O servizo de correo electrónico de Google leva meses probando numerosas prestacións a través de Google Labs, de xeito que os usuarios que o desexase, puidesen activar características moi determinadas, das que 5 das mesmas veñen a incorporarse oficialmente a Gmail, mentres que outras poucas caeron definitivamente ante a súa mala acollida.
As características que pasan a ser oficiais en Gmail son: o autocompletado de buscas, a integración con YouTube, as etiquetas de cores, o detector de adxuntos esquecidos (detecta se facemos referencia a adxuntos nunha mensaxe para lembrar a súa carga antes do envío por correo electrónico).
Gmail incorpora oficialmente prestacións dos seus Labs
1/3/10 | Inserido Rebeca Sánchez 0 comentarios
Etiquetas: Gmail
Google Sync permite acceder a Gmail mediante push
A comezos de ano lanzouse Google Sync coma un servizo que permite sincronizar os contactos de Gmail e o calendario de Google con terminais móbiles con Windows Mobile ou S60, así coma co iPhone e o iPod Touch, e son precisamente os usuarios dos dispositivos de Apple os que agradecerán que veñan de mellorar o servizo para incorporar a tecnoloxía push para as mensaxes de correo de Gmail, o que implica que os usuarios poidan recibilas no seu terminal de xeito pasivo, ou sexa, que os correos electrónicos irán a parar case instantaneamente aos dispositivos móbiles sen ter que entrar na aplicación de correo electrónico para consultar se hai mensaxes novas.
O iPhone incorporou o soporte da tecnoloxía push para poder competir cos terminais Blackberry, pero ata o momento estaba limitado a contas de correo subministradas por Apple (de pago), e agora tamén pode empregarse con contas de Gmail, o que agradecerán os usuarios, pois poden contar así cunha prestación avanzada sen custos adicionais.
Aparte de no iPhone e o iPod Touch, o correo push de Google Sync tamén funciona con terminais co sistema operativo Android e incluso co Palm Pre.
23/9/09 | Inserido Rebeca Sánchez 0 comentarios
Gmail optimiza o seu sistema de etiquetas
Os usuarios que hoxe accederon a Gmail atopáronse cun importante cambio no servizo de correo electrónico de Google, que mellorou considerablemente o seu sistema de etiquetas, que adoptan unha nova ubicación (xusto debaixo dos cartafoles do servizo, tomando unha aparencia semellante aos mesmos), poden agocharse (nun principio a web amosará só as etiquetas máis utilizadas, deixando o resto ocultas, aínda que é posible personalizar este comportamento) e permiten a cualificación de mensaxes con etiquetas cunha mera operación de arrastrar e soltar.
Con estes cambios entendemos que as etiquetas compórtanse cada vez máis coma cartafoles, deixando de estar aloxadas nun recadro moi diferenciado, o que achega unha estética máis limpa e cómoda.
2/7/09 | Inserido Rebeca Sánchez 0 comentarios
Etiquetas: Gmail, Tecnoloxía