Dentro dun par de semanas chegará ao mercado o Firefox 3.0, a esperada nova versión do explorador creado por Mozilla.
O mellorado programa, que leva preto de tres anos fraguándose, preséntase en sociedade de forma gratuíta (www.mozilla.com) e dispoñible en 45 idiomas. Entre as súas novas aplicacións inclúense unha maior facilidade no visionado de páxinas web, almacenamento e xestión de información así como unha extrema seguridade. Ademais, a barra de direccións converterase nunha verdadeira bóla de cristal que ademais de almacenar ata tres meses de rexistro permitirá ao usuario comprobar todas as webs visitadas que conteñan unha determinada palabra. Tamén se poderá subliñar calquera parte do texto nunha web e enviar a selección por email ou copialo como documento.
Esta situación puxo contra as cordas a Microsoft e Apple, dous grandes titáns que venden os seus exploradores a prezo de ouro.
Está claro, que nesta liorta virtual quen ten todas as de gañar é Microsoft, cuxo Explorer utilízase no 75 por cento dos computadores que poboan o planeta. A pesar da súa indiscutible hexemonía, é certo que a pesar de que o fabricante de software máis grande do mundo prepara o seu Explorer 8, o programa non promete ofrecer grandes novidades, algo que lle podería facer perder fol de face ao consumidor.
Aínda así, Firefox conta a día de hoxe cun total de 170 millóns de usuarios en todo o mundo, o que supón un 17 por cento do mercado, segundo informa Net Applications. Esta cifra é sorprendente se se ten en conta que para utilizar este software é imprescindible un usuario activo que se moleste en descargar o programa, mentres que o Explorer vén xa instalado na maior parte de computadores.
Ademais, segundo publicaba o New York Times, Mozilla conseguiu que Firefox revalorice o seu valor a golpe de acordos, como o asinado con Google en 2004, a través do cal o buscador inclúe a súa propia casa no explorador. En 2006 pagou preto de 65 millóns de dólares polo tráfico resultante dos usuarios do explorador.
No medio desta vendetta entra a cotenadas Safari, o explorador preferencial de Apple para os seus Mac. Con todo, desde o foro da compañía fundada por Steve Jobs non quixeron deixar pasar a lucrativa oportunidade de ampliar o seu mercado, por iso deixou que os usuarios do sistema operativo Windows tamén poidan beneficiarse do programa e, de paso, aumentar a conta corrente de Apple.
Is Impotence the Same as ED
Hace 1 año
0 comentarios:
Publicar un comentario