Blogs como escaparates de xoiería

Pese a que os blogs son unha ferramenta pensada para a publicación de información con certa relación cronolóxica, tamén se poden utilizar como plataforma de publicación de moitos outros contidos, e así o fai o deseñador e creador de xoiería vigués Carlos J. Ballesta, que aproveita as posibilidades de Blogger para dar a coñecer as súas creacións con fotografías das mesmas, unha detallada descrición e o seu pertinente prezo, así como convida aos usuarios que chegan ao seu espazo virtual a visitar a súa exposición de xoias en prata, pedras naturais e perlas realizadas completamente a man no Café Gallery, onde tamén se poden adquirir as pezas.

Pero Ballesta non é o único profesional da xoiería en Galicia que fai algo semellante, senón que a xoiería compostelá Xanana (sita na rúa Doutor Teixeiro) tamén tira dos blogs para dar a coñecer os seu catálogo de xoiería de deseño e vangarda con firmas de moda e materiais innovadores.

0 comentarios: