A Rede oferta 13 obradoiros en liña gratuítos


A Rede de Dinamización da Sociedade da Información oferta un catálogo de trece obradoiros online gratuítos, destinados a todos aqueles e aquelas que desexan profundizar no emprego das Novas Tecnoloxías e non poden achegarse a un dos Centros da Rede, ou ben a todos os e as que si o fan, pero queren seguir aprendendo pola súa conta, desde onde queiran, cando queiran e ao seu ritmo.

Aos obradoiros, que representan unha oferta formativa do máis variada, pódese acceder a través do menú principal da páxina da Rede desde a pestana Formación online. Calquera dos usuarios/as da Rede de Dinamización pode acceder a eles empregando os seus contrasinais de acceso. Todas aquelas persoas que non posúan aínda o carné da RDSI só teñen que cubrir un pequeno formulario para rexistrarse e ter acceso aos mesmos.

A listaxe de obradoiros dispoñíbeis é a que segue:

A Internet para persoas maiores

Aspectos legais nas Novas Tecnoloxías

Opera co teu banco ou caixa a través de Internet

Recursos na Internet para inmigrantes

Sácalle rendemento á cámara dixital

Retoque fotográfico co GIMP

Realización de mailing co Writer

Procesador de textos: Writer

Folla de cálculo: Calc

Xeración de presentacións co Impress

Busca de emprego a través de Internet

Axiliza os teus trámites coa Administración Pública a través da súa oficina virtual

Correo electrónico: Thunderbird

0 comentarios: