+Galego con TADEGa

En maio. A Asociación TADEGa pon en marcha na súa páxina o módulo +Galego, construído en PHP dinámico, accesíbel e destinado en exclusiva á catalogación de materiais e experiencias TIC de uso na atención á diversidade, feitos en galego ou traducidos a esta lingua.

O catálogo de recursos que ofrece TADEGa na súa web dispón dunha ficha completa de cada produto: material, autor, data, instalación, acceso, documentación, web, sistema operativo, ámbito pedagóxico, tipoloxía, estilo, valoración, propósito, etc.

Entre os materiais catalogados poderás atopar ferramentas, aplicacións ou programas como Ardora; Atnag; Aula Bardos; Aumentativa; Caderno de mates; Calculadora EDI; Cálculo Mental; Calcwav, TocaToca e Facil; Clic e JClic; Drawing for children; Fórmula 20; GaliClic; Galogo; Hot Potatoes; Lim; Lim en NoteBook; Logga; Mapas; Squeak; Xogamos?; Hiparcos...

0 comentarios: