Publicado o prego de condicións para a campaña "+internet+galego+futuro" 2008


O Diario Oficial de Galicia (DOG) do venres publicou os pregos de condicións do concurso aberto para a contratación da campaña de promoción e difusión do uso das novas tecnoloxías e da internet de cara ao 17 de maio, Día da Internet, Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información e Día das Letras Galegas.


Como nas edicións anteriores, nos anos 2006 e 2007, o lema será "+internet+galego+futuro", co obxectivo de promover tanto o uso da internet como da nosa lingua entre a cidadanía. Desta volta, o tema central da campaña será o coñecemento na rede en lingua galega e os servizos públicos dispoñíbeis na internet. O ano 2006 desenvolveuse por primeira vez esta iniciativa, que no 2007 tivo como fío condutor "Na rede, o que ti queiras".

A campaña, ademais de se contar co seu propio espazo na web maisinternetmaisgalego.org, terá presenza na radio, prensa escrita, revistas en lingua galega e medios en internet.

0 comentarios: