A sexta Xornada Académico-Empresarial reúne en Compostela a empresarios TIC


Os vindeiros días 8 e 9 de maio vai ter lugar en Santiago de Compostela a VI Xornada Académico-Empresarial A perspectiva financeira e o seu enfoque a longo prazo, na que participarán, entre outros, o conselleiro delegado de Blu:sens, Xosé Ramón García e o director financeiro de Schindler, Javier Catalina, quen falará sobre a innovación e a excelencia na xestión da súa empresa.

Os distintos relatorios que terán lugar nesta xornada son, entre outros, A xestión financeira corporativa como elemento estratéxico diferenciador, A integración entre o Cadro de mando e o enfoque por procesos, O impacto na Xestión do capital humano na Estratexia e A RSC como factor de competitividade e diferenciación da Estratexia, que será tratado polo vicepresidente Information Builders, José María García-Soto.

As xornadas serán clausuradas pola directora xeral de APD Noroeste, Loreto Sanmartín Gómez, o presidente da VI Xornada de Balanced Scorecard, Alfonso López Viñegla e polo conselleiro de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Fernández Antonio.

0 comentarios: