La Sexta estrea un servizo de vídeo á carta a través da Internet


MiSextaTV permite acceder á carta aos programas da canle televisivaAs televisións españolas están a apostar con forza pola Rede para non perder posicións, e despois de que TVE renovase a súa web, La Sexta non quere quedar atrás, e reforza a súa presenza na Rede coa creación dunha web de contidos á carta, miSextaTV, que permitirá acceder a través da web aos seus programas completos ou por seccións, presentando unha boa calidade de imaxe (ao que chaman alta definición aínda que se trate de 480 liñas en progresivo, o que supera á media das emisión pola Internet).

Nas últimas semanas xa estrearan páxinas web de varios dos seus programas (Sé lo que hicisteis, Buenafuente, CQC e El Intermedio), continúan a manter a súa canle informativa laSexta|Noticias, e mesmo contan cun widget para levar os seus contidos ao escritorio dos usuarios.

A presentación de miSextaTV vista por César CalderónPero o que podería resultar máis destacable é que a canle televisiva non dará as costas á Rede noutros ámbitos, e á presentación de miSextaTV acudiron varios blogueiros que destacaron o papel de La Sexta na web, aínda que César Calderón aproveitou a ocasión para pedir que se respectaran as licenzas dos contidos emitidos, pois criticou que na actualidade moitas televisións están a coller contidos de blogs e YouTube sen referirse ao autor dos mesmos, ao que Antonio García Ferreras, director xeral de La Sexta respondeu que «La Sexta será a primeira televisión que citará aos blogueiros coma fonte».

0 comentarios: