Os blogs de Patxi López e Manuel Rico, gañadores dos premios Enrique Padrós


A segunda edición dos premios Enrique Padrós ao mellor blog político vén de facer públicos os nomes dos vencedores deste ano, que resultaron ser Patxi López e Manuel Rico.

Logo dunhas “votacións de auténtico infarto”, como as definen na web Neoratón 3.0, nas que cada membro do xurado emitía o seu voto e deixaba o premio en mans de un ou outro finalista distinto, O blog de Patxi Lopez e Trinchera Digital, de Manolo Rico foron os vencedores.

O blog de Patxi López é un blog en primeira persoa que conxuga con habilidade os temas políticos, persoais e as súas pasións: a música e a fotografía. Nel, o blogueiro achega novos formatos como o vídeo, ou as redes sociais e aporta interesantes espazos de escoita e participación horizontal.

O de Manolo Rico, por outra banda, é un blog directo, claro, sinceiro e cun toque de “mala uva” que o caracteriza.

Rico é redactor xefe de Nacional no diario Público e xa dera os seus primeiros pasos nesto das bitácoras co blog Periodismo Incendiario, que foi substituído agora polo premiado Trinchera Digital, un novo proxecto coral no que diariamente “destila todo o seu saber e humor”.

Os outros finalistas máis destacados que competían con López e Rico e que estiveron a piques de facerse co primeiro premio foron: Alfreso Sánchez Monteseirín, Ernest Benach, Rafa G. Almazán e Antoni Gutierrez Rubi.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 22 de xaneiro ás 19:00 horas no hotel Dómine de Bilbao.

0 comentarios: