Agestic organiza en Santiago un Seminario de sensibilización en Calidade do Software


O vindeiro 17 de marzo, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en Santiago de Compostela, acollerá un Seminario de sensibilización en Calidade do Software, que organiza Agestic en colaboración co devandito Centro e coa Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia.

O acto conta co apoio de INTECO e tén como principal obxectivo analizar o impacto que a calidade do software ten na competitividade do sector TIC de Galicia, así como o estudo e diagnóstico da situación de partida do mesmo.

O programa conta coa participación de destacados membros de INTECO como son José María López Bourio, Ignacio Caño, Elena Argüelles e Paula Soler, así como coa de José Antonio Ortega de Tecnocom, José Antonio Fernández de Caixa Galicia, José Antonio Castelao de Aldaba e Carlos Segade de Balidea, que presentarán distintos casos de éxito experimentados en cadansúas empresas.

Asemade, José Ramón Lamenca de ESI, desenvolverá o relatorio, Xestión e mellora de procesos, que precede ao de José Ángel Valderrama de AENOR, Xestión e mellora de calidade.

A web de Agestic recolle o boletín de incrición para este acto, que será de balde e que acollerá aos participantes por orde de rexistro.

0 comentarios: