Pleiteando.com


Separacións, herdanzas, compravendas, multas e preitos varios. Dúas empresas galegas crean unha "rede social xurídica" adicada a estas cuestións.

Cales son as opcións para disolver unha sociedade limitada con problemas entre socios, que cónxuxe ten dereito á vivenda na separación... Son algúns dos exemplos que xa poden atoparse no espazo web Pleiteando.com. O sitio baséase nun modelo de coñecemento colaborativo que facilita que avogados, bufetes e particulares se intercambien información, asesoría e experiencias na resolución de todo tipo de cuestións.

"Os avogados obteñen tamén visibilidade profesional e oportunidades para facer clientes", expoñen os promotores do proxecto. "Un usuario non profesional pero cunha experiencia anterior relativa a un caso exposto por outro usuario pode ser tan útil como un avogado, por exemplo en cuestión de sucesións ou inquilinos incómodos, posto que as casuísticas son ilimitadas e a experiencia doutros dános a clave do éxito", apuntan. A iniciativa está deseñada e impulsada polas empresas Red Social Jurídica SL e Pexego Sistemas Informáticos, ambas as dúas xurdidas do viveiro da Confederación Empresarial de Lugo (CEL).

0 comentarios: