Actividades da Rede para setembro


A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Betanzos anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terán lugar no mes de setembro en Betanzos. Os obradoiros que se van desenvolver e as datas nas que terán lugar son os seguintes:

“Mecanografía para nenos/as”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de manexar con soltura o teclado e o rato. Desenvolverase os días 2, 3, 4, 7, 8 e 9 de setembro, de 10 a 11:15 horas.

“Alfabetización dixital: Informática e Internet”: pretende capacitar aos usuarios/as para manexar de forma básica un computador, así como acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos da Rede. Vai ter lugar do 2 ao 11 de setembro de 11:30 a 13:30 horas.

“Presentacións: Impress”: ao finalizar este obradoiro o usuario/a será capaz de crear unha presentación. Iniciarase o luns día 14 de setembro e durante toda esa semana para rematar o venres 18, de 10 a 11:30 horas.

“Mecanografía”: o usuario/a será capaz ao finalizar o obradoiro de manexar o teclado e o ratón con soltura. De 11:45 a 13:30 horas os días 14, 15, 16, 17 e 18 de setembro.

Asemade, está prevista a realización da charla “Prensa en Internet”, o día 22 de setembro a partires das 15 horas no Telecentro, que consistirá en mostrar como acceder a prensa usando a Internet. Tamén se levará a cabo “Redes Sociais ¿que son?” os días 23 e 24 de setembro a partires das 15 tamén no Telecentro; esta charla está destinada a informar sobre o fenómeno das Redes Sociais como Facebook, Tuenti... “Solicitude médica a través da Internet” é a terceira charla a realizar este mes, en concreto o día 25 de setembro, de novo a partires das 15, no Telecentro, coa finalidade de aprender a solicitar unha cita co médico a través da Internet. E por último, daranse unha serie de charlas para presentar a iniciativa Memoria de Muller que se levarán a cabo os días 28, 29 e 30 de setembro a partires das 15 horas no Telecentro. Para máis información sobre a iniciativa Memoria de Muller poden dirixirse a www.memoriademuller.eu.

Recordar que para os obradoiros hai límite de prazas por riguroso orde de inscrición.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as súas actividades poden dirixirse ao Centro de Dinamización de Betanzos, sito no Telecentro de Betanzos, na rúa Emilio Romay, s/n, chamar ao teléfono 981 77 13 00 ou mandar un correo electrónico ao enderezo rebeca.betanzos@dinamiza.sociedadedainformacion.eu.

0 comentarios: