O Congreso I+C quenta motores

O encontro científico, ao que asistirán 400 investigadores e no que se presentarán 400 comunicacións, servirá para conformar a Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC)

O Congreso Investigar a Comunicación abrirá as súas portas o mércores 30 a partir das dez da mañá, cunha sesión inaugural na que intervirán Senén Barro (reitor da USC), Emilio Pérez Touriño (presidente da Xunta de Galicia), Xosé Sánchez Bugallo (Alcalde de Santiago), Fernando Blanco (conselleiro de Innovación e Industria), Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura), Margarita Ledo (presidenta da Comisión Organizadora) e Miquel de Moragas (presidente da Comisión Xestora da AE-IC). A seguir, Nestor García Canclini, profesor da Universidade Autónoma de México, ofrecerá a Conferencia Inaugural: Investigar a Comunicación. Retos Científicos, Metas Sociais.

O venres pola tarde celebrarase a asemblea fundacional da Asociación Española de Investigación da Comunicación (AE-IC), cuxa importancia radica en que no futuro servirá como representante dos investigadores perante as instancias responsables da política española e europea de Investigación e Desenvolvemento.

0 comentarios: