Programa Uniporta para a compra de ordenadores portátiles


A Consellería de Innovación e Industria lanza axudas para que os estudantes universitarios galegos compren ordenadores portátiles con conectividade sen fíos (wifi). A Xunta achegará un total de 900.000 euros para o desenvolvemento desta iniciativa, a través do programa Uniporta. Nesta edición incorpora novidades respecto anos precedentes. Así, a axuda por ordenador ascenderá a 200 euros, fronte aos 150 € das anteriores convocatorias.

Neste curso os estudantes poderán escoller o modelo de portátil que queren mercar e facelo en calquera establecemento comercial. Isto supón unha vantaxe salientable, posto que nos cursos precedentes só se subvencionaban dous únicos modelos de ordenadores distribuídos por unha única empresa.

A iniciativa foi presentada polo conselleiro de Innovación e Industria, Fernando X. Blanco, xunto cos reitores das tres universidades galegas.

Este curso o programa esténdese tamén para o terceiro ciclo. A medida vai dirixida a calquera estudante matriculado nas tres universidades públicas galegas, tanto de primeiro, segundo e terceiro ciclo coma dos posgraos oficiais. Así mesmo, están incluídas no programa as escolas adscritas ás universidades dos campus galegos.

Uniporta insírese no marco de colaboración institucional coas entidades académicas, co fin de facilitarlle á comunidade universitaria o acceso aos servizos e contidos da Internet e das Intranet universitarias, dun xeito deslocalizado e flexible, mediante a adquisición por parte dos alumnos de ordenadores portátiles con conectividade sen fíos.

Beneficiarios:

Os alumnos matriculados en titulacións oficiais de primeiro, segundo e terceiro ciclo, tanto en centros propios como adscritos

Excluídos

Os matriculados en titulacións non oficiais (posgraos propios), cuarto ciclo, CAP, etc.

Os pertencentes a centros vinculados (Hostalería)

Solicitudes na páxina web

Desde o 2 de xaneiro ata o 31 de outubro. En todo caso, a documentación debe presentarse antes do 15 de novembro e sempre antes dun mes contado a partir da data de admisión da solicitude.

Número de subvencións dispoñibles

977 subvencións para o ano 2008

As solicitudes que cheguen despois de ter acadado ese número quedarán en lista de agarda

Importe da subvención: 200€

Na campaña de 2008 só serán admitidas facturas de 2008

Compatible cos préstamos para xóvenes e universitarios a 60 meses do ICO (Plan Avanza)

Información: nas distintas páxinas web das tres universidades.

0 comentarios: