A Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria migrará a súa plataforma de correo electrónico corporativo a unha solución baseada en software libre. O anuncio de licitación por procedemento aberto e tramitación ordinaria publicouse no DOG do 23 de febreiro.
Os requisitos estabelecidos na convocatoria para a empresa licitadora exixen que os desenvolvementos para a execución do servizo teñan unha licenza compatíbel coa GPL (Licenza Pública Xeral). Tamén deberán ter licenza libre os desenvolvementos incorporados por terceiros, e a documentación elaborada ha ter formato ODF.
Segundo informa Mancomún, a partida asignada a esta contratación é de 200 mil euros, e o prazo de presentación de ofertas remata o 10 de marzo ás 14 horas.
O servizo contempla que a Consellaría de Educación migre a plataforma actual de correo sen perda de información, que se integre un sistema de listas de distribución e outro anti spam e que a interface web do correo cumpra o estándar de accesibilidade WAI-AA. Tamén haberá de integrar un mecanismo de copias de seguridade, terase que instalar no hardware de Consellaría e incluirá a formación do persoal. A explotación do servizo e o apoio técnico terá unha duración de dous anos.
Is Impotence the Same as ED
Hace 1 año
0 comentarios:
Publicar un comentario