha extensión mínima de 80 metros cadrados e sen barreiras para persoas de mobilidade reducida. Así mesmo, asumen, con cargos aos orzamentos municipais, os gastos de acondicionamento do telecentro, ao tempo que se comprometen co mantemento ordinario e apertura constante ao público do espazo.

A Rede de Telecentros de Comunicación (RTC) é un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración cos concellos onde se sitúan. Actualmente existen telecentros na Coruña, Abegondo, Boiro, Ribeira, Santa Comba, Santiago, Vedra, Vimianzo, A Fonsagrada, Foz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Viveiro, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Verín, Xinzo de Limia, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Redondela e Vigo.

Vigo conta con cabinas para acceder á Internet de balde

Abel Caballero probando un dos novos puntos de acceso libre á RedeAbel Caballero, alcalde de Vigo, presentou este xoves 11 puntos de acceso público á Internet distribuídos pola cidade olívica dos que xa funcionan 3 (na Praza da Independencia, no Paseo de Alfonso e no Calvario). Estes sistemas teñen unha aparencia externa semellante á dunha cabina telefónica e permiten aos cidadáns acceder á Rede durante 10 minutos a calquera hora. Contan unha pantalla de 17 polgadas de alta luminosidade (para poder operar baixo a luz do sol) e se manexan cun trackball.

Esta iniciativa pioneira en Galicia espallarase a 8 puntos máis de Vigo, coma o Centro Comercial A Laxe, a rúa do Príncipe ou as Prazas de España e América. Caballero declarou que o proxecto é unha oportunidade «para calquera de nós, que nun momento determinado necesitemos información e non teñamos acceso a Internet, e para os turistas que visitas Vigo e precisan consultar algo na Rede».

Unha recomendación de cine XXIII

Kung-fu panda

Pó é o admirador máis grande do kung fu que existe... o cal non é de moita utilidade para alguén que traballa na tenda de noodles familiar. Inesperadamente é elixido para concretar unha antiga profecía, os soños de Po fanse realidade cando se suma ao mundo do kung fu e estudia xunto aos seus ídolos, os lendarios Cinco Furiosos baixo o liderazgo do seu gurú o maestro Shifu. Pero a vinganza de TAi Lung cae sobre eles e Po debe defender a todos aqueles que coñece.

Entrevista a Maria Carmen, usuaria


María Carmen Carro ten 56 anos e traballou de modista durante moitos tempo. Ela tamén achegouse a Rede de Dinamización para recibir formación grazas os obradoiros de alfabetización dixital e así "perderlle o medo" o ordenador.

¿Qué che parece a iniciativa da Rede de Dinamización?

Pareceume moi ben porque aprendes moito e desenvolveste mellor na vida.


¿Sácacheslle partido?

Si, porque agora empezo a saber desenvolverme e a buscar cousas pola miña conta.


¿Gustouche, paréceche interesante?

Moi interesante. Porque estás nunha idade e o coñecemento do ordenador dache acceso a moitas cousas que antes non coñecías.


¿Cantos obradoiros levas?

Levo sete, e actualmente vou polo octavo. Fixen obradoiros de iniciación a informática, iniciación a internet, creación dunha conta de correo electrónico, procesador de textos, mecanografía, debuxo...


¿Entón repetirás?

Si, para mellorar sempre. Algúns incluso me gustaría repetilos para non olvidar o xa aprendido.


¿Algo que che chamara a atención?

O correo electrónico poderme comunicar con tanta rapidez e o buscar cousas que me interesan na rede sobre temas que me preocupan.Eu teño fibromialxia e grazas a internet podo coñecer máis cousas acerca desta enfermidade e poñerme en contacto con máis xente que pasa por isto. Púxenme en contacto cun médico gracias a rede. Estou moi contenta.


¿Decepcións?

Ningunha. Tal vez máis que os obradoiros duran pouco algo máis de tempo non lles viría mal.


¿Algo que che gustaría que fixeran?

Un de receitas de cociña e acaban de poñelo. Un de exercitar a memoria en Internet.


¿Que lle dirías a xente para que se animase a participar?

Pois que se animen que para aprender non hai idade, que o pasas ben e que aprendes moitas cousas.

A Enciclopedia Galega Universal xa está dispoñíbel na rede


Este xoves presentouse oficialmente a edición dixital da Enciclopedia Galega Universal de Ir Indo Edicións. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, que participou na presentación, asegurou que vai supoñer "un antes e un despois" para a presenza de Galiza e do noso patrimonio cultural e lingüístico na Sociedade da Información.

No acto participaron, ademais, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela; o director de Ir Indo, Bieito Ledo; o reitor da USC, Senén Barro, e o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares.

Quintana apostou pola necesidade de empregar internet como vehículo que reforce a identidade cultural galega, na procura do enriquecemento e da normalización cultural e lingüística de Galiza. Tamén salientou que é preciso aproveitar a oportunidade de xerar contidos galegos e en galego para a rede, como indica o apartado CeS-LA2-I1 do PEGSI. Deste xeito, pódese dar resposta ao 62% das persoas que acceden á rede e consideran baixa ou moi baixa a presenza de contidos en galego, segundo a última enquisa do OGSI.

A Enciclopedia Galega Universal na internet conforma un gran fondo cultural que sintetiza en galego e dende unha óptica galega os aspectos máis destacados de Galiza e contribúe así a pór en valor a nosa cultura e a nosa lingua, paliando así o déficit habitual de contidos. Na súa elaboración tamén se tiveron en conta cuestións de igualdade e de accesibilidade, coa eliminación da linguaxe sexista e a incorporación de sistemas de accesibilidade para as persoas con discapacidade, como por exemplo a creación de entradas de voz para persoas cegas.

PEGSI
O vicepresidente da Xunta tamén explicou que o apoio a esta iniciativa enmárcase dentro da estratexia de promoción da sociedade da información en Galiza, articulada a través do Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) . A Consellaría de Innovación e Industria achegou 60.000 euros para a adquisición dunha licenza corporativa para o seu emprego nos centros da Rede Galega de Dinamización da Sociedade da Información e na adquisición de 2.000 licenzas individuais.

Quintana asegurou que, precisamente, aproveitar as TIC como vehículo de promoción e posta en valor da nosa identidade e da nosa lingua, conformando unha verdadeira oferta de servizos e contidos galegos e en galego, é un dos obxectivos básicos do Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información, "un plan que permitirá a Galiza inserirse definitivamente na Sociedade da Información".

A Enciclopedia Galega Universal en Internet, ao igual que na súa versión impresa, é a primeira enciclopedia de carácter universal escrita integramente en galego. Editada por Ir Indo Edicións, é unha obra de carácter interactivo e multimedia, que incorpora vídeos, animacións e audios. Conta con 200.000 entradas permanentemente actualizadas, 20.000 mapas, 50.000 fotografías, material didáctico para profesores e alumnos, ademais de variados xogos e concursos.

Unha parella do blogomillo explora e critica os pratos que participan no concurso compostelán de tapas.

A cidade de Compostela está a vivir, dende finais de xuño até mediados de xullo, o primeiro concurso de tapas (ou petiscos) Santiago (é)tapas, que premiará as mellores mini-propostas gastronómicas dos bares e restaurantes participantes. A iniciativa pretende promocionar a nosa cociña e valorarase mediante o voto popular, que se pode reflectir nos pousavasos que se entregan con cada consumición. Pero xa está a haber, tamén, unha votación e seguimento no blogomillo.

Por unha banda, os blogogastrónomos tradicionais dedicáronlle cadanseu artigo ao certame, aínda que non se está a notar unha participación activa no mesmo. É o caso de Manuel Gago en Capítulo 0, Miguel Vila en Colineta ou o Gourmet de Provincias. Pero tamén hai blogueiros que anunciaron expresamente a súa intención de actuar de xurado, como AK-77 -que se queixa dos prezos-, ou, cun seguimento bastante exhaustivo, Fer e Xorna.

Os dous blogueiros están a facer un percorrido polos locais que participan no concurso, probando os diferentes petiscos e valorándoos, ademais de nos pousavasos, nas súas bitácoras, a xeito de crítica gastronómica. Xa avisan por adiantado que non son gastrónomos nin cociñeiros, aínda que as súas indicacións poden ser bastante útiles para a xente que desexe facer o mesmo percorrido, pois tamén informan dos prezos que, ás veces, son unha sorpresa. Ademais das tapas, teñen en conta a atención ao cliente e mesmo o feito de que usen o galego.

Aínda queda unha semana por diante e, polo momento, propuxéronse seguir a viaxe por Compostela adiante e, por suposto, contalo nos seus blogs.

Caja Madrid e Fademga integrarán as persoas con discapacidade intelectual nas TIC

A Obra Social Caja Madrid e Fademga Feaps Galicia asinaron un convenio polo que a entidade financeira achegará 95.750 euros a prol da inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual do país. Desa cantidade, 42.000 euros van destinados ao 'II Plan integral de formación de persoas con discapacidade intelectual para a súa capacitación laboral a través das Novas Tecnoloxías'.

As accións formativas terán como beneficiarios nesta convocatoria a preto de 250 persoas con discapacidade intelectual, ademais das súas familias organizando seminarios que melloren as súas posibilidades de empregabilidade. Grazas aos bos datos, tanto de acollida como de resultados, do primeiro plan, desenvolvido no ano 2007, engádese unha mellora: a utilización do ordenador dentro do programa formativo, como ferramenta fundamental no mundo laboral que é.

O principal obxectivo do II plan de formación é achegar o mundo da informática e o uso das TIC ás persoas con discapacidade intelectual de Galiza. Con isto, preténdese abrir novas vías para a súa integración laboral, xa que internet e as novas tecnoloxías supoñen un poderoso instrumento de cohesión social e territorial.

Pero, para que non se convertan, do mesmo xeito, nunha fonte de desigualdade, dende Fademga Feaps Galicia e Caja Madrid preténdese dar unha formación axeitada e especializada sobre o mercado de traballo e o acceso ao emprego, evitando a ‘infoexclusión’.

As solicitudes para os procesos selectivos da Xunta xa se poden presentar a través da Internet


As persoas que van participar en procesos selectivos da Xunta de Galicia poderán presentar as súas solicitudes a través da Internet, que nun principio se aplican xa os procesos do subgrupo C2 e na agrupación profesional de persoal subalterno polos sistemas de acceso xeral e de consolidación de emprego, e se estenderá de xeito xeral ás de próxima publicación.

O novo sistema de presentación de solicitudes de participación, desenvolvido en colaboración co Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económica-Financeira e Contable, entrou en funcionamento esta semana e funciona mesmo sen certificado dixital.

I Concurso de Blogues (prensa)


En Código Cero.

Na web da Sociedade da Información.

No periódico dixital Vieiros.

No Correo Galego.

Máis.

I Concurso de Blogues

BASES DO I CONCURSO DE BLOGS

A Rede de Dinamización en colaboración co Centro Comarcal e o Concello de Ordes invita a toda persoa interesada a participar no I Concurso de Blogues. Poden ser blogues de calquera tipo, desde aqueles blogues onde cada un relata as súas experiencias persoais até aqueles onde se falan das afeccións ou no que se manifestan opinións.

Obxectivos

• Dar a coñecer os blogues como ferramenta de comunicación
• Facer aos cidadáns partícipes da Sociedade da Información
• Dar a coñecer os diferentes blogues dos cidadáns de Ordes

Participantes

1. Poderán participar todas aquelas persoas que así o desexen sempre e cando residan no Concello de Ordes.

2. Os blogues deben de estar activos e a súa data de creación debe ser posterior ao 1 de marzo do 2007.

3. O contido dos blogues é libre pero quedan excluidos aqueles con temáticas como a xenofobia, o terrorismo, a pornografía, etc...

4. Poden inscribirse un número máximo de 2 blogues por persoa.

Presentación de candidaturas

Para participar deben enviar un email: rebeca.ordes@dinamiza.sociedadedainformacion.eu cubrindo os seguintes datos:

• Nome e apelidos
• Enderezo
• Telefono
• Idade
• Dni
• Enderezo do blogue

Unha vez inscrito deberás entregar un certificado de empadroamento á Dinamizadora da Sociedade da Información no Centro Comarcal de Ordes. (Luns-venres 8:30-15:30)


Premios

Concederase un único premio ao Mellor Blogue.

O blogue premiado recibirá unha memoria USB, un porta CDs, unha camiseta da Rede de Dinamización e un mp3.

Calendario

O prazo de inscripción se iniciará o 4 de xullo do 2008 e rematará o 21 de xullo do 2008.

O xurado disporá dunha semana para escoller os blogues gañadores.

O día 29 de xullo publicarase no Blogue da Dinamizadora de Ordes (www.ordesdinamiza.blogspot.com) o nome do blogue gañador.

O día 31 de xullo ás 13:30 farase entrega do premio nun acto no Concello de Ordes

Xurado

Estará composto por:

• Un membro do equipo de goberno do Concello de Ordes
• Dinamizadora da Rede de Dinamización da Sociedade da Información
• Informático do Concello de Ordes

A valoración do xurado farase en base ao cumprimento das normas de participación do concurso.

O xurado resérvase a facultade de interpretar e resolver calquera circunstancia non prevista nas bases.

O xurado reservase a facultade de excluír do concurso a todos aqueles que non cumpran as bases.

Se o xurado non chega a un consenso o premio quedará deserto.

Aceptación

A participación no concurso implica a aceptación de todas e cada una das bases do concurso.

Política Lingüística convida a xogar ás palabras encadeadas con axuda da Rede


A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou esta mañá en Santiago os contidos de campaña baixo o lema En galego, tes todo por vivir, que vai ter presenta en medios de comunicación impresos, audiovisuais e dixitais de Galicia, e que será o marco dunha serie de actividades lúdicas e dinamizadoras en distintos ámbitos sociais.

A mocidade será o principal obxectivo desta campaña, por ser o sector con menor uso do galego, convidando aos novos a xogar ás palabras encadeadas, actividade que poderán trasladar ao mundo real nunha instalación multimedia itinerante coñecida como A Cova.

A Internet tamén xogará un papel importante nesta iniciativa, centrándose as actividades baixo a web de palabrasencadeadas.com, no que se publicarán as iniciativas na Rede dirixidas a todos os públicos, que comezan cun concurso para achegar imaxes nas que estean capturadas palabras galegas.

O xogo proposto na web consiste en elixir unha palabra que dende a Secretaría Xeral remitirán en soporte físico para que o participante (maior de idade) poida levala á oficina, de festa, de acampada ou a calquera outro lugar no que retratarse (en imaxe ou vídeo) para deixar constancia das palabras galegas no mundo actual. Logo, os internautas poderán votar as mensaxes recibidas dos participantes. Finalmente o concurso rematará nunha festa na que os participantes devolverán a palabra recibida e recollerán a cambio o premio que lle corresponda.

Traducen ao galego unha aplicación informática para nenos autistas


Unha aplicación informática deseñada para nenos autistas estará axiña dispoñíbel na nosa lingua. O software, denominado Zac Browser, foi creado por un avó de Las Vegas para o seu neto. O feito de ser software libre facilitou a súa localización. O enxeñeiro Iago Seara, co apoio de Tadega, é o encargado da tradución.

Segundo informa o xornal Galicia Hoxe, un avó de Las Vegas (EUA), informático e cun neto autista, decatouse de que internet podería ser unha boa ferramenta para a rehabilitación do seu neto de seis anos. Con todo, o único que conseguiu foi o desánimo tras constatar que para o pequeno Zac Villeneuve a gran cantidade de cores, os banners e os contidos estridentes da rede non o axudaban en nada. Cos seus dotes de programador, John LeSieur deseñou un navegador web específico para cativos autistas, que simplifica a procura de contidos e elimina os elementos que afectan á mente de quen sofren o autismo.

Así, este informático estadounidense uniu os seus coñecementos aos de pedagogos e especialistas psiquiátricos para incorporar numerosas prestacións que fixesen adecuado o seu navegador ao autismo. O bloqueo dalgunhas teclas e funcións do computador para que o pequeno non se distraia con elementos secundarios, como o botón dereito do rato ou a tecla Imprimir pantalla; e outros elementos do navegador, como as iconas simplificadas e o seu gran tamaño, axudan ao neno a acceder de forma directa a xogos, contos ou exercicios mentais.

Aproveitando a súa pequena empresa de software chamada People CD Inc., deuse á tarefa de proxectar o navegador. Pronto, do obxectivo primixéneo de axudar a Zackary, LeSieur pasou a recibir noticias de centos de pais de fala inglesa de todo o mundo que probaran con éxito o Navegador Zac para Nenos Autistas (www.zacbrowser.com), colgado en internet. A aplicación de software ten agora unha versión en castelán e en breve estará dispoñíbel en galego grazas ao traballo do informático Iago Seara e á colaboración do colectivo Tadega (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

En canto o enxeñeiro informático Iago Seara soubo do traballo de John Lesieur quixo contactar con el. Así, o galego alzouse de motor dun equipo de especialistas que iniciaron o proceso de traducir a aplicación ao castelán. E o fixeron en menos de dúas semanas. "Admiro a filosofía de John porque quere levar o proxecto o máis lonxe posíbel para axudar a canta máis xente mellor. Iso paréceme precioso", apunta Seara. Así, sen ánimo de lucro e a través de software libre, ofrecen o navegador zac para quen o precise de xeito gratuíto, cunha simple descarga. "O software libre é moi importante cando o que se quere é chegar a moita xente. Neste sentido, a John insistíronlle en que debía cobrar e moita xente quixo facelo para subvencionar o proxecto, pero el sempre se negou", comenta. "De todos xeitos, é máis doado cando un dispón dos medios económicos ao alcance porque hai proxectos que carecen dun apoio monetario para sair", puntualiza.

A Consellaría inicia o proceso para axudar os autónomos a adquirir ordenadores

A Consellaría de Innovación e Industria publica este venres no Diario Oficial de Galicia a convocatoria aberta ás empresas interesadas en participar como entidades colaboradoras no proceso de adquisición de ordenadores por parte dos traballadores por conta propia dados de alta no réxime especial de traballadores autónomos.

Nunha segunda fase, Innovación e Industria asinará un convenio con estas empresas colaboradoras e publicará no DOG a relación das entidades asinantes, así como a apertura do prazo para que os traballadores autónomos poidan facer as súas solicitudes a través destas. A Consellaría dirixida polo nacionalista Fernando Blanco dará unha axuda máxima de 350 euros por traballador autónomo, a través desta orde que conta cunha dotación orzamentaria global de case 1,7 millóns de euros para o bienio 2008-2009.

Dinamización da sociedade da informaciónA adquisición de ordenadores por parte dos traballadores autónomos vai parello cun plan de sensibilización e divulgación por parte das entidades colaboradoras en relación co uso de ferramentas de software libre, xa que os equipos deben levar instaladas diversas aplicacións en código aberto, cando menos un sistema operativo GNU/Linux, un paquete ofimático (OpenOffice) e o navegador para internet (Firefox). Tamén se divulgará entre os traballadores autónomos o emprego da sinatura dixital

Un de cada cinco cidadáns do Estado xa fai uso da e-administración


O informe 'As TIC na Administración Local do futuro', presentado por Telefónica, analiza a implantación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación nos concellos do Estado. A Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos obriga ás Administracións Públicas a que os servizos electrónicos sexan accesíbeis para todos os cidadáns a partir do 1 de xaneiro de 2010.

O informe, que analiza polo miúdo o Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI), pon de manifesto un desenvolvemento desigual da Administración Electrónica no Estado. Así, mentres algúns servizos teñen enorme éxito e até recoñecemento internacional, como é o caso da Axencia Tributaria, a Seguridade Social, o catastro ou o DNI electrónico, hai outras parcelas nas que hai que facer un maior esforzo, concretamente na Administración local. Ademais, o nivel de desenvolvemento das TIC neste ámbito presenta tamén importantes diferenzas, derivadas do tamaño dos concellos.

Un 85% dos municipios do Estado ten menos de 5.000 habitantes e son entidades que dispoñen de recursos limitados para abordar a implantación das TIC. Nese sentido, o informe inclúe un mapa de boas prácticas para aplicar as TIC á xestión local que reducirían o problema da fragmentación.

Tamén se atopa por debaixo da media das Administracións a taxa de computadores por cada cen empregados, con 57 equipos. Aínda así, o 82,45% dos terminais da Administración local están conectados a internet.

A porcentaxe de cidadáns con máis de 15 anos que contactan coa Administración a través de Internet está aumentando de forma moi significativa trimestre a trimestre. Así, no terceiro trimestre de 2007 xa era do 19,3%, fronte ao 16,9% do primeiro do 2006. Lideran a e-administración os servizos de petición de documentos e pago de impostos, ambos os dous por riba do 30%.

O DOG publica a convocatoria de axudas do programa Concellos Dixitais

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde do 25 de xuño da Consellaría de Innovación e Industria que convoca as subvencións do programa Concellos Dixitais 2008-2009 no marco do PEGSI e do Plan Avanza que desenvolve a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información.

A convocatoria xorde a raíz da addenda ao convenio marco do Plan Avanza entre a Consellaría e o Ministerio de Industria para a posta en marcha do programa. Os seus obxectivos son, especificamente, implantar a Administración electrónica, fomentar a dispoñibilidade e uso dos servizos municipais dirixidos aos cidadáns e ás empresas, ofrecer servizos básicos dixitais e fomentar a aplicación de actuacións relacionadas coa cultura, turismo e ocio mediante o uso das tecnoloxías da información.

As súas actuacións financiaranse coa participación do Feder, polo que están condicionadas ao cumprimento da normativa europea na materia. As subvencións van dirixidas a concellos que desenvolvan proxectos no ano 2008 ou que se inicien no 2008 e rematen no 2009.

Pódense consultar os prazos e a documentación que se debe presentar nas páxinas do DOG.

Entrevista a Encarna, usuaria

Encarna é unha das moitas persoas que se achegaron os obradoiros de novas tecnoloxías que se están levando a cabo en Ordes grazas a colaboración da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, o Centro Comarcal de Ordes e o Concello da vila. Dende o pasado febreiro véñense realizando obradoiros de acercamento o mundo dixital. A afluencia é masiva e a experiencia moi boa. Falamos con Encarna e expresounos a súa opinión. Encarna ten 53 anos e durante 32 traballou aquí en Ordes na empresa Viriato.

¿Qué che parece a iniciativa da Rede de Dinamización?

A min paréceme moi bo porque sempre que haxa cousas novas que aprender, e saber un
pouco máis sobretodo no de informática é importante porque é imprescindible sobretodo para a xente da nosa idade que non temos coñecementos do tema.


¿Sácacheslle partido?

Eu diría que si, porque non sabía nada. Terei que practicar pero deume unha base para desenvolverme.

¿Gustouche, paréceche interesante?

Paréceme moi interesante, gustoume moito. A profesora ten moita paciencia, moi clara e precisa. Calquera cousa que lle preguntes está ahí para clarexala.

¿Cantos obradoiros levas?

Pois xa van seis, e teño pendentes dous que me interesan.

¿Entón repetirás?

Si, consideroos interesantes. Gústame aprender cousas novas e isto apórtame coñecemento e iso é estupendo.

¿Algo que che chamara a atención?

Internet. Oira falar del pero ver que non ten límites é incrible.

¿Decepcións?

Exactamente nada, algúns camiños son largos. Os pasos que hai que seguir son as veces largos e confúndome as veces. Pero para iso continúo para aprendelos.

¿Algo que che gustaría que fixeran?

Gustaríame seguir practicando para aprender ben.

¿Que lle dirías a xente?

Hai moita xente que está na casa soa e triste, que saliran e se animasen a vir a estos cursos que aprenderan cousas novas que é moi gratificante.

Publícase no DOG a resolución das axudas á implantación das TIC nas empresas


A Consellaría de Innovación e Industria vén de resolver a convocatoria de apoio ao tecido industrial galego para o seu desenvolvemento tecnolóxico coa concesión dun total de 331 axudas para a execución doutros tantos proxectos vinculados coa implantación das TIC nas empresas. A orde publícase este martes no DOG.

As devanditas axudas pódense consultar tamén na páxina web da Consellaría de Innovación e suman un investimento total de 5 millóns de euros, convocado polo departamento de Fernando Blanco para investimentos das empresas en materia de sociedade da información. Esta cantidade supera nun 66,6% o orzamento destinado ao desenvolvemento das TIC na industria o pasado exercicio e nesta ocasión as axudas chegan a cubrir o 70% dos investimentos dos proxectos, fronte ao 50% do ano anterior.

A maioría dos proxectos subvencionados (181) encádranse na implantación de aplicacións informáticas baseadas en código aberto e na adquisición de aplicacións de carácter produtivo, para os que se destina tamén a maior parte do crédito (2,65 millóns de euros). Outra das liñas de actuación con grande aceptación foron as axudas destinadas á mellora da infraestrutura interna, é dicir, a adopción e utilización máis eficiente por parte das empresas de melloras substanciais nos seus sistemas de información, como pode ser a implantación ou mellora da rede de datos internos dos negocios, liña na que se subvencionarán 89 proxectos cun orzamento global de 1 millón de euros.

Preto doutro millón de euros destínase a 38 proxectos de empresas que desenvolven a súa actividade económica especificamente no ámbito das tecnoloxías da información e das telecomunicacións, coa finalidade de xeraren novos produtos e servizos mediante o desenvolvemento de aplicacións informáticas baseadas en código aberto. Por último, 150.000 euros dentro desta convocatoria subvencionarán a formación técnica e promoción do sector TIC facilitando a presenza dos profesionais en foros especializados de comercialización, formación tecnolóxica e estandarización, así como a asistencia a cursos de formación específica e especializada nos medios de produción necesarios para o desenvolvemento da súa actividade. Neste campo subvenciónanse 23 proxectos.

Dende a Asociación PuntoGal detallan que os novos gTLD deberán cumprir con condicións estritas para a súa creación

Representantes da Asociación PuntoGal nunha pasada xuntanza de ICANNA pasada semana a ICANN presentou na súa 32ª xuntanza internacional en París un breve programa actualizado sobre a introdución dos novos dominios xenéricos de primeiro nivel (gTLD) a través da GNSO (Organización de Apoio de Nomes Xenéricos), que elaborou unha política para guiar a introdución destes novos dominios que inclúen unha serie de criterios de selección, que os solicitantes deberán cumprir para conseguir a creación dun novo dominio, como serían a demostración da súa capacidade organizativa, técnica, operativa e financeira para poder levar a cabo as operacións de rexistro de dominios. As candidaturas tamén deberían ter que contar co respaldo unánime das comunidades ás que representan.

Todo isto o detallan dende a Asociación PuntoGal, que queren así desmentir as informacións que daban a entender que os novos gTLD se poderían rexistrar libremente, cando o proceso real é moi diferente. Tamén indican que os requisitos que se deberán cumprir non se coñecerán ata finais de 2008, e incluirán o pago dunhas taxas de solicitude nun proceso que se podería iniciar na primavera de 2009.
Durante o encontro parisino, os representantes da Asociación PuntoGal xuntáronse con Karla Valente, directora do programa de dominios xenéricos, para presentarlle persoalmente a iniciativa dun dominio de Internet para a lingua e a cultura galega; así como tamén mantiveron conversas con membros doutras candidaturas lingüísticas e culturais asistentes á xuntanza de ICANN.

Google homenaxea á Selección Española de fútbol

O novo Bacharelato inclúe unha materia TIC e perde outra sobre literatura galega

O novo Bacharelato dará para o ano unha de cal e outra de area. Segundo informa o Consello da Cultura Galega, a partires do vindeiro curso será obrigatorio que todos os centros teñan a disposición dos rapaces unha materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs) de natureza optativa. Por certo que esta incorporación, encamiñada a afianzar entre os nosos mozos e mozas o uso racional das redes do coñecemento, virá acompañada doutras iniciativas a nivel estatal como a posta en marcha dun portal web da escola 2.0 para a comunidade educativa (con mestres e estudantes interactuando e participando dun xeito semellante aos internautas que traballan man con man para facer programas e webs ou para enchelas de contidos).

Pola contra, e a xuízo de CIG-Ensino, os cambios aplicados na oferta dos institutos tamén ten lados negativos. Por exemplo, coa supresión da Literatura Galega do Século XX como materia a elixir de xeito libre. A medida, que o sindicato esixe que se retifique (para que se manteña non só a dita materia, senón tamén as de Literaturas Hispánicas e Literatura Universal Contemporánea), non significa segundo a Consellería de Educación que se deixen de impartir os ditos contidos, senón que estes virán inseridos xa noutras partes do programa formativo. Por exemplo: na propia materia de Literatura Galega.