Concellos e asociacións terán dinamizadoras de novas tecnoloxías

Sete concellos e dúas asociacións da provincia de Lugo integraranse nunha rede de dinamización da sociedade da información mediante un convenio asinado onte coa Consellería de Industria. O obxectivo é fomentar o coñecemento e o interese polas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) en zonas con dificultades para a súa penetración e en sectores da poboación que están á marxe nas zonas rurais.

O acordo foi asinado onte pola directora xeral de Promoción Industrial e dá Sociedade dá Información, Helena Veiguela, cos alcaldes e representantes dos concellos de Ribeira de Piquín, A Pastoriza, Riotorto, Mondoñedo, Ribadeo, Burela e Chantada. Tamén foi subscrito coa Fundación CEL e coa Asociación de Veciños de Cabreiros, en Xermade.

O acto celebrouse ao mediodía no edificio da Xunta, coa asistencia tamén do delegado provincial de Industria, Ramón Cortés, e de todo o persoal que vai desenvolver o programa na provincia. Nesta segunda convocatoria foron atendidas en toda Galicia 36 solicitudes doutros tantos concellos e asociacións, correspondéndolle a esta provincia a cuarta parte. Con respecto ao persoal que levará a cabo as iniciativas, a directora xeral dixo que no conxunto da Comunidade foran presentadas máis de 90 solicitudes, dándose a circunstancia de que, salvo unha, todas corresponderon a mulleres.

Estas persoas, con contratos de bolseiras , centrarán todo o seu traballo en conseguir espertar o interese polas TIC entre un sector da poboación que está á marxe. Para iso, nos seus respectivos municipios ou colectivos organizarán charlas-coloquio, presentacións e outros actos de difusión das novas tecnoloxías e das súas posibles utilidades para eses colectivos.

Unha segunda fase será a organización de talleres e cursos con persoas interesadas. Neste caso a misión das bolseiras será coordinar e reunir a un colectivo nunha zona, xa que a parte docente estará a cargo de persoal especializado.

Innovación e Industria e Eroski potenciarán o uso do galego na telefonía móbil

A Consellaría de Innovación e Industria e a sociedade Eroski promoverán e fomentarán o uso do galego de xeito progresivo no ámbito do sector da telefonía móbil. Isto é así grazas ao convenio de colaboración que asinaron o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, a directora da Secretaria Xeral do Grupo Eroski, Leire Barañano, e o director xeral de Velgasa, Joaquín González Iglesias.

Mediante este convenio, a Consellaría de Innovación e Industria dará o apoio institucional necesario a cada unha das actividades levadas a cabo pola operadora en materia de promoción da lingua e cultura galega, ao mesmo tempo que lles presta o seu asesoramento lingüístico de xeito gratuíto nas revisións terminolóxicas das traducións en galego. Para rematar, promocionará de xeito anual as novidades que haxa en galego baixo o concepto ‘Telefonía móbil en galego’, sobre todo na campaña de Nadal.

A Deputación da Coruña edita un CD-Rom que compila as principais ferramentas informáticas para o uso correcto do galego

O deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de xénero e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Xoán Manuel Sande, e a concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do concello da Coruña, Ermitas Valencia Romar, presentaron esta mañá, na sede da institución provincial, o CD-Rom e a páxina web " Recursos Lingüísticos".

Segundo explicou Xoán Manuel Sande, a Deputación da Coruña editou un total de 3.000 CD-Rom desta ferramenta informática, que serán distribuidos aos concellos e ás entidades sociais da provincia. Neste soporte informático inlúense "os recursos e ferramentas lingüísticas e sociolingüísticas máis destacadas que se poden atopar na rede", como ligazóns a dicionarios e vocabularios, tradutores, recursos para a aprendizaxe e mellora do noso galego e un amplo apartado denominado "Linguateca", no que o usuario poderá atopar dende enderezos relacionados coa toponimia e a antroponimia, ata enlaces nos que descargar programas informáticos de uso cotián en lingua galega.

A información incluída neste CD-Rom compleméntase cunha páxina web, que inclúe a posibilidade de descarga desta ferramenta informática, e que servirá como "punto de encontro" para escoitar as propostas e comunicacións das persoas que queiran achegar opinións e recursos.

A páxina web entrará en funcionamento nos vindeiros días na dirección web www.recursosparaogalego.com , e contará ademais cunha ligazón dende a páxina web principal da Deputación da Coruña www.dicoruna.es. Como o proceso non se presenta como un proxecto estático, xa que poden aparecer novos recursos, ou mudar os existentes, a páxina web servirá como elemento de actualización do CD-Rom.

Segundo explicou a concelleira responsable da área de Normalización Lingüística da Coruña, Ermitas Valencia, o concello herculino ven de adquirir 1.000 Cd-Rom, que ademais de ser distribuidos ás entidades da cidade, serán usados en obradoiros en diferentes asociacións "para dar a coñecer esta ferramenta informática de gran utilidade e complementar a labor da Deputación".

Ermitas Valencia considerou especialmente interesante a sección "Linguateca", que permitirá ás empresas e entidades obter software libre en galego, e destacou que o obxectivo principal desta acción é "prestixiar a lingua galega a través das novas tecnoloxías".

Novas

O CESGA desenvolve un contorno virtual para mellorar a calidade de vida das familias con persoas con diversidade funcional.O proxecto é cofinanciado pola Consellaría de Innovación e Industria a través da Dirección Xeral de I+D+i.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2008.- A área de e-learning do CESGA traballa na implementación dun contorno virtual baseado en Software Libre, dentro do marco do proxecto de investigación “Estudio e análise do impacto da utilización das TIC na atención ás persoas con discapacidade e ás súas familias: Calidade de Vida e Autoxestión”. Este contorno permitirá, entre outras cousas, mellorar tanto a comunicación intrafamiliar como a comunicación entre as familias e o equipo de psicólogos da Universidade de A Coruña. Tamén posibilitará o acceso a información e servicios personalizados de asistencia, consultoría, etc. para as familias con persoas con diversidade funcional.

O Congreso I+C quenta motores

O encontro científico, ao que asistirán 400 investigadores e no que se presentarán 400 comunicacións, servirá para conformar a Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC)

O Congreso Investigar a Comunicación abrirá as súas portas o mércores 30 a partir das dez da mañá, cunha sesión inaugural na que intervirán Senén Barro (reitor da USC), Emilio Pérez Touriño (presidente da Xunta de Galicia), Xosé Sánchez Bugallo (Alcalde de Santiago), Fernando Blanco (conselleiro de Innovación e Industria), Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura), Margarita Ledo (presidenta da Comisión Organizadora) e Miquel de Moragas (presidente da Comisión Xestora da AE-IC). A seguir, Nestor García Canclini, profesor da Universidade Autónoma de México, ofrecerá a Conferencia Inaugural: Investigar a Comunicación. Retos Científicos, Metas Sociais.

O venres pola tarde celebrarase a asemblea fundacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC), cuxa importancia radica en que no futuro servirá como representante dos investigadores perante as instancias responsables da política española e europea de Investigación e Desenvolvemento.

Prazas esgotadas

As prazas para os obradoiros do mes de febreiro esgotáronse hoxe pola tarde. As 10 prazas de cada un dos obradoiros cubrironse en menos dunha semana.

Os obradoiros:

INICIACION Á INFORMÁTICA PARA MULLERES

DURACIÓN: 10 HORAS
DATAS: 11-15 DE FEBREIRO
HORARIO: 17:00-19:00 HORAS


OFFICE: WORD

DURACION: 10 HORAS
DATAS: 18-22 DE FEBREIRO
HORARIO: 18:00-20:00 HORAS

Esperemos que as próximas convocatorias funcionen tan ben como esta.

As prazas para o Xuventude Galiza Net 2008 esgotáronse en 28 segundos

As 1.500 prazas do encontro informático Xuventude Galiza Net 2008, que organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta, cubríronse en 28 segundos, un récord para un proceso que se efectúa a través da internet e que cada ano recibe solicitudes masivas en moi pouco tempo.

Malia que xa non quedaban prazas ás 17:01 do sábado, o formulario de preinscrición permaneceu dispoñíbel na web do encontro até as 22 horas do domingo. É posíbel, en

calquera caso, que se algunha persoa non completa a última fase do proceso de matrícula, aínda queden prazas libres. A matrícula ten un prezo de 37 euros ou 27 se se dispón de Carné Xove ou de Carné Máis.


A festa informática Xuventude Galiza Net está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos e serve de punto de encontro e de referencia sobre as novas tecnoloxías. Desenvolverase entre o 14 e o 16 de marzo no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.

Unha recomendación de cine

Hacia rutas salvaxes

Unha maravillosa viaxe a través das emocións, os pensamentos, as relacións e as ilusións. Un xoven idealista decide emprender unha viaxe cara Alaska para vivir da natureza e atoparse a si mesmo.

O guión de Sean Penn inspirouse a sua vez no libro de Jon Krakauer. Penn logra unha historia fresca e emotiva, ben narrada e dirixida.

Chris McCandless é un xoven de 22 anos pertencente a unha familia adiñeirada. Cando termina os seus estudios na Universidade doa todos os seus aforros a Oxfam para sais en busca do significado da liberdade, do seu soño... deixa as suas pertenzas, quema os cartos que ten no peto e vaga por América, facéndose chamar Alexander Supertramp, ata chegar a Alaska.


Noticia do Correo Galego

Compostela acogerá en febrero el primer foro de blogers sobre gastronomía

El primer encuentro de blogers que abordan en sus diarios en Internet temas enológicos y gastronómicos se celebrará en la capital gallega en el mes de febrero, en el marco del Fórum Gastronómico. El encuentro de blogers, bautizado coo EFórum, servirá para elaborar un decálogo de buenas prácticas que fomente un intercambio de información veraz y transparente.

El fenómeno de los blogs, una faceta de internet en auge y que cada vez congrega a más aficionados, tiene también su aplicación en el terreno de la gastronomía, como un canal de intercambio de información con creciente influencia y visibilidad.

El cordinador de las sesiones de trabajo será el profesor Manuel Gago, de la Universidad de Santiago, con la colaboración de Irene García, profesora de la Universidad de Vic.

Los blogers interesados en participar deberán acreditar la autoría de un diario en Internet gastronómico propio, y formalizar la inscripción en la web www.forumsantiago.com.


Esta noticia saía hoxe no periódico. Deixo aquí constancia dalgúns Blogs e páxinas sobre cocina dignos de ser visitados. Bon apetit!!!


http://glotonia.blogspot.com

http://recetania.com

http://cocinaparaimpostores.blogspot.com

http://wellfed.net/2007/12/17/2007-food-blog-award-winners

www.cocineros.info

Programa Uniporta para a compra de ordenadores portátiles


A Consellería de Innovación e Industria lanza axudas para que os estudantes universitarios galegos compren ordenadores portátiles con conectividade sen fíos (wifi). A Xunta achegará un total de 900.000 euros para o desenvolvemento desta iniciativa, a través do programa Uniporta. Nesta edición incorpora novidades respecto anos precedentes. Así, a axuda por ordenador ascenderá a 200 euros, fronte aos 150 € das anteriores convocatorias.

Neste curso os estudantes poderán escoller o modelo de portátil que queren mercar e facelo en calquera establecemento comercial. Isto supón unha vantaxe salientable, posto que nos cursos precedentes só se subvencionaban dous únicos modelos de ordenadores distribuídos por unha única empresa.

A iniciativa foi presentada polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, xunto cos reitores das tres universidades galegas.

Este curso o programa esténdese tamén para o terceiro ciclo. A medida vai dirixida a calquera estudante matriculado nas tres universidades públicas galegas, tanto de primeiro, segundo e terceiro ciclo coma dos posgraos oficiais. Así mesmo, están incluídas no programa as escolas adscritas ás universidades dos campus galegos.

Uniporta insírese no marco de colaboración institucional coas entidades académicas, co fin de facilitarlle á comunidade universitaria o acceso aos servizos e contidos da Internet e das Intranet universitarias, dun xeito deslocalizado e flexible, mediante a adquisición por parte dos alumnos de ordenadores portátiles con conectividade sen fíos.

Beneficiarios:

Os alumnos matriculados en titulacións oficiais de primeiro, segundo e terceiro ciclo, tanto en centros propios como adscritos

Excluídos

Os matriculados en titulacións non oficiais (posgraos propios), cuarto ciclo, CAP, etc.

Os pertencentes a centros vinculados (Hostalería)

Solicitudes na páxina web

Desde o 2 de xaneiro ata o 31 de outubro. En todo caso, a documentación debe presentarse antes do 15 de novembro e sempre antes dun mes contado a partir da data de admisión da solicitude.

Número de subvencións dispoñibles

977 subvencións para o ano 2008

As solicitudes que cheguen despois de ter acadado ese número quedarán en lista de agarda

Importe da subvención: 200€

Na campaña de 2008 só serán admitidas facturas de 2008

Compatible cos préstamos para xóvenes e universitarios a 60 meses do ICO (Plan Avanza)

Información: nas distintas páxinas web das tres universidades.

Xuventude Galiza Net 08

Dende este sábado está aberto o prazo de inscrición para a web de Xuventude Galiza Net, a gran festa da informática que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade e que terá lugar en Compostela do 14 ao 16 de marzo. O encontro está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, que xa poden rexistrar os seus alcumes na páxina.




A alta na web é o primeiro paso para poder participar en Xuventude Galiza Net 2008. O seguinte paso será o 26 de xaneiro ás cinco da tarde. A esa hora quedará aberto o prazo de preinscrición, que en anteriores ocasións se esgotou en trinta segundos, pois as prazas se conceden por orde de solicitude. As persoas agraciadas poderán, despois, acceder á inscrición e ao pagamento da cota de inscrición, de 37 euros ou 27 para as persoas que dispoñan de Carné Xove ou Carné Máis.

Como nas anteriores edicións, o encontro desenvolverase no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela e contará con numerosas actividades paralelas, ademais do encontro informático en si mesmo.

Subvención entidades sen ánimo de lucro 2008

O 21 de xaneiro publicouse no DOGA unha resolución do 31 de decembro de 2007 na que se convocan axudas a entidades sen ánimo de lucro para a adquisición de equipamento audiovisual e multimedia e para crear medios de información electrónica para o ano 2008.

O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro 24 de febreiro (31 días naturais contados desde o día 22 de xaneiro).

A axuda será de ata o 70% da factura con un máximo de 500€ por PC, 130€ por receptor de TDT con MHP (servizos interativos), 30€ por receptor de TDT sen MHP e de 1.500€ en total para o caso da adquisición de equipamento audiovisual.
Para crear unha páxina web en galego a axuda máxima será de 400€.

A Deputación da Coruña edita un CD de recursos dixitais en lingua galega


A Deputación da Coruña presentou un CD de recursos lingüísticos de galego editado coa colaboración do Concello herculino co obxectivo de fomentar o uso do idioma entre a poboación. O proxecto fundaméntase na "necesidade de contar con recursos actuais e útiles para a difusión do uso e o desenvolvemento da lingua galega". Así, a recompilación de recursos preséntase en formato dixital para "favorecer o uso habitual das tecnoloxías da información en galego".

En total editaranse 4.000 exemplares do CD, 3.000 a cargo da Deputación e 1.000 a cargo do concello, que se distribuirán entre as asociacións da cidade e os traballadores da propia entidade local.

A concelleira de Normalización Lingüística da Coruña, Ermitas Valencia, anunciou que, como complemento este CD, o concello organizará varios obradoiros para ensinar a manexar as ferramentas que conteñen co financiamento da Consellería de Innovación e Industria. Ademais, a Deputación coruñesa porá en marcha a próxima semana unha páxina web que recompilará todas estas ferramentas para o fomento e a extensión no uso do idioma.

O CD conta con varios apartados, entre os que se atopan enderezos en que se poden atopar correctores ortográficos de galego, unha selección de dicionarios xerais e temáticos, enderezos de referencia para a aprendizaxe da lingua, tradutores de galego. A maiores, inclúe a 'Linguateca', un apartado que recolle 'links' con temáticas relacionadas coa lingua galega sobre toponimia e antroponimia, lexislación, lingua TIC e multilingüismo.

Obradoiros en Ordes

Ábrese o prazo de inscrición dos obradoiros de Iniciación a Informática para Mulleres e de Office: Word en Ordes

O Centro Comarcal de Ordes en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da información e o Concello de Ordes abre a inscrición para os obradoiros de informática para Mulleres e de Office: Word de 10 horas de duración, que se desenvolverán desde o día 11 até o día 15 e do 18 até o 22 de febreiro en Ordes co seguinte horario: o primeiro obradoiro será de 17:00-19:00 horas e o segundo de 18:00-20:00 horas.

Con esta actividade preténdese favorecer o uso das novas tecnoloxías, para iso empezarase polos cursos máis básicos para ir pouco a pouco avanzando até niveis máis altos. O obxectivo principal destas actividades é que os usuarios e usuarias “perdan o medo” ao ordenador e o vexan como una ferramenta máis de traballo e unha alternativa de ocio.

Os obradoiros levaranse a cabo na Aula de Informática de Ordes, situada na rúa Xeneral Mola, 31, 2º andar.

O prazo de inscrición para os obradoiros comezará o día 24 de xaneiro. O número de prazas é limitado e será por orde de inscrición.

Para máis información contactar con Rebeca Sánchez no Centro Comarcal de Ordes ou no 981 68 83 86.





INICIACION Á INFORMÁTICA PARA MULLERES

DURACIÓN: 10 HORAS
DATAS: 11-15 DE FEBREIRO
HORARIO: 17:00-19:00 HORAS


OFFICE: WORD

DURACION: 10 HORAS
DATAS: 18-22 DE FEBREIRO
HORARIO: 18:00-20:00 HORAS

Educación impulsa un curso multimedia de chinés


Chinesecom é o novo proxecto da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais que permitirá aos interesados, xa sexan estudantes ou traballadores, achegarse ao chinés a través dun curso multimedia e interactivo, que ten como finalidade acadar unha mellor comprensión das empresas dese país e mellorar a nosa competitividade empresarial.

Antes de poñer en marcha o proxecto, tratarase de investigar sobre os cursos e materiais dispoñíbeis para a aprendizaxe do chinés, e realizar un estudo das necesidades máis importantes con respecto a este idioma das empresas que manteñen relacións con China. O proxecto terá unha duración de 24 meses, que permitirá aos beneficiarios coñecer un pouco máis sobre este idioma, falado por aproximadamente o 20 por cento da poboación mundial.

Poderase acceder a través dun portal

As ferramentas estarán dispoñíbeis a través dun portal dixital, que se converterá nunha importante ferramenta multimedia para as empresas que xa manteñen relacións comerciais con empresas chinesas ou teñen a intención de iniciar relacións con elas nun futuro. Tamén está orientado ao estudantado de Formación Profesional ou a aqueles universitarios que queiran realizar un primeiro achegamento a esta lingua.

A iniciativa xa foi aprobada pola Unión Europea, dentro do Programa de Aprendizaxe Permanente 2007-2013, e que supón un investimento de case máis de 440.000 euros pola súa parte. Tamén colabora a Administración educativa con 147.000 euros máis. O proxecto, conta coa participación de socios procedentes de distintos países, de diversas empresas galegas e do Grupo Compostela de Universidades

Xuventude pon en marcha un curso de portugués na internet



A mocidade do país xa pode aprender portugués na rede. O curso "Portugués para nós" é unha ferramenta gratuíta de ensino da lingua do país veciño impulsada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade de Vicepresidencia co apoio da Universidade de Santiago.

O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, explicou que se pretenden impulsar "os lazos existentes entre os dous países", e responde "á demanda de formación na lingua do país veciño por parte dos mozos e mozas de toda Galiza", demostrada polo "grande éxito" dos cursos de portugués que se veñen ofertando. O interese final é "afondar no coñecemento mutuo entre a mocidade galega e a portuguesa".

As persoas interesadas pódense acceder ao curso en portuguesparanos.com ou en xuventude.net, xa sexa en calidade de visitantes ou de inscritos, co que poderán participar activamente nas actividades. Entre todos os participantes, que obterán un diploma ao rematar o curso, sortearase unha estancia de fin de semana en Lisboa.

Ao remate do curso, preténdese que a mocidade teña competencias básicas para a comunicación en portugués e comprenda textos simples, tanto orais como escritos, ao tempo que valorizan a lingua portuguesa en relación a outros idiomas do mundo. O esquema formativo consiste en oito bloques temáticos, que á súa vez contan con vídeo e audio, gramática, léxico e actuacións de comunicacións, sumado a un apartado sociocultural.

A web emprega a solución de aprendizaxe de código aberto Moodle. Portugués para nós realízase ao abeiro do programa Mobilitas, enmarcado na iniciativa europea Interreg Galiza-Norte de Portugal para incrementar os nexos de unión entre os dous territorios. No investimento de 617.740 euros colaboran tamén o Instituto Português da Juventude, o Eixo Atlántico e a Fundación Galicia Europa.

Novas da Rede de Dinamización


INNOVACIÓN E INDUSTRIA ASINA MAÑÁ NA CORUÑA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN CON OITO CONCELLOS PARA DESENVOLVER A REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

Mañá martes, 22 de xaneiro, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, asinará un convenio de colaboración cos concellos de
Curtis, San Sadurniño, Corcubión, Muros, Betanzos, Vilasantar, Ribeira e Cee, para acoller na fase de formación práctica a un dinamizador/a da Sociedade da Información, segundo a bolsa convocada pola Orde do 20 de xullo de 2007. O acto desenvolverase ás 12 horas, na sala de xuntas do Edificio Administrativo de Monelos, (praza Luís Seoane, s/n, planta baixa), e nel tamén participará o delegado provincial da Consellaría na Coruña, Xosé Luís Barcia, e os representantes dos concellos asinantes. Posteriormente procederase a presentación oficial a ditas entidades colaboradoras dos dinamizadores/as.

Publicado o prego de condicións para a campaña "+internet+galego+futuro" 2008


O Diario Oficial de Galicia (DOG) do venres publicou os pregos de condicións do concurso aberto para a contratación da campaña de promoción e difusión do uso das novas tecnoloxías e da internet de cara ao 17 de maio, Día da Internet, Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e Día das Letras Galegas.


Como nas edicións anteriores, nos anos 2006 e 2007, o lema será "+internet+galego+futuro", co obxectivo de promover tanto o uso da internet como da nosa lingua entre a cidadanía. Desta volta, o tema central da campaña será o coñecemento na rede en lingua galega e os servizos públicos dispoñíbeis na internet. O ano 2006 desenvolveuse por primeira vez esta iniciativa, que no 2007 tivo como fío condutor "Na rede, o que ti queiras".

A campaña, ademais de se contar co seu propio espazo na web maisinternetmaisgalego.org, terá presenza na radio, prensa escrita, revistas en lingua galega e medios en internet.

Xuventude Galiza Net 08

Esta edición celebrarase no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela os días 14, 15 e 16 de marzo de 2008. O espazo que segundo a organización máis e mellores requisitos cumpre de cara a albergar durante tres días a 1.500 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos e con acceso de alta velocidade á Rede, xogos, consolas e todo tipo de actividades á súa disposición e, tamén, á disposición dos visitantes en xeral. Polo que respecta ó programa, vai collendo corpo devagar, pero de xeito continuo. Polo de agora, podemos constatar a continuidade dunha boa parte das actividades que máis éxito tiveron nas edicións anteriores (case-mod, concursos de fotografía, deseño web, animación ou 3D) e un afondamento en novos achados, como por exemplo no pulo ó software libre ou nas pontes xa tendidas o ano pasado con colectivos non moi familiarizados co uso das redes (se cadra máis necesitados de lan partys cá mocidade, que xa está case toda ela en liña) como por exemplo o colectivo da terceira idade.

Asemade, e para todos aqueles e aquelas que non consigan ou non desexen participar nas tres xornadas de rede de XGN, cómpre indicar que unha vez máis haberá extranet, ou, o que é o mesmo: un espazo semi-externo do encontro, de libre acceso á Internet de alta velocidade, e onde se dará cabida a expositores, patrocinadores, charlas, relatorios, mesas redondas e ás consolas e ós xogos máis requiridos a día de hoxe no mercado.

Axudas para a adquisición de equipamento audiovisual e multimedia e para crear medios de información electrónica

Convócanse dúas liñas de subvencións para:

-Modalidade A: adquisición durante o ano 2008 de equipamento audiovisual, multimedia e outros de natureza análoga necesarios para o desenvolvemento das súas actividades; adquisicións de ordenadores persoais, cando vaian ser destinados pola entidade beneficiaria a actividades de carácter audiovisual, e/ou equipos de comunicación que permitan a conexión aos servizos da internet.

En todo caso, terán como finalidade servir de ferramenta para que a entidade desenvolva axeitadamente as súas actividades no eido da comunicación.

-Modalidade B): crear unha páxina web en galego na internet para a anualidade 2008, que deberá estar referida á entidade solicitante e ás actividades que desenvolve; os contidos da web son da responsabilidade da entidade solicitante da axuda.

A páxina web deberá estar nun dominio propio cun primeiro nivel que sexa «.es» ou «.org». Terá como finalidade servir para facer divulgación e difusión das actividades que realiza a entidade.


Beneficiario:

Poderán optar a estas subvencións as entidades sen ánimo de lucro que estean legalmente constituídas no momento da publicación desta convocatoria, que persigan finalidades de interese xeral non empresarial, dispoñan dun establecemento aberto para a realización das devanditas actividades, e que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, en concellos cunha poboación de dereito igual ou inferior a 30.000 habitantes.


Publicación: DOG de 21 de xaneiro de 2008

Noticias da Rede de Dinamización

INNOVACIÓN E INDUSTRIA ASINA HOXE EN PONTEVEDRA UN CONVENIO DE COLABORACIÓN COS CONCELLOS DE MOAÑA, O GROVE E CUNTIS PARA DESENVOLVER A REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

A iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na Sociedade da información e o desenvolvemento rural, que está a desenvolver a Consellaría de Innovación e Industria a través da súa Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. A Rede contribúe a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

A Rede conta con 100 dinamizadores e dinamizadoras, espallados pola xeografía galega en diferentes entidades, que desenvolven charlas,obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática,adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres,persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.

Este día, a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da
Información asinará un convenio de colaboración cos concellos de Moaña, O Grove e Cuntis, para acoller na fase de formación práctica a un dinamizador/a da Sociedade da Información. O acto desenvolverase ás 12 horas, na sala de xuntas de Presidencia do Edificio Administrativo da Xunta, e nel tamén participará a delegada provincial da Consellaría en Pontevedra, Monserrat Prado, e os representantes dos concellos asinantes. Posteriormente procederase a presentación oficial a ditas entidades colaboradoras dos dinamizadores/as.

Mobuzz.TV



Mobuzz TV é un video blog que publica un novo vídeo de 5-6 min de duración cada día de luns a venres e que se graba en Madrid. Os vídeos están deseñados para ser visionados en teléfonos moviles, Ipod ou PSP, en Youtube ou na súa web. Cada programa está dispoñible tanto en inglés coma en castelán. Tamén se anima aos espectadores a participar mediante ideas e comentarios


Seminarios Sectoriais e Encontro de Mulleres Emprendedoras e TIC en Igualdade





Xornadas sobre os riscos naturais e as posibles respostas fronte a eles

Terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) na edición do 16 de xaneiro

O prazo para apuntarse ás xornadas –que se desenvolverán en horario de mañá e tarde na sede da EGAP en Santiago- remata o día 29 de xaneiro. Os destinatarios son tanto o persoal ao servizo da Xunta de Galicia e da Administración local galega como persoas interesadas en xeral. Ao remate de ambas as dúas xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que tivesen unha asistencia igual ou superior ao 85% das horas lectivas programadas.

Os principais temas que se desenvolveran ao longo das xornadas serán o cambio climático e os seus riscos, as ondas estrañas e o risco no mar, a socioloxía do risco, a reacción persoal e social fronte ao risco, a problemática da teoría económica tradicional e as verteduras accidentais de hidrocarburos no mar e risco na costa, no que se tratará a experiencia concreta do Prestige.

Os riscos naturais implican un perigo crecente para o normal desenvolvemento da sociedade. O cambio climático e as ondas estrañas constitúen dous exemplos destes riscos. Aínda así, estes riscos poden controlarse dun xeito económico e que ademais supoña ganancias de riqueza para a sociedade. Para conseguilo cómpre coñecer os riscos, as reaccións sociais cara a estes, e as novas teorías que enfrontan a economía desde unha postura de non-equilibrio.

A xornada estrutúrase en dous bloques: no primeiro describiranse os dous aspectos mencionados, o cambio climático e as ondas estrañas, pola súa importancia, e porque representan dous bos exemplos de riscos naturais aos que o ser humano estivo exposto desde sempre, e que arestora están nun proceso de aceleración.

No segundo bloque analizaranse as reaccións sociais fronte ao risco e as respostas posibles tanto desde o punto de vista social como empresarial e económico. Insistirase sobre todo neste último aspecto porque na economía tradicional adóitase dicir que é demasiado "caro" atallar os riscos, "verbi gratia", a adopción de medidas contra o cambio climático. Os resultados das novas teorías económicas, non lineais e afastadas do equilibrio, indican que non só non é custoso combater os riscos, senón que é altamente beneficioso para a sociedade.

Curso de Saúde Ambiental no Concello de Ordes

Terá lugar entre o 28 de xaneiro e o 1 de febreiro

O Concello de Ordes será entre o 28 de xaneiro e o 1 de febreiro o punto de referencia para a saúde ambiental de Galicia.

O pasado venres tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ordes a presentación do Curso de Saúde Ambiental número 34, dirixido polo profesor Francisco Peña.

O ciclo conta co mecenado de Obra Social Caixa Galicia e da Fegamp e forma parte do Programa Galego Municipios Saudables e Sostibles 2000-2008. Levará a debate, entre outros, o tema da calidade das augas e do aire en Galicia ou a xestión de residuos na nosa comunidade. Ademais, tratará os axentes problemáticos máis comúns da comarca de Ordes.

Empeza a funcionar en fase de probas o supercomputador FinisTerrae

O supercomputador FinisTerrae comezou a funcionar este xoves en período de probas, para estar a pleno rendemento a finais de marzo. A ferramenta supúxolle ao Goberno un investimento de máis de 19 millóns de euros. A este orzamento haille que sumar outros 20 millóns para a construción do novo edificio do Centro de supercomputación (Cesga), onde se aloxa o ordenador, no 2010, e 20 máis para incorporar 145 investigadores de todo o mundo antes de 2010.


Coincidindo coa entrada en funcionamento de FinisTerrae, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, e o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, visitaron as instalacións do Cesga, situadas no Campus Sur de Compostela. Quintana salientou a importancia estratéxica da infraestrutura, que fornecerá de altas prestacións de cálculo a disciplinas como as ciencias do mar, a enerxía, a nanotecnoloxía ou as ciencias da vida.

O vicepresidente definiu FinisTerrae como "o Fórmula 1 da supercomputación" e unha aposta do Goberno por facer do país "unha galaxia de referencia no universo da innovación". Quintana salientou que a Xunta incrementou o investimento en I+D+i nun 138 por cento con respecto a 2004, chegando aos 176,3 millóns en 2008, e adiantou que recibirá até 405 millóns até 2013 dos fondos tecnolóxicos da UE. Anxo Quintana dixo: "Somos unha potencia en potencia; só depende de nós selo en realidade", e fixou como obxectivo mellorar a autoestima para situar Galiza na primeira liña da innovación.

Datos técnicos

FinisTerrae é o supercomputador de maior memoria compartida de Europa, con 19.000 xigabytes. Ocupa 140 metros cadrados, pesa 33 toneladas e media e dispón dunha rede de interconexión de alto rendemento entre nodos Infiniband. Funciona con software libre, ten un sistema de almacenaxe xerárquica de 390.000 xigabytes, máis un petabyte en libraría robotizada de fitas.

O 'corazón' do FinisTerrae está composto por 142 nodos de 16 núcleos de procesadores Intel Itanium 2, de 128 xigabytes de memoria cada un. Ademais, conta con dous nodos de 128 núcleos cada un, un deles con 384 Gb e o outro con 1.024 xigabytes.

O número de páxinas web medra grazas aos weblogs

A web segue a medrar grazas, principalmente, ao desenvolvemento e popularización dos weblogs. Segundo datos da consultora británica Netcraft, durante 2007 acadáronse 155 millóns de sitios web, un 50% máis ca no ano anterior.


O dato máis rechamante do estudo é o feito de que os tres principais provedores de weblogs da rede, MySpace, Live Spaces e Blogger, rexistraron a metade dos novos rexistros do ano, polo que se testemuña a tendencia ao incremento da participación e da xeración d econtidos por parte dos propios internautas.

Máis datos na web do Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI).

CONSEGUE O TEU DOMINIO GRATIS .ES







Pincha no logo.


Se tes menos de 30 anos non deixes pasar esta oportunidade do Goberno e solicita o teu dominio .es. O programa "Jóvenes en red" ofrece o seu rexistro gratuito a lo menos durante o primeiro ano.

Despois de comprobar a disponibilidade do dominio que desexedes, soamente hai que realizar unha solicitude. Con esta iniciativa preténdese que os mozos Internautas establezan e desenvolvan a súa presenza persoal e social en Internet.