Unha empresa xermana imprime versións personalizadas da Wikipedia

Coa popularización da Internet as enciclopedias en formato físico convertéronse nun recurso totalmente obsoleto, pero a empresa PediaPress permite dar a volta ás tornas dun curioso xeito, xa que comercializada a Wikipedia en papel de xeito que os usuarios poden elixir os artigos que queren ver recollidos ou adquirir recompilacións temáticas preseleccionadas por outros usuarios.

Esta curiosa aplicación da impresión baixo demanda á Wikipedia funciona actualmente coas versións en inglés, francés, polaco, holandés, portugués e español da mesma, e os usuarios poden aproveitala para construír a súa selección de artigos en formato PDF ou para encargar un libro de 20 x 14 cm. con portada en cor e interior en branco e negro a prezos que parten duns 8,90 dólares por un volume de 100 páxinas e poden encargarse dende calquera parte do mundo.

Este mashup está asociado coa Wikipedia, de xeito que a Wikimedia Foundation recibe o 10% de cada libro vendido.

0 comentarios: