Os arquitectos galegos, pola vía da Rede, están dende agora un pouco máis preto de concorrer na máxima igualdade de condicións no eido da actividade construtiva nacional. Máis concretamente, na xurdida ao abeiro dos concursos públicos convocados ao longo e ancho de toda España. Isto é unha realidade grazas a unha nova colaboración entre sectores a priori alleos: o construtivo (neste caso representando polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia) e o tecnolóxico-dixital (a empresa viguesa Construdata21). O traballo conxunto entre ambas partes, que arrancou no pasado mes de xuño coa sinatura dun acordo, deu como resultado un servizo web do Colexio que amais de informar polo miúdo aos colexiados sobre os devanditos concursos públicos, encamíñase a axilizar na medida do posible os trámites que os membros do COAG poidan presentar perante a Administración Pública. Segundo informa a empresa Construdata21, a plataforma xorde grazas ao desenvolvemento innovador de ferramentas de xestión artificial e de lóxica da linguaxe que permiten extraer de maneira automática datos referidos a Licitacións e Adxudicacións publicadas nos Boletíns Oficiais do Estado así como no DOUE e nos novos portais de contratación pública.
A idea, en definitiva, consiste en presentar unha web que organice toda a oferta pública do Estado unha vez foi publicada nos boletíns en liña dos diferentes departamentos. Deste xeito, posibilitase a lóxica do seguimento, servizo que se ofrece do xeito máis cómodo posible: do que se trata é de facer, para un caso concreto coma este, o que toda a Web por enteiro pretende: poñer nun único lugar información de por si dispersa. Esta inmediatez, engade Construdata21, déixalles marxe de abondo aos arquitectos para axilizar ao máximo os trámites para poder presentar as súas ofertas.
Polo que respecta ao portal en si mesmo, á súa feitura e contidos concretos, cómpre sinalar que malia estar en activo dende finais do ano pasado, está suxeito a un proceso de innovación constante. Entre outras utilidades ofrece: buscas (por zona xeográfica, data de publicación do concurso, prazo da presentación de ofertas, orzamentos, tipo de obra, entidade convocante, boletín, empresa adxudicataria), achega diaria no correo electrónico dos usuarios de datos sobre os novos concursos, almacenamento e clasificación de obras, revisión de novidades publicadas en Galiza, etc. Por certo que dende a posta en marcha do servizo no portal do COAG xa se publicaron máis de 2.000 licitacións referidas á construción en España.
Is Impotence the Same as ED
Hace 1 año
0 comentarios:
Publicar un comentario