Innovación e Industria e Eroski potenciarán o uso do galego na telefonía móbil

A Consellaría de Innovación e Industria e a sociedade Eroski promoverán e fomentarán o uso do galego de xeito progresivo no ámbito do sector da telefonía móbil. Isto é así grazas ao convenio de colaboración que asinaron o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, a directora da Secretaria Xeral do Grupo Eroski, Leire Barañano, e o director xeral de Velgasa, Joaquín González Iglesias.

Mediante este convenio, a Consellaría de Innovación e Industria dará o apoio institucional necesario a cada unha das actividades levadas a cabo pola operadora en materia de promoción da lingua e cultura galega, ao mesmo tempo que lles presta o seu asesoramento lingüístico de xeito gratuíto nas revisións terminolóxicas das traducións en galego. Para rematar, promocionará de xeito anual as novidades que haxa en galego baixo o concepto ‘Telefonía móbil en galego’, sobre todo na campaña de Nadal.

0 comentarios: