Noticias da Rede de Dinamización

INNOVACIÓN E INDUSTRIA ASINA HOXE EN PONTEVEDRA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COS CONCELLOS DE MOAÑA, O GROVE E CUNTIS PARA DESENVOLVER A REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na Sociedade da información e o desenvolvemento rural, que está a desenvolver a Consellaría de Innovación e Industria a través da súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. A Rede contribúe a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas,obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática,adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres,persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Este día, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
Información asinará un convenio de colaboración cos concellos de Moaña, O Grove e Cuntis, para acoller na fase de formación práctica a un dinamizador/a da Sociedade da Información. O acto desenvolverase ás 12 horas, na sala de xuntas de Presidencia do Edificio Administrativo da Xunta, e nel tamén participará a delegada provincial da Consellaría en Pontevedra, Monserrat Prado, e os representantes dos concellos asinantes. Posteriormente procederase a presentación oficial a ditas entidades colaboradoras dos dinamizadores/as.

0 comentarios: