A Consellería de Medio Rural ten un marcha un proxecto para lanzar unha nova plataforma de comercio electrónico de produtos do campo galego. Así o adiantou o conselleiro Alfredo Suárez Canal nas xornadas 'Comercio electrónico e novas tecnoloxías no medio rural de Galiza' que rematan hoxe na Estrada.
O proxecto inclúe varios portais de venda en liña de alimentos, aproveitando, por un lado, a boa imaxe con que contan fóra de Galicia e, por outro, as novas tendencias do consumidor urbano que cada vez compra máis por internet produtos de calidade e ecolóxicos.
A xestión das páxinas dependerá dos propios produtores, a través de cooperativas e outras fórmulas que decidan os participantes. Ademais, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural proporcionará asistencia técnica aos gandeiros e agricultores.
Deseño das páxinas, mantemento e posicionamento das mesmas en buscadores como Google, formación dos produtores son outros dos puntos da iniciativa. A Xunta tamén impulsará e formación de redes de produtores para que poidan comercializar en conxunto os alimentos.
O obxectivo final é “dotar dunha maior dimensión das pequenas empresas situadas no rural” indicou Canal na clausura da xornada deste ciclo de formación, o primeiro sobre o comercio electrónico rural que se organiza no país.
Is Impotence the Same as ED
Hace 1 año
0 comentarios:
Publicar un comentario