Unha recomendación de cine VI

En el punto de mira

Dirixida por Pete Travis e interpretada por Dennis Quaid, Matthew Fox e Sigourney Weaver.

A película narra a historia de Thomas Barnes e Kent Taylor, dous axentes do Servizo Secreto encargados de protexer ao presidente Ashton nunha cumbre sen precedentes sobre a guerra internacional contra o terrorismo. Cando o presidente recibe un tiro pouco despois de chegar a España, surxe o caos e as vidas de distintas persoas coinciden na caza do asasino. Entre a multitude atopase Howard Lewis, un turista americano que pensa que filmou ao francotirador coa súa videocamara. O atentado será visto dende o punto de vista de oito persoas que ten unha historia diferente en canto ao suceso.

Arranca o cambRED con máis participantes da súa historia


A área de Xuventude do Concello de Cambre mailas asociacións da mocidade GXIC e AXOI veñen de darlle o pulo final á V edición da xuntanza informática cambRED, que reunirá ata o vindeiro domingo 2 de marzo a 150 internautas chegados de toda Galicia e doutras zonas de España como Valladolid ou Madrid.

Ó longo de tres intensos días, os participantes da cambRED concentraranse no pavillón polideportivo da localidade coruñesa e dende alí poderán competir, xogar, descargar contidos ou simplemente navegar pola Rede de Redes todo o que gusten.
Asemade, cambRED achega unha zona de lecer para os visitantes que non están inscritos na party informática con futbolín, ping pong, videoconsolas e xogos.
Malia que a apertura das portas está prevista para hoxe venres 29 de febreiro ás 17 horas, a inauguración oficial será ás 22 horas e contará coa presenza do concelleiro de Educación, Xuventude e Deportes, Xaime López Lisnier.

Aínda que un dos días de meirande actividade será o sábado 1 de marzo, co arranque de diversas competicións en liña (Counter Strike CSS, Trackmania Nations, Starcraft, Dance Revolution, Fast 2D e Quake 3) e con concursos de deseño gráfico, web, programación e seguridade, o venres xa se comezará a facer barullo co xogo Pro Evolution Soccer 2008 e coa gravación do programa Dance Factory de Los 40 Principales que traerá a unha das súas estrelas: Josiño Destroyer, quen fará entrega de agasallos e dará moitas sorpresas.

No tocante a outra parte esencial e case imprescindible en toda party que se prece, as charlas, tampouco faltarán en cambRED, estando previstas dúas para o sábado: ás 12:00 horas Andrés Julián impartirá unha charla sobre Criptografía e, as 16:00 horas, Miguel Gesteiro dará un relatorio-demostración sobre Inseguridade Wi-fi; ámbalas dúas estarán abertas a todo o público.

Este maratón informático pechará as súas portas o vindeiro domingo día 2 de marzo coa entrega de premios da man do concelleiro de Educación, Xuventude e Deportes de Cambre, Jaime López Lisnier.

Convocadas as axudas do 2008 para as radios municipais

A Secretaría Xeral de Comunicación volveu convocar para o ano 2008 unha liña de axudas para estimular a adquisición de equipamento que permita achegar os contidos e servizos de interese social, cultural e formativo de carácter local aos cidadáns. As subvencións irán destinadas a que os Concellos adquiran equipos para emisións de
radio municipal en FM co fin de de aumentar a pluralidade informativa. O prazo remata o 31 de marzo.

Os concellos galegos poden solicitar as axudas para a dotación de estudios radiofónicos e para a adquisición de equipamento para o funcionamento do servizo de radiodifusión (FM). Por outra banda, estabelécese unha liña de subvencións para a adquisición de equipamento audiovisual, multimedia e outros semellantes, pola necesidade de que os concellos poidan aproveitar ao máximo as potencialidades que presentan a incorporación de medios técnicos e novas tecnoloxías no eido da comunicación e a información.

Neste sentido, convócanse dúas liñas de subvención para a prestación do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de carácter municipal (modalidade A) e para adquisición do equipamento audiovisual e multimedia (modalidade B).

Para as mencionadas axudas resérvase a cantidade de 140.000 euros, ás que poden optar os concellos galegos con concesión provisional ou definitiva do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia (modalidade A) ou aqueles que xustifiquen a necesidade do equipamento audiovisual e multimedia cun plan de actividades (modalidade B).

Para a distribución destas axudas nesta convocatoria do ano 2008 mantense a utilización dun procedemento de rateo do importe global máximo entre aqueles concellos que soliciten axudas, distribución xa establecida na convocatoria anterior, o que lles proporcionará unha contía igual a todos eles para facer os seus investimentos. No ano 2007 un total de 30 concellos recibiron subvención na modalidade A, mentres que 122 concellos se beneficiaron da modalidade B.

Seminarios de balde sobre Mac e iLife en Santiago e Vigo

Os vindeiros sábados 1 e 8 de marzo terán lugar en Vigo e en Santiago de Compostela dous seminarios de balde nos que se darán a coñecer o Novo sistema Operativo Leopard mailas aplicacións de iLife e iWork 08.

Os eventos desenvolveranse de 11 a 13 horas en ACME Galicia en Santiago (Rúa dos Irmáns Rey Alvite, 1) e en AS Computer en Vigo (Porta do Sol, 9).
Os interesados en acudir aos seminarios teñen que inscribirse por correo electrónico ou chamando aos teléfonos: 981 56 28 25 (Santiago) e 886 13 88 81 (Vigo).

O Centro Social de Boiro acolle o 29 de febreiro unha Queimada Dixital

A ensinanza sobre calquera materia nova é máis fonda e ampla se acompañamos os contidos sobre esa materia con algo concreto e recoñecido. Isto é aplicable a todo o innovador, e tamén a algo que para unha boa parte da sociedade galega é tan estraño coma un extraterrestre: a Rede. Pois ben, dende a Rede Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI e dende os concellos e entidades que participan nela estase a experimentar neste vieiro, achegando propostas lúdico-formativas que actúen de gancho coa veciñanza, como por exemplo a Queimada Dixital, organizada polo Centro Social de Boiro en colaboración coa dita Rede para o 29 de febreiro, das 18.00 ás 21.00 horas.

O obxectivo desta actividade, sinala o dito Centro, é “dar un novo paso a prol do afianzamento das novas tecnoloxías a nivel comarcal, posto que no Barbanza até o de agora non se levou a cabo ningunha outra iniciativa semellante”.

A Queimada Dixital consiste en unir dous mundos, o galego e o da era da información. Ou mellor dito aínda: en amosar que estes dous mundos poden ir xuntos e tirando partindo un do outro. O caso é que do que se trata é de facer unha festa do dixital dándolle feitura de reunión á galega e xirando todo arredor da música. Segundo informa o Centro Social haberá “cancións legais de balde” e facilitaranse recursos para a súa descarga na Rede. A iniciativa desenvolverase no primeiro andar do dito edificio, onde haberá habilitados 10 equipos informáticos con conexión de banda ampla. O Centro agasallará ós participantes cun CD para que poidan gravar a música descargada e levala consigo. O programa empregado para a gravación de música será de licenza libre.

Extranet no XGN 08

Ven ao Pazo de Congresos os días 14, 15 e 16 de marzo

A extranet do evento está situada no vestíbulo do Pazo de Congresos, é unha zona de libre acceso, calquera persoa que se achegue ao Pazo de Congresos e Exposicións pode acceder a ela de maneira gratuíta. Nela, ademais dos expositores e dos patrocinadores, poderás encontrar elementos moi interesantes, como charlas, relatorios e mesas redondas que se organizan durante os 3 días de duración do evento e que tratan temas de actualidade relacionados coa informática en xeral.
Nesta edición terás ENTRADA LIBRE ás seguines actividades:

- Ordenadores conectados a internet

- Consolas

- Scalextric

- Obradoiros

- Alfombras de Baile

- Rocódromo

- Touro mecánico


Tamén poderás ver gratis as películas:

- Donkey Xote o día 15 de marzo ás 19 horas

- Nocturna o día 16 de marzo ás 12:30 horas

Solicita a túa entrada (de balde) no 981 545 822, tamén podes recollela ese mesmo día no Pazo de Congresos.

Helena Veiguela dá conta do desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza


A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, participou este martes no III Foro de Modernización TIC, que se desenvolve no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela. A conferencia da directora xeral tratou sobre o alcance económico e social do desenvolvemento da Sociedade da Información en Galiza.

O foro, organizado por ComputerWorld, estivo dedicado ao escenario que xorde como consecuencia da Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos, que marca o 2012 como o límite para a implantación da Administración electrónica. Na xornada debátense as medidas informáticas, tecnolóxicas, organizativas e de seguridade necesarias para garantir un nivel de interoperabilidade entre os organismos públicos e os cidadáns. Durante o foro entregáronse os Premios ComputerWorld á Modernización TIC. O Servizo Galego de Saúde recibiu o galardón ao Impacto no Cidadán, mentres que a Xunta de Galicia obtivo o de Innovación na Administración.

Na súa intervención, Helena Veiguela fixo un repaso á situación da Sociedade da Información en Europa, onde enmarcou a mudanza da posición relativa da economía galega no contexto internacional. E, dentro da economía do país, a directora xeral destacou o peso que está a gañar o sector TIC, en constante crecemento grazas á dinámica creada polo Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). A súa conferencia rematou cunha análise do xénero e da función no sector TIC e cunha caracterización das políticas da Dirección Xeral.

Axudas para a implantación das TIC nos establecementos comerciais

Se pinchades aquí accederedes directamente a orde para as axudas.

Ponte nas ondas! convoca na Rede un certame audiovisual para directores galegos e portugueses


Hai pontes e pontes, e as da información –malia seren virtuais- poden achegar mundos de xeito tan eficaz coma os de formigón, ferros e cemento. Algo disto -de tirar abaixo fronteiras- hai nas iniciativas en liña dos colectivos galego-portugueses Ponte... nas ondas! e Morraceira, que veñen de convocar o Certame Audiovisual Conta Onde Vives, encamiñado a contribuír á defensa e posta en valor da nosa cultura e historia en común. As ferramentas elixidas para este achegamento non son outras que as vinculadas á Sociedade do Coñecemento.

A idea é animar ós cidadáns de ambas beiras da liña fronteiriza a facer unha gravación en vídeo do lugar onde viven, “unha reportaxe, unha crónica, unha denuncia ou unha exaltación das excelencias que poida ser interesante para ser contada, de maneira orixinal, ó resto do mundo”.

Os traballos, que poderán ser individuais ou colectivos e que deberán ter unha duración máxima de cinco minutos, subiranse unha vez presentados ó servizo YouTube, dende onde poderán ser vistos pola comunidade internauta. Neste senso, o requisito que se pide é enviar a peza á conta de correo pontenasondas@pontenasondas.org ou tamén ós enderezos físicos seguintes: A Morraceira - Lugar de Segerem 4920-070 Loivo - Vilanova de Cerveira (Portugal) ou a Oficina Xuvenil Transfronteiriza - Rúa Sanz 28 - 36700 Tui (Galiza).

Haberá dúas modalidades: sección colectiva e individual. Cada unha delas inclúe tres premios. O primeiro, na categoría de obras colectivas, consistirá na realización dunha curtametraxe. Na modalidade de individuais, o primeiro premio será unha cámara de vídeo dixital. O prazo para presentar as pezas remata o 17 de maio. Os traballos recoñecidos no palmarés serán proxectados no Festival de Cinema Galego e Portugués Filminho, que se celebrará entre o 22 e o 27 de xullo e que substituirá ó que fora a Mostra Curtas Minhotas

Ábrese o prazo de inscrición para os obradoiros de abril


No mes de abril levaranse a cabo tres obradoiros na Aula de Informática da Casa da Cultura de Ordes.

Os obradoiros son:

Iniciación a Internet. 5 horas, de 17:00-18:00 do día 7 - 11 de abril. 10 prazas

Administración electrónica. 6 horas, de 17:00-18:00, os días 21, 22, 23 de abril. 10 prazas.

Saúde na rede. 4 horas, de 17:00-19:00, os días 28 e 29 de abril. 10 prazas.

As prazas adxudicanse por riguroso orde de inscrición.

Para máis información poñerse en contacto co Centro Comarcal de Ordes: 981 68 83 86 no seguinte horario: de luns a venres de 10:00-15:00 e de 16:30-19:30.

Feuga pon en marcha con Aenor actividades de formación para empresarios galegos

A Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), en colaboración coa Asociación Española de Normalización e Certificación (Aenor), vén de ampliar as accións da súa área de formación para favorecer nas pequenas e medianas empresas galegas o pulo de tecnoloxías propias e o desenvolvemento de patentes. Neste senso, o principal obxectivo da fundación consiste en permitir a xestión e a identificación de actividades innovadoras “susceptibles de converterse en factor diferencial” para a mellora da competitividade empresarial das empresas galegas.

A iniciativa abrangue o desenvolvemento inicial de catro cursos en torno á rendibilidade da I+d+i para as empresas galegas, coa intención de que os participantes poidan obter os coñecementos precisos para optimizar os procesos de investigación e innovación, adquirir as habilidades necesarias para levar a cabo a auditoría dun sistema de I+D+i, maximizar a obtención de beneficios fiscais e tirar proveito dos beneficios da vixilancia tecnolóxica a través da posta en valor da información obtida.

Os vindeiros días 11, 12 e 13 de marzo está previsto que dea comezo o primeiro dos cursos do programa de Formación Profesional e Empresarial de Feuga e Aenor Formación, destinado a consultores, persoal docente e investigador, profesionais, directivos e empresarios.

Os interesados en asistir ao curso Como implantar un sistema de xestión de I+D+i na empresa. Norma UNE 16.6002:2006 poden inscribirse na páxina web da fundación antes do 5 de marzo ou a través do teléfono 981 534 180. O número de prazas está limitado.

Galiciadigital.com inicia unha nova etapa tras unha ampliación de capital


Interdix Galicia, S.L., empresa impulsora da plataforma Galiciadigital.com, ampliou o seu capital dando entrada no Consello de Administración ó avogado vilalbés Domingo Goás Chao, o que permitirá, entre outras cousas, ampliar o cadro de persoal da empresa, pasando a contratar a programadores-administradores de sistemas, deseñadores web, xornalistas e comerciais.

Aparte dos contidos na Internet, Interdix tamén cunha Aula Virtual Itinerante (O Bus de Internet) co que se teñen efectuado numerosas campañas formativas e informativas.

Vieiros cumpre 12 anos na Rede

Vieiros, unha das webs pioneiras na Internet galega, fixo 12 anos o pasado domingo, o que celebrarán durante esta semana incorporando algunhas novidades na súa portada, de xeito que facilitarán a nevegación polo seu espazo virtual, ofrecendo unha información máis áxil e estruturada.

O Barrio Galego na Internet (ou The Galician District) comezara a súa actividade o 24 de febreiro de 1996 coma un pequeño buscador de webs galegas que en pouco tempo comezou a achegar novas a través da Rede, converténdose en todo un medio de referenza na nosa comunidades.

Publícanse as bases das axudas de Industria para a implantación das TIC nas tendas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) fai públicas hoxe as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións para a adecuación dos estabelecementos comerciais ao seu entorno competitivo, coa implantación de sistemas de comercio electrónico, páxinas web e equipos informáticos, entre outras medidas. A contía total que destina a Consellaría de Innovación e Industria, a través da súa Dirección Xeral de Comercio, para estas actuacións é de 1.500.000 euros.

Serán subvencionábeis as actuacións que sirvan para a dotación de equipos para o proceso de información destinados a aplicacións de contabilidade, facturación, almacén e automatización das vendas; aplicacións informáticas de carácter xenérico ou standard destinas aos fins sinalados anteriormente; deseño e implantación de sistemas de comercio electrónico; páxinas web promocionais do establecemento comerciais; equipos portátiles como ordenadores portátiles ou axendas electrónicas; caixas rexistradoras; terminais punto de venta; lectores ópticos de códigos de barras; sistemas de medición e pesaxe de mercadorías; sistemas de etiquetaxe; sistemas de alarma, sistemas anti-furto e portas de seguridade; fotocopiadoras e aparatos de teléfono e fax e equipos para o tratamento de temperatura dos produtos para a exposición e venta ao público exclusivamente.

O investimento máximo subvencionábel será de 12.000 euros, salvo no caso do deseño de sistemas de venda non presenciais e páxinas web, nos cales o investimentos máximo a subvencionar sería de 3.000 euros. Dentro destes parámetros, a axuda da Consellaría chegará ata o 50% do investimento que se pode subvencionar. Esta proporción poderá acadar o 60% se o demandante da axuda se incorpora a un proxecto dunha ou varias agrupacións de comerciantes que asuman tarefas de medios de pago, plans de fidelización, acceso a internet, entre outras.

Os beneficiarios deberán realizar a súa actividade comercial en Galiza, non superar os 10 traballadores e que os seus locais comerciais non excedan dos 300m2 de superficie comercial destinada a exposición e venta ao público.

Unha recomendación de cine V

A guerra de Charlie Wilson


Director: Mike Nichols.
Guion: Aaron Sorkin.
Reparto: Tom Hanks, Julia Roberts, Philip Seymour Hoffman, Amy Adams, Ned Beatty, Emily Blunt, Om Puri, Ken Stott, Jud Tylor.

A película está baseada na novela de George Crile e conta un feito real. Charlie Wilson era un congresista soltero de Texas bastante vividor pero cunha mente política moi astuta, un progundo sentido do patriotismo e unha grande compaisón polos más febles. Ao principio dos oitenta, coa ameaza da invasión soviética, o máis feble era Afganistán. A grande amiga de Charlie, a súa mecenas habitual e amante ocasional era Joanne Herring, unha das mulleres máis ricas de Texas e unha decidida anticomunista. Na súa opinión, a resposta estadounidense a invasión soviética deixaba moito que desexar. Así que convenceu a Charlie de que axudara os afganos, conseguindo fondos e armas para expulsar os soviéticos. O compañeiro de loita de Charlie foi un axente da Cia, Gust Avrakotos, un home de clase obreira, tenaz e con moito talento, ninguneado polos seus compañeiros, todos eles licenciados na universidade. Charlie , Joanne e Gust percorreron o mundo para formar unha alianza case imposible entre paquistaníes, israelíes, exipcios, avogados e unha bailarina da danza do ventre. O seu éxito foi notable.


Formación gratuíta para traballadores/as na modalidade de teleformación

Formación da Federación de Cooperativas Sinerxía en colaboración coas Unións de Cooperativas de Traballo Galegas

Para máis información sobre esta oferta formativa, descarga o arquivo adxunto a esta noticia.

Para solicitar inscrición nos cursos, chamar aos teléfonos 697 877 773 ou 881 887 456, ou ben mandar unha mensaxe ao seguinte enderezo: patane@ugacota.org.

Tamén podes visitar a aula virtual de formación do Consello Galego de Cooperativas en: www.cooperativasdegalicia.com

Seminario sobre tecnoloxías e saúde en Santiago

O secretario xeral do Servizo Galego de Saúde, Cayetano Rodríguez Escudero, inaugura hoxe en Santiago o seminario Experiencias en xestión sanitaria: historia clínica electrónica, confidencialidade e protección da información organizado pola Escola Galega de Administración Sanitaria.

Neste seminario, que se está a celebrar no Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, trataranse temas como as TIC e a saúde ou a intimidade e a historia clínica electrónica.

World Wildlife Fund convoca pola Rede un novo e ambicioso apagamento mundial


A entidade pola loita contra a destrución da natureza World Wildlife Fund (WWF) está a botar man -unha vez máis- da Internet para convocar unha desas medidas destinadas a mover conciencias. Ou a crealas, no caso máis que probable de que non existan. A iniciativa non é outra cousa que unha cadea, unha arela de mobilización dirixida á comunidade internauta co obxectivo de convocar a 24 espazos urbanos de todo planeta a levar a cabo un apagamento xeralizado das luces e os televisores durante a noite do 29 de marzo, ás 20.00 horas (hora local).

No fondo, a iniciativa (que vai encamiñada a denunciar a pasividade do mundo perante as consecuencias fatais do cambio climático), non é nova, pero si que pretende ser nova no seu alcance xeográfico e social, moito máis ambicioso ca outros proxectos semellantes postos previamente en marcha.

Tras de si, a World Wildlife Fund ten a experiencia da mobilización do ano pasado en Australia, onde 2,2 millóns de persoas ficaron desenchufadas ó longo dunha hora (en Sidney, mesmo se chegou a apagar o mítico Opera House). Polo de agora, xa confirmaron a concorrencia na proposta deste ano cidades de envergadura como Atlanta, Copenhague, Manila, San Francisco, Chicago, Aalborg, Odense, Vancouver, Bangkok, Dublín, Montreal, Tel Aviv, Melbourne, Perth, Canberra ou Phoenix.

A iniciativa en cuestión chámase A Hora do Planeta e podemos ver información abonda sobre ela na páxina da organización, www.worldwildlife.org/earthhour/, ou na páxina web habilitada para o caso: www.earthhour.org. Neste intre xa hai máis de 40.000 persoas inscritas no proxecto e máis de 2.000 empresas.

O BNG renova a súa páxina web


María Xosé Bravo presenta a nova web do BNGMaría Xosé Bravo, secretaria de Comunicación do Bloque Nacionalista Galego, acompañada por Francisco Jorquera, coordenador executivo do BNG, presentaron onte en Compostela a nova páxina web da súa organización coa que pretenden «mellorar e ampliar a nova comunicación e diálogo coa sociedade galega».

A nova web «é máis moderna, cun deseño anovador, e con propostas de participación directa da sociedade como a posibilidade de enviar suxestións e vídeos, ou de participar en enquisas», segundo salientou María Xosé Bravo, que tamén subliñou que «cumpre un dos mandados da última asemblea nacional: a de estar feita integramente en software libre, o que demostra o noso compromiso cos programas informáticos non propietarios».

A secretaria de Comunicación do BNG tamén destacou que a web da formación política está a medrar en visitas, cun crecemento interanual de máis do 50%, de xeito que en xaneiro acadaron unhas 66.000 visitas, mentres que en 2007 chegaron ás 850.000 visitas (fronte ás 590.000 de 2006).

Jorquera, pola súa banda, falou sobre a campaña política de cara ós comicios electorais do vindeiro 9 de marzo, data a partir da que prognostican que «o BNG será determinante na política estatal e iso será garantía de que non haxa retroceso na democracia española e de que por fin se teña en conta a Galiza na política estatal».

Jujel


Dende Galicia incorporouse un novo membro á grande familia dos 'buscadores que se parecen a Google'. Segundo o creador do invento, un informático que agarda no anonimato a que algunha gran empesa da web 2.0 pague unha millonada polas súas ideas, "o obxectivo era botarse unhas risas".

A idea
"Fai un ano pasado traballou con nós un rapaz de Ribeira que escribía estou en Santiajo e sento de erros nos seus mails e iso deixoume marcado de por vida", confesa o responsable de Jujel, que rexistrou a URL nunha promoción de dominios .es no mes de Novembro. "O que pensei no momento de rexistralo foi: Jujel, o buscador do Barbansa. Logo retirei o do Barbansa por se pensaban que me metía con eles".

A semana pasada, este innovador atopou un momento libre entre os encargos que recibe a súa empresa, e decidiu pór mans á obra no proxecto. "O que me levou máis tempo foron as explicacións de 'que é isto' ou 'J non existe en galego'".

Jujel utiliza o Custom Search Engine de Google, que permite especificar que sitios aparecen nas pesquisas. De feito, o autor de Jujel sinala que o seu próximo obxectivo será facer máis modificacións para darlle máis peso ós resultados galegos.

Tamén preveu -con demasiado optimismo- unha avalancha de fans do novo servizo web, polo que pon a disposición unha serie de banners, e está previsto o deseño de camisetas de 'I love Jujel'

O 4 de Marzo, día do erro 403 para os usuarios do Internet Explorer


Calquera que teña Internet Explorer e sexa usuario asiduo das redes saberá que o dito navegador aparece cada día máis cuestionado no universo en liña. De feito, xa hai webs onde che recomendan directamente que é mellor que vaias cambiando de ferramenta, non vaia ser que calquera día te vexas na Internet como se ven a si mesmas todas as persoas que se meten nun atasco de tráfico malia saber que había amplas posibilidades de embotellamento. O caso é que a comunidade Chuza! (especialmente activa á hora de recomendar alternativas ó dito navegador) sinala estes días unha iniciativa para poñer ó Internet Explorer un pouquiño máis na picota.

Chámase 403day.org e o obxectivo é dobre: facer do 4 do marzo un día sen IE (prohibindo o acceso ó navegador nos sitios que participan) e poñer de manifesto, textualmente, que “o dominio que exerce no mercado esta ferramenta de mala calidade é peor que coller unha pera con tequila barato”.

O nome da proposta, máis ben un número (o 403) ten que ver co código que emprega o servidor para devolver a mensaxe de acceso denegador. No caderno de Dizque poderemos atopar máis información ó respecto, amais das ligazóns dos non-usuarios do IE que están a colaborar na proposta, cada un deles achegando unha peza do manifesto.

Na imaxe, prácticas de vudú sobre a ferramenta vistas en Chigarden.

Concurso de fotografía para mozos europeos

Trátase dunha inciativa financiada polo Cómite das Rexións para mozos e mozas entre 15 e 28 anos de idade. Os traballos fotográficos deben tratar sobre a visión que os propios mozos teñen de Europa desde a súa rexión. As fotografías poden ser en branco e negro, en cor ou ben dixital.

Un xurado seleccionará no mes de maio os gañadores. Haberá dous premios: un de 1500 euros e un segundo de 500 euros; ademáis os dous terán a oportunidade de asistir ós cursos de periodismo local e rexional na Universidade de Verán de Bruselas, os días 10 e 11 de xuño.

O prazo para concursar estará aberto ata o 30 de abril de 2008.

Máis información: aquí

MSN abre un apartado para amosar o antes e o despois dos famosos


O transcorrer dos anos pode converter aos nosos ídolos da nenez en verdadeiros cisnes de conto de fadas ou, pola contra, en parrulos feos que de boas a primeiras deixan de interpretar os papeis de encantadores adolescentes aos que nos tiñan afeitos e pasan a frecuentar saraos de famosiños caídos no esquezo.

Se ben é certo que o tempo non pasa de balde para ningún de nós nin dos nosos amigos e familiares, tamén é verdade que tratándose de estrelas do cinema e a TV centrámonos moito máis nos inevitables cambios e esixímoslles que tomen o elixir da eterna xuventude para manternos abraiados fronte ás nosas pantallas.

A web de lecer MSN, ó tanto deste fenómeno, vén de publicar unha reportaxe do “antes e o despois” dos famosos de Hollywood (por aquilo de que non está Joselito entre os nomeados) e nela, algúns saen moi ben parados coa transformación sufrida co paso dos anos (como é o caso de Lindsay Lohan, Cristina Aguilera, Eliza Dhusku, Faith en Buffy Cazavampiros), Jenna Von Oy (Six, a amiga inseparable de Blossom na serie do mesmo nome), Katherine Heigl (protagonista de Anatomía de Grey), Keisha Knight Pullam (a adorable Rudhy do Show de Bill Cosby) e un longo etcétera de personaxes coñecidos que foron atopando o seu oco tanto na pequena como na gran pantalla adaptándose aos papeis de adultos que lles ían aparecendo.

Outros famosos que non tiveron tanta sorte e que aparecen nesta listaxe son:
Paris Hilton, que máis que en parrulo vense de converter nunha apisoadora rebenta reputacións (e locais de copas), Britney Spears (amiga da anterior) que co paso dos anos está entrando nunha decadencia tanto física como mental, lonxe de imaxinar cando só era unha nena e presentaba o Club Disney americano, Mayim Balik (protagonista de Blossom) que, segundo os autores da reportaxe, “aínda que nunca foi moi agraciada o paso do tempo, fixo estragos nela”, Edward Furlong (o fillo de Sarah Connor en Terminator 2) que prometía moito pero que, por non estar á altura das circunstancias, agora malvive con películas de videoclub, Haley Joel Osment (o neno de O sexto sentido) que non volveu ser reclamado por ningún director... e unha morea de exemplos de nenos prodixio que non puideron adaptarse ás esixencias do cine holliwoodiense (tan cheo de luxo, beleza e glamour) e que agora se dedican a outros quefaceres (no caso da Spears, andar prea, drogarse e vivir á conta das exclusivas).

Unha recomendación de cine IV

Sweeney Todd

Dirixida por Tim Burton e interpretada polo seu actor fetiche; Johhny Depp e Helena Bonham Carter conta a historia de Benjamin Parker, un home que foi inxustamente encarceado durante quince anos. Cando logra escapar regresa a Londres coa promesa de vingarse. Adoptando a apariencia de Sweeney Todd, Barker regresa a súa vella barbería no piso darriba da pastelería da Sra. Lovett. Unha vez alí, dirixe o seu punto de mira cara o xuiz Turpin, o home que o enviou o cárcere para roubarlle a muller e a filla.

Prazas esgotadas para os obradoiros do mes de marzo

As prazas para os obradoiros do mes de marzo xa están esgotadas. Do mesmo modo as vacantes para os suplentes tamén se esgotaron. A demanda foi enorme. Nos próximos meses realizaranse máis obradoiros dos cales iremos informando ao seu tempo.

A plataforma mancomun.org pechará fileiras a prol do software libre en XGN


O software libre acáelle ás reunións de multitudes informatizadas coma unha luva. Case se podería dicir o software libre é, de feito, a consecuencia directa de multitudes en liña, colaborando e botándose unha man por un ben común máis ou menos definido. De igual xeito có ano pasado, a vindeira edición de Xuventude Galiza Net (da que falamos polo miúdo nesta mesma web con motivo da súa presentación oficial), vai centrar unha parte do seu programa en subliñar con trazo groso as vantaxes dos recursos de código aberto.

Para isto, contará coa axuda da plataforma mancomun.org (sostida por Innovación e por usuarios e deseñadores galegos de software libre), quen se encargará da coordinar e máis organizar as actividades ligadas ós programas open source que se leven a cabo.

Asemade, e para que o virtual estea ben ancorado no real, complementándose, a plataforma contará cun stand na extranet do evento, ó que están convidadas todas as Asociacións de Usuarios de Linux en Galiza. Dende este posto de mando, informan os responsables da organización, procederase a difundir todo aquilo que, chegado a ese punto decisivo na vida de todo usuario en que se ve a si mesmo cunha man termando de software pechado e co outra de software libre, inclinaría finalmente a balanza a favor disto último.

Os argumentos obterán apoio de actividades como relatorios de divulgación, entrega de software gratuíto, obradoiros ou concursos. Por certo que tamén ten confirmada a súa asistencia na listaxe de intervencións a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre, Agasol. Cómpre estar ó tanto estes días do programa, posto que se agardan máis novidades neste senso. Por último, sinalar que mancomun.org tamén fará entrega entre os participantes dunha memoria USB que, entre outras cousas, inclúe a versión na nosa lingua do sistema operativo Linux.

Un proxecto da Universidade de Vigo recupera equipos informáticos obsoletos


Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo dedícase a recoller ordenadores obsoletos para reacondicionalos para facelos operativos e así doalos a organizacións sen ánimo de lucro, o que supón unha boa alternativa ós vertedoiros, á vez que se axuda a entidades con poucos recursos.

O GRUVI é un proxecto de voluntariado que instala software libre (conta coa colaboración dos Grupos de Amigos de Linux de Pontevedra e Ourense) nos equipos informáticos recuperados, que está a acadar un importante éxito. Carlos Rodríguez, presidente de GALPON, comentou a A Nosa Terra que «nestes dous anos recollemos uns 200 equipos obsoletos e coas pezas conseguimos montar uns 50 computadores plenamente funcionais».O Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo dedícase a recoller ordenadores obsoletos para reacondicionalos para facelos operativos e así doalos a organizacións sen ánimo de lucro, o que supón unha boa alternativa ós vertedoiros, á vez que se axuda a entidades con poucos recursos.

O GRUVI é un proxecto de voluntariado que instala software libre (conta coa colaboración dos Grupos de Amigos de Linux de Pontevedra e Ourense) nos equipos informáticos recuperados, que está a acadar un importante éxito. Carlos Rodríguez, presidente de GALPON, comentou a A Nosa Terra que «nestes dous anos recollemos uns 200 equipos obsoletos e coas pezas conseguimos montar uns 50 computadores plenamente funcionais».

Tamén engadiu que gustarían de «máis recursos para poder reutilizar máis ordenadores» posto que por falta de tempo e espazo para traballar vense forzados a rexeitar ofertas de particulares que queren doar os seus vellos equipos informaticos.

O Mobile World Congress decepcionou pese ó éxito de asistencia

O iPhone se puido ver no MWC, aínda que non se anunciou o seu lanzamento para EspañaTodo apuntaba a que o Mobile World Congress convertería a Barcelona no centro do mundo da telefonía móbil durante esta semana, con grandes presentación e novidades, pero a feira decepcionou por distintos motivos como son os abusos dos hostaleiros cataláns (que cobraron cantidades astronómicas polas estadías nestes días) así como polas grandes ausencias.

O sector tecnolóxico agardaba que esta semana fose cando se anunciase o lanzamento do iPhone para España e América Latina, así como a presentación pública de teléfonos funcionando coa plataforma móbil Android, pero nin Apple nin Google fixeron acto de presenza na feira.

Se ben, varios fabricantes achegaron prototipos de móbiles cunha versión de desenvolvemento de Android, só se puido botar unha lixeira ollada ás posibilidades dunha plataforma móbil que pode dar moitos que falar se realmente conta con apoio masivo dos fabricantes (o que non ten garantido, xa que moitas das empresas asociadas ó proxecto tamén traballan con Windows Mobile, Symbian e outros sistemas operativos propietarios). E no tocante o iPhone, estaba presente o móbil de Apple, pero era no expositor da británica O2 (filial de Telefónica), ou sexa, que tódolos rumores que apuntaban para o anuncio da versión do iPhone con conectividade 3G e dos novos plans de lanzamento do móbil de Apple quedaron en nada.

Iso si, a sombra do iPhone é moi alongada, e non faltaron terminais móbiles de case tódolos fabricantes que contaban con pantalla táctil, o que foi a tendencia máis marcada (especialmente polas pegadas nas pantallas dos móbiles) nesta edición do Mobile World Congress, que bateu record de asistencia.

Finalmente parece que o evento serviu basicamente para amosar en vivo os últimos terminais que chegarán nos vindeiros meses ó mercado, e para que os distintos medios de comunicación poidan tomar imaxes para ilustrar tales lanzamentos no futuro.

Nace unha nova web galega para o colectivo homosexual: galiciagay.es

Co obxectivo de darlle visibilidade a un colectivo que en Galicia ten ficado durante décadas nun segundo plano, vén de ver a luz un novo espazo web de temática homosexual deseñado dende a nosa terra e para a nosa terra: www.galiciagay.es.

Entre outras cousas, este sitio conta cunha ampla guía gay de Galicia onde se poden ver tódolos locais de ambiente ou gay-friendly das principais cidades do noso territorio, así como tendas, restaurantes, cafeterías, hoteis e outros establecementos. Asemade, nesta web o internauta pode atopar información turística de interese relativa ás cidades de Lugo, A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense, Pontevedra e Vigo, para que o visitante non perda de vista ningún detalle importante á hora de arribar nela por vez primeira.

Esta peculiar páxina tamén conta coas seccións de chat, fotos, novas, cine de temática, viaxes para gays, contactos, foro e unha zona hot na que se atopan contidos eróticos non válidos para menores de 18 anos.

Como novidade, galiciagay.es está a levar a cabo unha campaña de votación para escoller ó galego famoso máis guapo e xa son 550 os votos depositados na ligazón. Os seus creadores agardan maior participación e que este espazo “se converta axiña nun punto de encontro en común con tódolos gays galegos e de toda España”.

Ver y Cocinar, un novo videoblog de cociña


Os videoblogs son un xénero pouco común en España, que conta con poucos exemplos dignos de converterse en referente, pero Ver y Cocinar podería entrar dentro de tal exclusivo club, pois en pouco máis de 2 semanas xa promete un espazo de grande calidade audiovisual na que se pode ver a preparación de pratos de cociña por parte da súa presentadora, Marta.

Os clips veñen completados por instrucións escritas do proceso de preparación, así como a listaxe dos ingredientes precisos, o que enriquecen este espazo que non se pecha só á súa web, senón que os vídeos publicados a través de Vimeo tamén se poden integrar noutras páxinas web.

Ver y Cocinar tamén presenta pratos elaborados por cociñeiros de restaurantes que se dan a coñecer dende tal web, así como clips con trucos de cociña.

A Coba da Terra estrea unha cibertenda de comercio xusto


A organización luguesa A Cova da Terra iniciou unha tenda electrónica de produtos de comercio xusto co obxectivo de achegar a produción ecolóxica ós consumidores. Os clientes desta cibertenda contarán cun desconto do 5% e recibirán os produtos mercados nun prazo máximo de 7 días.

A Cova a Terra continúa así a promover o comercio social e ambientalmente responsable, aproveitando as posibilidades das TIC.

O Día de Internet deste ano terá ás redes sociais como protagonistas


O vindeiro 17 de maio, ademais de ser un día sinalado no calendario cultural galego por conmemorar o Día das Letras Galegas, vai destacar especialmente por celebrarse a cuarta edición do Día de Internet en España, que este ano contará coas redes sociais (como o Messenger e as comunidades virtuais) como grandes protagonistas.
A xornada deste ano vén de ser presentada hoxe, martes 14 de febreiro, na Secretaria de Estado de Telecomunicacións, e servirá para “promover o emprego de Internet entre a cidadanía, prestando especial atención ós non conectados”. Así o anunciaron os seus promotores entre os que se atopan Madrid Tecnoloxía, Telefónica, BBVA e Habbo.es.

Este ano optouse por darlle especial protagonismo ás redes sociais xa que se agarda que sexan o “gran boom do 2008 en Europa” como xa o foi en Estados Unidos o pasado ano.

Entre as iniciativas previstas para esta edición destacan, entre outras cousas, a posta en funcionamento da web www.diainternet.es que terá lugar no vindeiro mes de marzo. Dende esta páxina os internautas poderán votar o lema da xornada deste ano e participar activamente na celebración dos eventos (que na pasada edición superaron os 700).

O Día de Internet en España coincidirá asemade coa celebración do Día Mundial da Sociedade da Información e as Telecomunicacións.

Curtas na Rede 08

O martes 12 de febreiro, ás 12.00 horas, terá lugar no Club Internacional de Prensa a presentación da III edición do concurso de curtametraxes na rede coa presencia de Fernando Salgado, Dolores Rodríguez e Manuel J. Fernández Iglesias

A Secretaría Xeral de Comunicación, a través da Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual e o Consello da Xuventude de Galicia (CXG) presentan o III Concurso de Curtametraxes na Rede. Curtas na Rede.

Á rolda de prensa asistirán o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado; o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias e a presidenta do CXG, M.ª Dolores Rodríguez Amoroso. Así mesmo, tamén estará presente unha selección de gañadores da anterior edición e algúns entes colaboradores.

Deste xeito, dará comezo a III edición deste exitoso concurso que conta con novas e atractivas modalidades e que rematará o 29 de outubro de 2008 cun acto de entrega de premios.

Curtas na Rede vai dirixido a todas as persoas, a partir dos 15 anos de idade en adiante, interesadas no mundo da creación audiovisual e multimedia. A inscrición é gratuíta e realizarase a través dun formulario que se atopa na páxina web: www.curtasnarede.es. O prazo de inscrición estará aberto dende o 14 de febreiro de 2008 ata o 8 de setembro de 2008.

Esta edición conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, a Axencia Audiovisual Galega, o Consorcio Audiovisual de Galicia, a Compañía de Radiotelevisión de Galicia (programa Onda Curta), a Compañía R. Cable e Telecomunicacións Galicia S.A, a Deputación da Coruña, a Fundación Caixa Galicia, o Consejo de la Juventud de España (CJE), a compañía Siemens, a Fundaçao da Juventude e a participación do Eixo Atlántico.

O Día europeo por unha internet máis segura céntrase este ano no uso do móbil


O martes 12 de febreiro conmemórase o Día europeo por unha internet máis segura. Con este motivo, o organismo Red.es e Telefónica asinaron un convenio de colaboración para emprenderen accións conxuntas a prol da protección do menor no uso das TIC, entre elas actividades e campañas informativas sobre o uso responsábel da tecnoloxía.

A edición de 2008 xira arredor do uso do teléfono móbil. Por iso, o programa Chaval.es desenvolveu un xogo para que os menores asimilen consellos sobre o uso correcto do aparello. Dende o pasado día 7, a páxina Internetseguraenred.es recibiu máis de 1.000 visitas de rapaces para participar nunha plataforma baseada no clásico Arcade Invaders dos anos 80.

A xornada enmárcase no programa Safer Internet Plus, promovido pola Unión Europea a través da Comisión para a Sociedade da Información e Medios.

Comeza en Barcelona o Mobile World Congress


Dende hoxe ata o vindeiro xoves se celebra en Barcelona unha nova edición do antes chamado 3GSM World Congress, que dende o presente ano responde ó nome de Mobile World Congress, e xunta a máis de 1.200 empresas procedentes de 191 países e no que se agarda que asistan máis de 50.000 profesionais do sector tecnolóxico e da telefonía móbil, aproveitándose o encontro para presentar novos produtos e servizos.
Nesta edición se coñecerán máis detalles sobre as emerxentes conexións de banda larga móbil, dende as actuais 3G e HSDPA ata as novas WiMAX e LTE. Tamén presentarán novas aplicacións que permite levar servizos da Web 2.0 ó móbil, ou mesmo unha versión limitada de Second Life.

Os rumores apuntan a que este evento será o escenario elixido para a presentación do lanzamento do iPhone de Apple en España, que chegaría con conectividade 3G antes do verán.

O instituto A Pinguela acolle estes días as Xornadas de Software Libre de Monforte


Entre hoxe e mañá, o instituto A Pinguela está a acoller a terceira edición das Xornadas de Software Libre de Monforte, evento organizado polo departamento de informática do dito centro educativo e no que está a participar a plataforma mancomun.org, integrada por usuarios e deseñadores de software libre da nosa terra en colaboración coa Xunta.

As xornadas contan coa presenza de Roberto Brenlla, da Asociación de Usuarios de GNIX (Agnix), quen acode tamén en representación de Tegnix, consultora tecnolóxica e informática especializada en programación en código aberto e integrada por membros de diferentes Gugls (Grupos de Usuarios de GNU/Linux) da nosa terra.

No encontro de Monforte tamén están a participar Enrique Barreiro (director da Escola de Enxeñería Informática de Ourense), Juan López (técnico de Itaca Software Libre) ou Tomás Vilariño, quen falará polo miúdo do proxecto Forxa de mancomun.org, unha iniciativa de colaboración para fomentar a posta en marcha en Galiza de desenvolvementos ligados ó código aberto.

As mulleres emprendedoras tiran das TIC nos seus proxectos empresariais


A Asociación Galega de Empresas, Agestic, vén de desenvolver no centro ITE de Caixa Galicia da Coruña unha xornada sobre Igualdade de Xénero na Sociedade da Información, que se centrou na análise do papel da muller traballadora dos sectores do comercio e servizos.

As asistentas ó acto coincidiron en que as novas tecnoloxías contribúen a unha mellor organización do tempo e á conciliación da vida laboral e familiar e asemade demandaron un meirande investimento en infraestructuras “que permitan un rápido acceso a Internet”.

Na xornada tamén se citou a Lei de Protección de datos e as últimas solucións tecnolóxicas para pequenas e medianas empresas e autónomos, prestando especial atención ás máis útiles e económicas como primeiro escalón de acceso ás novas tecnoloxías.

Este seminario celebrado na Coruña contou coa colaboración da Fundación Paideia e é o segundo do ciclo que se desenvolve en Galicia dentro da programación de Nin máis nin menos. A vindeira cita será en Ourense o vindeiro 21 de febreiro, onde se analizará a situación da muller ante as TIC entre as profesionais liberais.

Unha recomendación de cine III

No country for old men.

A historia comeza cando Llewelyn Moss (Josh Brolin) atopa unha camioneta rodeada por varios homes mortos. Na parte traseira hai un cargamento de heroína e dous millóns de dólares. Cando Moss colle os cartos, provoca unha reacción en cadea de violencia, que a ley, representada polo desilusionado sheriff Bell (Tommy Lee Jones), non pode deter. Mentres Moss intenta fuxir dos seus perseguidores, especialmento do misterioso cerebro da operación (Javier Bardem)que se xoga as vidas dos outros a cara ou cruz, a película pon o descuberto a delincuencia nos EStados Unidos e amplía o seu significado ata incluir temas tan antigos coma a Biblia ou tan contemporáneos e sanguentos como os titulares desta mañá.

Vieiros organiza un concurso de microrrelatos eróticos en galego

Vieiros, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso de microrrelatos eróticos en galego baixo o título Ferve a Rede, no que poderán participar usuarios rexistrados en Vieiros, que poderán remitir ata 3 textos cunha lonxitude máxima de 550 caracteres.



Os relatos poderanse enviar entre os días 11 de febreiro e 10 de marzo, elixíndose o gañador do concurso por un xurado que publicará a súa resolución o 17 de marzo. Premiarase ó autor do microrrelato gañador cunha viaxe de catro días a Venecia (para dúas persoas), mentres que o resto de autores participarán nun sorteo dunha estadía dunha fin de semana nunha casa de turismo rural próxima á parroquia máis erótica de Galicia (O Sexo, na Golada).

Entran en funcionamento en Cuntis unha rede sen fíos Wimax e unha aula de dinamización

A directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela, inaugurou este xoves a implantación da rede de comunicación sen fíos Wimax no concello de Cuntis. A actuación foi posíbel grazas a un convenio entre a Consellaría de Innovación e Industria e Concello de Cuntis, cun investimento de 83.000 euros, e forma parte dun proxecto global para 12 concellos de todo o país cun orzamento dun millón de euros.

Helena Veiguela, acompañada pola delegada provincial da Consellaría en Pontevedra, Montse Prado, considerou imprescindíbel que toda a cidadanía de Galiza poida acceder de xeito eficiente á internet mediante a tecnoloxía necesaria, e salientou que o obxectivo prioritario do seu departamento é mellorar os niveis de utilización das TIC no país, nomeadamente nas zonas rurais, onde o espallamento da poboación e as dificultades de acceso provocan un menor grao de uso da rede.

En virtude do mesmo convenio, Cuntis contará cunha aula de dinamización da Sociedade da Información, punto de acceso para achegar internet con tecnoloxías de banda larga ao conxunto da cidadanía e que ofrecerá formación aos colectivos con maior dificultade.

Novos obradoiros de informática para o Concello de Ordes


O día 11 de febreiro abrirase o prazo para os novos obradoiros de informática

O Centro Comarcal de Ordes en colaboración coa Rede de Dinamización da Sociedade da información e o Concello de Ordes ten programado abrir a inscrición para os obradoiros de Novas Tecnoloxías que se levarán a cabo durante o mes de marzo.

Os obradoiros que se levarán a cabo na Aula de Informática de Ordes, situada na Casa da Cultura, serán os seguintes: Iniciación a Informática (10 h.), Iniciación a Internet (5h), Creación de contas de correo (6 h.), Word (10h) e Mecanografía (14h).

O prazo de inscrición comeza o día 11 de febreiro, para apuntarse chamar ou persoarse no Centro Comarcal de Ordes no seguinte horario: Luns, mércores e venres de 11:00 a 15:00 horas. O número de prazas para cada curso é de 10 por orde de inscrición.

Para máis información contactar con Rebeca Sánchez no Centro Comarcal de Ordes ou no 981 68 83 86 ou en: http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu/

Symantec bota por terra varios mitos relacionados cos riscos das novas tecnoloxías

A compañía de software para infraestructuras Symantec vén de dar a coñecer o Volumen II de su Informe sobre Gestión de Riesgos de las TI, un estudo levado a cabo logo da análise de máis de 400 entrevistas en profundidade a profesionais das novas
tecnoloxías da información de todo o mundo que identifica os principais asuntos e tendencias neste eido e que, amais, semella derrubar algúns dos principais mitos asociados xeralmente ós riscos das redes.

Segundo isto, no informe asegúrase que é falso que a xestión de riscos das TIC “se centre só na seguridade”, que a xestión de riscos das TI “sexa un proxecto puntual”, que a tecnoloxía por si mesma “poida xestionar os riscos TI” e que a xestión de riscos “se convertera nunha disciplina formal”.

Ademais de botar por terra estas afirmacións, o estudo tamén indica que os problemas relacionados cos procesos causan un 53% dos incidentes das TI, mentres que nas tecnoloxías da información infravalorase a miúdo a frecuencia dos incidentes que producen pérda de datos.

Asemade, o estudo aclara o estado da xestión de riscos nos diversos sectores industriais e, entre as conclusións ás que chegan os seus autores, cómpre salientar a seguinte: os participantes do sector sanitario agardan a meirande cantidade de incidentes con respecto a estas tecnoloxías.

Por outra banda, as telecomunicacións ocuparon o mellor posto no despregue de controis para a xestión de riscos das TI, seguidas de preto pola banca e polos servizos financieiros.

Segundo asegura o director de Servizos e Consultoría de Symantec Ibérica, Gerardo Gómez, “este informe ofrece ós profesionais do sector e ó persoal directivo un coñecemento sen igual sobre a xestión de riscos das tecnoloxías da información e achega unhas pautas e unhas boas prácticas para a execución efectiva do programa”.

A CEP acolle unha xornada sobre a Factura Electrónica

O vindeiro día 14 de febreiro, de 9:00 a 14:00 horas celebrarase unha xornada sobre Facturación Electrónica convocada e impartida por expertos de ASIMELEC na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (na Avenida García Barbón 104 en Vigo).

A xornada tratará a normativa da factura electrónica en España, as novas importantes da nova normativa de facturación e outros detalles sobre a implantación da factura e sinatura electrónicas, podendo asistir de xeito gratuíto os que se inscriban a través da web de ASIMELEC.

Santiago acolle unha mostra sobre o cálculo na historia: Dos ábacos ós computadores


Dende comezos deste mes de febreiro e até o vindeiro 26 de marzo, a Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela dá acollida a unha peculiar exposición que mostra o paso do cálculo histórico até o actual de xeito que o espectador comprobe de primeira man a espectacular evolución das tecnoloxías dos nosos días.

Comisariada por Manuel Bermejo Patiño, Dos ábacos aos computadores fai unha presentación diacrónica do proceso de cálculo na sociedade que culmina na chegada da informática, facendo fincapé na instrumentación actual para tentar amosar como pode ser o futuro.

Iníciase así cunha introdución aos métodos de cálculo na Humanidade, dende os ábacos na cultura oriental até o cálculo da cultura islámica, pasando polas achegas da cultura grecorromana. Xa o posterior progreso no cálculo matemático posibilita o deseño das primeiras calculadoras da historia como as máquinas de Pascal, Babbage, Hollerith ou Torres Quevedo. Por último, o desenvolvemento científico permite o deseño tecnolóxico de novas máquinas -os computadores- que actúan sobre o cálculo impulsando un maior desenvolvemento das matemáticas.

Nesta iniciativa da Vicerreitoría de Cultura co patrocinio de Caixanova amósanse moitas máquinas que o visitante coñecerá por si mesmo, como o primeiro IBM 1130 da USC, as máquinas perforadoras de tarxetas, as primeiras memorias electrónicas, aparellos de cálculos diversos e distintos compoñentes dos ordenadores, co obxecto de que a sociedade comprenda como foron evolucionando historicamente os computadores ata o que son hoxe. Boa parte destas pezas procede, ademais da USC, do Museo Pedagóxico de Galicia, do Centro de Supercomputación de Galicia e do Museo Naval de Ferrol.

Cen escritores de todo o mundo tiran partido da Rede para loitar polo medio ambiente


Agora que cuestións como a conservación do modelo de familia tradicional semella ser o gran motivo polo que manifestarse, resulta que tamén hai temas de importancia como a paz, a igualdade ou a preservación do medio ambiente. Ironías aparte, desta volta toca falar precisamente do uso da Rede como gran praza pública dende a que tentar facer ruído a prol dunha causa común: a defensa da natureza e a loita contra un dos grandes males deste tempo, o cambio climático. A particularidade é de que desta vez a iniciativa une a un gremio ben definido, o dos escritores, ben sexan do eido científico, económico, xornalístico, literario ou musical.

A Rede de Escritores pola Terra, que non é un proxecto exclusivo para operar na Rede pero que non se concibe sen ela, constitúe unha plataforma de autores procedentes de todos os recantos do planeta que se convoca e se dá a coñecer a través de dúas propostas en liña: unha páxina oficial e máis un blog colectivo.

O colectivo, que naceu o ano pasado durante uns encontros organizados en Granada (Nicaragua) pola ONG Mare Terra, está integrada neste intre por unhas cen persoas, e conta cos seguintes obxectivos: dar voz a un medio ambiente cada vez máis deteriorado, sensibilizar ós gobernos e propoñer solucións. Agora, a plataforma vén de coller novos pulos coa presentación das conclusións do devandito encontro e do manifesto resultante.

Na devandita rede participan escritores e activistas a prol do medio ambiente como Ernesto Cardenal (Nicaragua), Syney Posuelo (Brasil), Guillermo Brown (Chile), Ricardo Aguilar, Arturo Larena, Joaquín Araújo ou Juan José Ruíz, autor (precisamente) das conclusións da reunión celebrada en Nicaragua hai agora un ano.

Unha canle na rede dará a coñecer o audiovisual do país no exterior

Galiza contará cunha televisión por internet como "un escaparate do audiovisual galego no exterior". O anuncio fíxoo o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel Xosé Fernández Iglesias, no acto de inauguración do curso 'A televisión por internet', que se desenvolveu este mércores na Coruña.

Fernández Iglesias explicou que a Xunta está a estudar a posta en marcha dunha canle de televisión na rede que dea "continuidade" á que se creou para o simposio 'Pobre mundo rico', organizado polo Club Internacional de Prensa. Coa creación da nova canle, cunha plataforma 100% galega, o noso país converteríase na primeira administración autonómica cunha canle de televisión propia a través de internet, o que a situaría á "vangarda no uso das novas tecnoloxías".

Na súa intervención na cidade herculina, o director xeral considerou que se vai experimentar "un cambio radical" nos modelos de consumo audiovisual, "cunha clara tendencia" á integración de todas as canles de difusión nunha única pantalla na que converxan todos os fluxos audiovisuais. Ademais, explicou que existe un "cambio" na concepción de internet como ferramenta de comunicación e de difusión de información, pois o usuario pode configurar o seu propio "internet á carta".

Cursos de Introducción a Sociedade da Información en Ordes


A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Sociedade Anónima Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (S.A.X CESGA) a través da Rede de Dinamización da Sociedade da Información quere levar a cabo unha intervención formativa específica para PEMES e microPEMES e outra divulgativa para a sociedade en xeral.

No primeiro caso, a intención é mellorar os parámetros produtivos e sociais das empresas galegas introducindo e afondando no uso das ferramentas de software libre máis implantadas e complementándose coa formación en áreas menos desenvolvidas, pero de interese estratéxico para a mellora da súa competitividade. A intervención formativa tomará como empresa de referencia a microPEME e PEME do sector servizos, poñendo especial atención ás características propias do medio rural.

No segundo caso, preténdese diminuír a fenda dixital achegando a Sociedade da Información á cidadanía a través de ferramentas de software libre en galego, xa que existe un atraso respecto aos niveis de España e da Unión Europea. Asemade existen tamén desequilibrios dentro da propia autonomía, especialmente entre a Galicia urbana e o resto da autonomía, que convén compensar.

Para acadar estes obxectivos cóntase co apoio dunha empresa especializada no campo da formación en software libre e coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información que será a encargada de levar a oferta de cursos de formación ás empresas e a sociedade en xeral.

Cursos / Ferramenta / Horas
WWW Firefox/ Iceweasel 15
Correo electrónico Thunderbird/ Icedove 10
Sinatura Electrónica e LOPD GnuPG (gpg) 20
Introdución ao Open Office OpenOffice 10
Procesador de textos OpenOffice Writer 25
Presentacións OpenOffice Impress 15
Follas de Calculo (I) OpenOffice Calc 15

CURSOS DE OFIMÁTICA AVANZADA
Cursos Ferramenta Horas
Folla de Cálculo (II) OpenOffice Calc 40
Bases de datos OpenOffice Base 40
Construción de páxinas web Nvu 40

CURSOS DE XESTIÓN DA EMPRESA
Cursos Ferramenta Horas
Facturación Facturalux Calc 24
Contabilidade Facturalux 24
Xestión de almacén Facturalux 24

CURSOS DE XESTIÓN DA REDE
Cursos Ferramenta Horas
Arquitectura cliente/ servidor teórico 10
Servidores de rede GNU/ Linux 40
Xestión de dominio corporativo Firefox 20
Comercio electrónico Varias 25
Marketing na rede Varias 25

DIRECTRICES PARA XERENTES DE PEMES
Cursos Horas
Directrices migratorias 2
Achegamento ao software libre 3

Informate no teléfono: 981 68 83 86 ou achegandote o Centro Comarcal de Ordes
Vía e-mail: rebeca.ordes@dinamiza.sociedadedainformación.eu

Programa Avanza PEME: actuacións de dinamización tecnolóxica

Prazo de presentación de solicitudes: até o 29 de febreiro de 2008 [Existe un segundo prazo do 2 ao 30 de xuño de 2008]

Organismo convocante: Ministerio de Industria, Turismo e Comercio

Obxecto da convocatoria: Axudas para

1. solucións de negocio electrónico.
2. facturación electrónica.
3. seguridade da información e as comunicacións.

Serán subvencionábeis os investimentos materiais ou inmateriales de produtos de tecnoloxía da información e as comunicacións dedicados ao proxecto ou actuación; gastos de persoal técnico directamente asignado ao proxecto e que teña relación laboral coa entidade beneficiaria; subcontratacións exclusivamente derivadas do proxecto ou actuación; outros gastos xerais suplementarios directamente derivados do proxecto ou actuación e debidamente xustificados.

Actuacións subvencionables:

- proxecto ou actuación individual.
- proxecto ou actuación en cooperación.

Información adicional:
PRAZO: o prazo de solicitude reflectido corresponde ao primeiro procedemento de selección da terceira convocatoria de 2007 para os seguintes tipos de proxectos:

1. e-comercia.
2. PANTERA.
3. COELCO 2.
4. E-FACTUR@.
5. PYME DIGITAL.
6. E-FACTURA.
7. Proxecto PYMe-FACTURA.
8. E-FACTURA PYME.

Convocatoria BOE: 20/12/2007

A data límite para a presentación de solicitudes é o día 29 de febreiro de 2008 [Existe un segundo prazo do 2 ao 30 de xuño de 2008]

Igualdade de Xénero na Sociedade da Información


Agestic segue adiante cos seus obxectivos de traballar en contra dun tipo de discriminación que non é novo, o da muller, pero que tristemente acada novas realidades cunhas estruturas concibidas en teoría para non discriminar: as das redes e a Sociedade da Información. Precisamente para evitar que na era dixital se reproduzan punto por punto os mesmos defectos ca na era anterior (coa diferenza de que eses defectos se trasladan do real ó virtual), a Asociación Galega de Empresas de TICs coordina o programa estatal Nin Máis Nin Menos, do que xa dimos conta na súa apertura en Lugo e que prosegue este xoves ás 11.30 horas no ITE Caixa Galicia da Ronda de Nelle.

Neste acto, que servirá para analizar o papel das novas ferramentas nas mulleres traballadoras do sector comercial e de servizos, participarán 14 especialistas en redes e empresarias galegas procedentes de moi diversos ámbitos.

Como dixemos, a idea é avaliar polo miúdo o que poden achegar as redes ós sectores profesionais do comercio, os servizos, a hostalería e o turismo, e todo iso en relación á igualdade de xénero. Con este fin, contarase co testemuño directo destas mulleres emprendedoras e dos seus puntos de vista de cara ós puntos fortes ou febles da poboación feminina perante as novas tecnoloxías. O encontro, no que xa están inscritos máis de 70 profesionais do sector, conta co apoio da Fundación Paideia.

Decenas de mozos españois tratan de superar a súa adicción ás novas tecnoloxías

Proxecto Home recibe a mozos de entre 12 e 21 anos que abusan dos videoxogos, xogos on-line, Internet ou os teléfonos móbiles.

Aínda son poucos, pero Proxecto Home xa trata a decenas de mozas de toda España que teñen unha nova adicción: o abuso das novas tecnoloxías como os videoxogos, os xogos on-line, Internet ou os teléfonos móbiles.

Polo xeral, estes mozos chegan aos centros con diversas adiccións porque, do mesmo xeito que os politoxicómanos, que combinan a adicción a diversas sustancias, estes dependen de varios factores ao mesmo tempo, explica Fernando do Río, responsable do centro que esta ONG ten en Burgos. Só neste centro, Proxecto Home trata as adiccións ou «abusos», como matiza Fernando Ríos, dunha trintena de rapaces que teñen entre 12 e 21 anos.

A maioría deles comparten trazos e comportamentos comúns como illamento, conflitos familiares, nerviosismo, ansiedade e fracaso escolar, principalmente. Segundo Do Río, máis que «adictos» son novo que «abusan das novas tecnoloxías» e aínda que esta dependencia altera o seu comportamento, ten «menor intensidade» que
a adicción á droga.

Ademais, aproximadamente o 60% dos mozos que reciben tratamento no centro burgalés de Proxecto Home combinan o abuso das novas tecnoloxías e do móbil coa adicción a consumos de fin de semana (alcol e drogas), porque en todos eles subxacen «problemas máis graves». Para as familias, explica, é difícil recoñecer que o seu fillo ten un problema de dependencia porque o «enganche» aos videoxogos, Internet ou ao móbil «non sae da habitación» nin crea alarma social, nin transmite infeccións, nin induce a cometer delitos e, en definitiva, «non crea alarma social». De feito, estas dependencias pasan tan desapercibidas, explica Do Río, que as familias «non o ven como un problema». «Se acoden a nós fano porque ven outros problemas como o illamento familiar, o fracaso escolar ou a violencia» e só un cinco por cento destes mozos asume que ten un problema.

No entanto, Fernando do Río subliña que non hai que «demonizar» as novas tecnoloxías porque non é negativo que un neno acceda a Internet ou que teña un teléfono móbil para ser localizado polos seus pais sempre que o faga correctamente. O segredo, como en todo -matiza- está en facer un bo uso destes instrumentos e sobre todo «uso mellor que abuso». Ademais do centro de Burgos, Proxecto Home combate estas adiccións en Barcelona, Jerez de la Frontera e Cádiz.

Para previr estes comportamentos, en 2007, a comunidade de Madrid puxo en marcha Avanzamos, un programa de prevención de adiccións ás novas tecnoloxías que se prorrogará ata o 2009 porque «o seu resultado foi netamente positivo», segundo o director xerente da Axencia Antidroga, Manuel Molina. Como Do Río, Molina subliña que non se debe, en ningún caso, culpar ás novas tecnoloxías, porque o seu uso razoable pode ser enormemente positivo para os mozos». O programa Avanzamos, que custará 399.168 euros á Comunidade de Madrid, aplicarase a 18.000 nenos de quinto e sexto de Primaria durante os cursos escolares 2007-2008 e 2008-2009 e aos seus pais. Este proxecto intenta previr a adicción ás novas tecnoloxías a través da promoción dun uso correcto das mesmas.

Segundo datos do Defensor do Menor da Comunidade de Madrid, en 2005, o 37% dos menores manifestaba a necesidade de conectarse con frecuencia, o 38% desenvolvía reaccións adversas se era privado do móbil e o 14 por cento recoñecía estar enganchado a algún videoxogo.

Comeza na Coruña un curso sobre televisión por internet

Este mércores 6 desenvólvese na Coruña o curso "A televisión por internet". Organizado polo Máster de Comunicación Empresarial (MBA) da universidade coruñesa, en colaboración con Canle de Comunicación S.L., está dirixido a xestores e directivos de empresas, ademais de profesionais da comunicación en xeral, para introducilos no mundo da televisión en liña.

A Televisión por Internet
A raíz do futuro apagamento analóxico, a televisión por internet preséntase como un
potente complemento, e mesmo competidor, das televisións TDT. Polo seu menor custo e infraestrutura, a TVIP permítelles a empresas, organismos, colectivos e particulares crear a súa propia televisión con moito menos investimento ca unha canle tradicional. A televisión IP é, asemade, o máximo exponente da chamada web 2.0, un novo xeito de entender e de vivir a internet.

Na xornada participan tres expertos da empresa Vivocom, responsábel, entre outros, do lanzamento das canles de televisión por internet da Cruz Vermella, El Corte Inglés ou o BBVA. O acto de apertura do curso presídeo Manuel Fernández Iglesas, director xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia, ás dez da mañá no Salón de Graos da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UDC, no Campus de Elviña

Subvencións aos investimentos das empresas en materia TIC

Prazo de presentación de solicitudes: até o 15 de febreiro de 2008

Organismo convocante: Consellaría de Innovación e Industria. Xunta de Galicia.

Obxecto da convocatoria: As subvencións, convocadas en réxime de concorrencia competitiva, teñen por obxecto promover a realización de actuacións das empresas galegas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, para o ano 2008.

Actuacións subvencionables:

a) Infraestrutura interna das empresas para a Sociedade da Información.

Destinada para que as empresas adopten e utilicen eficientemente as TIC a través de melloras substanciais nos seus sistemas de información. Esta actuación está destinada para as empresas de calquera sector económico. Porén, polas especiais características tecnolóxicas do sector audiovisual, considéranse tamén investimentos específicos para as empresas deste sector.

Poderanse considerar solicitudes nas cales se recolla:

a1) Implantación ou mellora da rede de datos interna da empresa, que pode incluír tamén os elementos físicos necesarios para o acceso á internet.


a2) Investimento en bens de equipo que supoñan unha muda tecnolóxica substancial para as empresas do sector audiovisual galego, ou que contribúan a consolidar procesos xa iniciados de implantación de tecnoloxías emerxentes neste sector.


b) Aplicacións informáticas nas empresas para a Sociedade da Información.

Destinada para que as empresas de calquera sector económico, adopten e utilicen eficientemente as TIC a través de melloras substanciais nos seus sistemas de información.

Poderanse considerar solicitudes, de calquera empresa, nas cales se recolla:

b1) Implantación de aplicacións informáticas baseadas en código aberto e realizadas a medida para o solicitante, ou adaptación de librarías informáticas baseadas en código aberto, destinadas aos sistemas de información e de xestión da empresa solicitante.

b2) Adquisición e implantación de aplicacións informáticas (software) de carácter produtivo. As aplicacións deberán achegar solucións específicas para a actividade económica que desenvolve o solicitante, e diferenciarse inequivocamente dos gastos non subvencionados.

c) Apoio ao desenvolvemento do sector das TIC.

Destinadas para que as empresas que desenvolven a súa actividade económica especificamente no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, isto é, as empresas TIC, poidan xerar e ofertar ao mercado novos produtos e servizos TIC.

Poderanse considerar solicitudes nas cales se recolla:

c1) Desenvolvemento de aplicacións informáticas baseadas en código aberto.

c2) Desenvolvemento de novos produtos ou servizos TIC, que sexan propiedade do solicitante, e que estean suxeitos a un pagamento por uso, licenza ou adquisición, por parte de terceiros.

d) Formación técnica e promoción do sector das TIC.

Destinadas para que as empresas que desenvolvan a súa actividade económica especificamente no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións, isto é, as empresas TIC, poidan xerar e ofertar ao mercado novos produtos e servizos TIC.

Poderanse considerar solicitudes en que se recolla:

d1) Presenza da empresa TIC e do seu persoal propio en foros especializados de comercialización, formación tecnolóxica ou estandarización, tanto en calidade de visitantes profesionais como expositores.

d2) Asistencia do persoal propio da empresa TIC a cursos de formación especializada nos medios de produción necesarios para o desenvolvemento dos seus produtos e servizos.

Convocatoria DOG: Orde do 27 de decembro de 2007. DOG Nº venres, 11 de xaneiro de 2008

A data límite para a presentación de solicitudes é o día 15 de febreiro de 2008

Un simulador para comprobar o efecto do aumento do nivel do mar

Comprobar como afectará o aumento do nivel do mar a Galicia é posible a través dun simulador que desde hoxe ofrece Voz Natura. Trátase dun mapa virtual en tres dimensións no que viaxar a través do tempo e observar como cambia a fisionomía da costa. Navega pola Galicia do futuro e conciénciate sobre a necesidade de frear o quecemento global do planeta. Voz Natura centrarase con este tema o próximo curso.

A simulación está realizada considerando un incremento do nivel do mar de 0,3 centímetros ao ano, unha cifra que supón a media de subida nas costas galegas nos últimos dez mil anos. Con todo, esta situación podería acelerarse a raíz do quecemento global do planeta, tal e como explica o asesor científico de Voz Natura para este proxecto, Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal, da Universidade da Coruña.

Datos reveladores
Con esta iniciativa, Voz Natura pretende chamar a atención sobre a necesidade de axuntar esforzos para loitar contra o cambio climático e retardar así os procesos de aumento do nivel do mar, entre outros. «Este mapa virtual alerta á poboación galega sobre o que significa a subida do nivel do mar. Pode facer que a xente se de conta
de cales son os puntos fracos da costa agora e de cales son as zonas que sufrirán primeiro. Ademais, darémonos conta da cantidade de construcións ou lugares que visitamos agora e que poderían desaparecer», asegura Vidal Romaní.

Navegar a través da Galicia do futuro é moi sinxelo. Basta con ter instalada no ordenador a última versión de Google Earth. Os usuarios que non dispoñan deste programa, poderán descargarllo gratuitamente na propia web de Voz Natura. Unha vez aterrres sobre o mapa, unha figura informativa ofrece unha breve guía para orientar a navegación.

Próximo curso
Os centros educativos participantes en Voz Natura levan xa varios cursos desenvolvendo accións para combater o cambio climático. Con todo, a próxima edición do programa (2008-2009) estará especialmente dedicada a este tema. Así, co lanzamento deste simulador virtual Voz Natura abre unha liña que marcará o desenvolvemento do programa ao longo da súa duodécima edición.

Colexios, institutos, asociacións ambientais e escolas taller poderán presentar a súa proposta de actuación ao longo dos meses de febreiro e marzo do próximo ano. Os centros educativos recibirán as bases do programa e o formulario de inscrición a partir do próximo mes de febreiro. Nesta data, a documentación tamén estará dispoñible nesta web e, como novidade, a inscrición poderá realizarse tamén a través dun formulario on line.

Nova na Voz de Galicia sobre Yahoo

Google pide vetar la posible compra de Yahoo! por parte de Microsoft. El gigante de internet Google calificó de «perturbadora» la oferta.

El gigante de internet Google calificó ayer de «perturbadora» la oferta de Microsoft de miles de millones de dólares para adquirir a su rival Yahoo! y urgió a los reguladores estadounidenses e internacionales a vetar la propuesta. «La oferta hostil de Microsoft por Yahoo! suscita preguntas inquietantes», dijo en un
comunicado el vicepresidente para el desarrollo corporativo y consultor legal de Google, David Drummond. «Esto va más allá de una simple transacción financiera, de una compañía adquiriendo a otra. Se trata de preservar los principios subyacentes de internet: apertura e innovación», añade el comunicado.

Drummond acusó a Microsoft de hacer uso de su ventaja competitiva en el mercado de los computadores personales para ganar una «influencia inapropiada e ilegal sobre internet», y dijo que probablemente trataría de hacer lo mismo en caso de adquirir Yahoo!.

«Microsoft buscó a menudo establecer monopolios», dijo Drummond añadiendo que la compañía basada en California tiene «un amplio historial de infracciones legales y regulatorias» que no debería extenderse a internet. Microsoft hizo el viernes una oferta de compra por Yahoo! de 44.600 millones de dólares.

Nova no Correo Galego sobre XGN 08

El Xuventude Galiza Net tendrá plató 'chroma key'. Los participantes podrán 'colarse' en una película y llevarse a casa la grabación en

El encuentro Xuventude Galiza Net, que tendrá lugar en marzo, contará con un "innovador" plató chroma key, que la Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual incorporará a su exposición Galiciadixital.


Este plató, que visitará por primera vez Galicia los días 14, 15 y 16 del próximo mes, es un espacio donde se sitúan los visitantes para moverse a sus anchas ante una cámara de vídeo mientras se ven reflejados en una pantalla TFT de gran formato, inmersos en una película o un decorado digital que ellos mismos pueden escoger. Además, la Xunta prevé entregar un DVD con la grabación de las escenas que acaba de protagonizar a cada uno de los participantes que pasen por el plató.

La Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual tiene previsto incorporar el plató a la exposición itinerante Galiciadixital.

Sensibilización de Xénero nas Redes de Telecentros: unha experiencia piloto en Estremadura e Asturias.

Mulleres e homes acceden e usan as TIC en xeral e Internet en particular de xeito distinto. Os últimos informes e estatísticas sobre a Sociedade da Información (Eurostat e Observatorio Estremeño da Sociedade da Información) amosan que en España existe unha “fenda dixital” entre mulleres e homes que sitúa as españolas uns dez puntos por debaixo dos homes no acceso a Internet. Contra esta desigualdade loitan as redes de telecentros en Estremadura e Asturias, a través do proxecto piloto “Sensibilización de Xénero nas Redes de Telecentros”.

O obxectivo principal do proxecto é promover e implantar a perspectiva de xénero no traballo diario dos Telecentros. Para elo, impulsaranse actividades de investigación no ámbito do xénero e TIC, continuarase coa realización de talleres de Sensibilización e Capacitación de Xénero e TIC, dirixidos tanto a persoal técnico como as persoas usuarias dos Telecentros. Deste xeito, coñecerase ate que punto o traballo realizado por estas entidades contribúe a mellorar o acceso da muller as TIC. Finalmente identificaranse as áreas nas que o traballo deberíase mellorar e elaborará un Plan de Acción para traballar nos Telecentros coa perspectiva de xénero.

Se queredes máis información premede na seguinte enlace: www.telecentros.es

Unha recomendación de cine II




Jason Reitman (fillo de Ivan) quedou finalista no Premio do Público a Mellor Película no Festival de Toronto con "Juno", unha comedia independente e drama adolescente. Unha película protagonizada por moitas caras coñecidas da pequena pantalla: Ellen Page ("Hard Candy", "The Tracey Fragments"), Michael Cera (Arrested Development), Jennifer Garner (Alias), Jason Bateman (Arrested Development), J.K. Simmons (The Closer) y Olivia Thirlby. Mención a parte merece Diablo Cody, a guionista desta película que xa é unha estrela mediática nos Estados Unidos.

A película presentanos a Juno (Ellen Page), unha rapaza que quedou embarazada dun compañeiro de instituro (Michael Cera). En lugar de abortar, decide dar o seu futuro fillo en adopción a unha parella (Bateman e Garner) que non poden ter fillos.

O éxito desta cinta foi imparable dende a súa presentación no festival de Toronto.

Listaxe de Premios

Oscar

2007 Oscar a la mejor película - Nominada
2007 Oscar a la mejor dirección. Jason Reitman - Nominado
2007 Oscar a la mejor actriz. Ellen Page - Nominada
2007 Oscar al mejor guión original. Diablo Cody - Nominado


Globos de Oro

2008 Globo de Oro a la mejor película - Comedia o musical - Nominada
2008 Globo de Oro a la mejor actriz - Comedia o musical. Ellen Page - Nominada
2008 Globo de Oro al mejor guión - Diablo Cody - Nominado


Screen Actors Guild

2008 Screen Actors Guild a la mejor actriz. Ellen Page - Nominada


BAFTA

2008 BAFTA a la mejor actriz. Ellen Page - Nominada
2008 BAFTA al mejor guión original. Diablo Cody - Nominado