A USC presenta este xoves a enquisa sobre o perfil tecnolóxico dos seus estudantes


Os resultados da quinta enquisa sobre o emprego que os estudantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) fan das novas ferramentas dixitrais presentaranse en rolda de prensa este xoves, día 5, no Colexio de Fonseca a partir das 12:00 horas. No mesmo acto farase entrega de dous computadores portátiles e cinco teléfonos móbiles de última xeración aos agraciados no sorteo realizado entre os estudantes que responderon á enquisa. Segundo informa a institución educativa, o reitor da USC, Senén Barro, e o director da Área TIC da institución docente, Javier Franco, serán os encargados de presentar os resultados devanditos. No mesmo encontro cos medios de comunicación estarán presentes tamén representantes das empresas colaboradoras no sorteo, Vodafone, Universia e a Fundación Caixa Galicia.

Polo que respecta á investigación en si mesma e segundo adianta a propia USC, dicir que representa unha toma de contacto directa cunha realidade concreta: atá que punto tiran proveito os estudantes universitarios das ferramentas tecnolóxicas que se poñen ao seu alcance e cales son as principais funcións que lles atpan. Asemade, a enquisa sirve para que observar cómo se están a cumprir as liñas estratéxicas que a USC fixou en materia de TIC ao tempo que se converte nun instrumento de seguimento e control das accións que neste eido se realizan orientadas ao alumnado.

O estudantes foron interrogados sobre equipamento e conectividade, usos de Internet, telefonía móbil, redes e servizos, coñecementos e formación dos alumnos ou sobre a percepción que teñen das TIC, entre outras cuestións.

0 comentarios: